Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Wei Hui

escritora chinesa
(Redirección desde «Zhou Wei Hui»)

Zhou Wei Hui (chinés simplificado: 周卫慧; pinyin: Zhōu Wèi Hùi), máis coñecida como Wei Hui (chinés simplificado: 卫慧; pinyin: Wèi Huì), nada en Yuyao, Zhejiang, o 4 de xaneiro de 1973, é unha escritora chinesa.[1][2] Na actualidade, vive entre Shanghai e Nova York.[2]

Modelo:BiografíaWei Hui

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 周卫慧 Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Yuyao, provincia de Zhejiang
EducaciónUniversidade Fudan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, guionista, escritora Editar o valor en Wikidata
MovementoPost 70s Generation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1595434

Traxectoria

editar

Weu Hui viaxou moito durante a súa mocidade, xa que o seu pai era un oficial do exército chinés.[3] Estudou Lingua e Literatura Chinesas na Universidade de Fudan[1]. Realizou diversas publicacións antes de consagrarse coa súa novela Shanghai Baobei (上海宝贝, "Shanghai baby", 2000)[4], que a converteu nunha das escritoras máis lidas do país. A obra foi prohibida polas autoridades chinesas, que a consideraron "pornográfica".[5] Posteriormente, traducíuse a numerosas linguas, gozando de grande éxito entre o público occidental.[5] A súa continuación, Wo de chan (我的禅, "O meu zen", 2005) foi tamén censurada.[6]

Estilo e temática

editar

Wei Hui forma parte da Nova Xeración de Escritores,[7] xunto con Mian Mian ou Shen Haobo.[8] As súas obras exploran o novo estilo de vida urbano das xeracións máis novas da China, marcado polo hedonismo e os referentes occidentais.[1][3] Tratou temas como a obsesión polos cartos, o uso de drogas, a homosexualidade ou o consumismo.[1][3][5]

Traducións

editar
  • Wei Hui (2002). Shanghai Baby. Tradución directa ao castelán de Liljiana Arsovska e Romer Alejandro Cornejo. Planeta. ISBN 9788408042822[9]
  • Wei Hui (2002). Shanghai Baby. Tradución mediada do castelán ao catalán de Víctor Aldea Llorente. Columna. ISBN 9788466402279[10]
  • Wei Hui (2005). Casada con Buddha. Tradución directa ao castelán de Ainara Munt e Xu Ying. Planeta/Emecé. ISBN 9788495908735[11]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "WEI HUI, PEN NAME OF ZHOU WEIHUI (1973— ) - The Dictionary". recap.study. Consultado o 2023-12-05. 
  2. 2,0 2,1 "Wei Hui Biography - Chinese writer". pantheon.world (en inglés). Consultado o 2023-12-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Wei Hui, una china irreverente". El Universo (en castelán). 2002-08-25. Consultado o 2023-12-05. 
  4. "卫慧". 百度百科. Consultado o 2023-12-05. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Koetse, Manya (2012-12-08). "Shanghai Baby - Beyond China. A Chinese Novel Banished to the West.". Manya Koetse (en inglés). Consultado o 2023-12-05. 
  6. "Marrying Buddha". South China Morning Post (en inglés). 2005-06-19. Consultado o 2023-12-05. 
  7. "NEW GENERATION WRITERS (XIN SHENG DAI ZUOJIA) - The Dictionary". recap.study. Consultado o 2023-12-05. 
  8. "新生代作家". 百度百科. Consultado o 2023-12-05. 
  9. "Shanghai Baby — 上海宝贝 (Shanghai Baobei) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-05. 
  10. "Shanghai Baby — 上海宝贝 (Shanghai Baobei) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-05. 
  11. "Casada con Buda — 我的禅 (Wo de Chan) — La literatura china traducida en España". dtieao.uab.cat. Consultado o 2023-12-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • 卫慧 (La literatura china traducida en España)