Arañas
Arañas | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||
| ||||||||
Sub-ordes | ||||||||
Mesothelae Mygalomorphae Araneomorphae |
As arañas son os membros de calquera especie da orde Araneae dos artrópodos, que abundan en tódolos continentes excepto na Antártida. Ata a data describíronse unhas 35.000 especies, das que só unha ducia son realmente perigosas para os seres humanos.
Características
As arañas teñen seis pares de apéndices ou extremidades: dous quelíceros, dous pedipalpos. Nos quelíceros habitualmente posúen glándulas velenosas e os machos de moitas especies empregan os pedipalpos, similares a patas curtas, como aparato copulador. A diferenza do resto dos arácnidos, o corpo das arañas está dividido en dúas partes unidas por un pedúnculo: a anterior, chamada cefalotórax ou prosoma e a posterior, coñecida como abdome ou opistosoma. Carecen de antenas e teñen unha vista moi pobre, a pesar dos seus catro pares de ollos simples denominados ocelos. Tamén as hai con tres, con dous e incluso cun só par de ollos (é menos habitual a presenza de arañas con menor número de pares de ollos). A situación destes na araña, é moi adecuada para identificar á especie que estamos examinando. Teñen catro pares de patas de 7 tramos chamados artellos, ordenados do corpo cara ó exterior: coxa, trocánter , fémur , xeonllo, tibia, metatarso e tarso.
Non se coñecen especies de araña que non produzan seda, material composto de proteínas complexas, que utilizan para moi variadas funcións: cazar presas e envolvelas nela; como adhesivo doutros materiais de construción de túneles, así como outras moitas utilidades. No extremo posterior do abdome áchanse as glándulas secretoras de seda denominadas fieiras, que producen un fluído que se solidifica ó contacto co aire (o fluído é unha disolución concentrada de proteínas, cuxa estrutura se transforma xusto antes de saír, converténdose nunha forma insoluble que rapidamente se deshidrata e constitúe a fibra de seda).
As arañas desenvólvense directamente, sen sufrir metamorfose.
Os araneidos (arañas), divídense en tres subordes: Mesothelae, Orthognatha e Labidognatha.
Algunhas das especies de arañas son:
Taxonomía
Sub-Orde Araneomorphae
- Agelenidae
- Amaurobiidae
- Anyphaenidae
- Araneidae
- Caponiidae
- Clubionidae
- Corinnidae
- Ctenidae
- Cybaeidae
- Deinopidae
- Desidae
- Dictynidae
- Diguetidae
- Dysderidae
- Eresidae
- Filistatidae
- Gnaphosidae
- Hahniidae
- Hersiliiidae
- Hypochilidae
- Leptonetidae
- Linyphiidae
- Liocranidae
- Lycosidae
- Mimetidae
- Miturgidae
- Nesticidae
- Oecobiidae
- Oonopidae
- Oxyopidae
- Palpimanidae
- Philodromidae
- Pholcidae
- Pisauridae
- Plectreuridae
- Salticidae
- Scytodidae
- Segestriidae
- Selenopidae
- Sicariidae
- Sparassidae
- Tengellidae
- Tetragnathidae
- Theridiidae
- Thomisidae
- Titanoecidae
- Uloboridae
- Zodariidae
- Zorocratidae
- Zoropsidae
Sub-OrdeMesothelae
- Actinopodidae
- Arthrolycosidae
- Arthromygalidae
- Barychelidae
- Idiopidae
- Liphistiidae
- Microstigmatidae
- Migidae
- Nemesiidae
- Paratropidae
Sub-Orde Mygalomorphae
- Antrodiaetidae
- Atypidae
- Ctenizidae
- Cyrtaucheniidae
- Dipluridae
- Hexathelidae
- Mecicobothriidae
- Theraphosidae
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de arañas.
- Véxase tamén: Galería de imaxes de arañas de Galicia.
-
Tea de araña
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arañas |