obxectivo
Galego
- Etimoloxía: de obxecto.
- Pronuncia: /ɔbʃɛkˈtiβo̝/ (AFI)
obxectivo (ms: obxectivo; mpl: obxectivos; fs: obxectiva; fpl: obxectivas)
- Que describe ou xulga sen prexuízos nin preferencias persoais, con exactitude á realidade.
- Sinónimos: imparcial.
- Antónimos: parcial, subxectivo.
- Relativo ou pertencente ao obxecto, sen sentimento.
- Antónimos: subxectivo.
obxectivo (sg: obxectivo; pl: obxectivos)
- Cousa ou fin que se quere conseguir.
- Sinónimos: fin, finalidade, meta, obxecto, propósito.
- Lente ou sistema delas que forman parte dunha cámara, microscopio, prismáticos, etc..
- Punto contra o que se lanza un proxectil.
- Sinónimos: albo.