Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Estadio Strahov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:


== Construción ==
== Construción ==
Cando foi construído, o estadio era o máis grande do mundo. Ten capacidade para 220.000 persoas, o que o convirte no segundo recinto deportivo do mundo con máis capacidade, só superado polo [[Circuíto de Indianapolis]].
Cando foi construído, o estadio era o máis grande do mundo. Ten capacidade para 220.000 persoas, o que o converte no segundo recinto deportivo do mundo con máis capacidade, só superado polo [[Circuíto de Indianapolis]].


A construción comezou cun estadio de madeira en [[1926]], que foi sustituído por gradas de [[formigón]] en [[1932]]. A construción adicional ocorreu en [[1948]] e [[1975]]. O campo de xogo, rodeado de gradas por tódolos seus lados, é de 63.500 [[metro cadrado|metros cadrados]]. Actualmente é empregado polo Sparta de Praga como campo de adestramento con 8 campos de fútbol (6 de tamaño estándar e 2 de [[fútbol sala]]).
A construción comezou cun estadio de madeira en [[1926]], que foi sustituído por gradas de [[formigón]] en [[1932]]. A construción adicional ocorreu en [[1948]] e [[1975]]. O campo de xogo, rodeado de gradas por tódolos seus lados, é de 63.500 [[metro cadrado|metros cadrados]]. Actualmente é empregado polo Sparta de Praga como campo de adestramento con 8 campos de fútbol (6 de tamaño estándar e 2 de [[fútbol sala]]).

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2013 ás 06:22

Velký strahovský stadion
Datos
Coordenadas50°04′49″N 14°23′16″L / 50.080336111111, 14.387861111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
LocalizaciónStrahov
Praga, República Checa
Construción
Inauguración1926
ArquitectoAlois Dryák
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións310.5 x 202.5
Capacidade220.000[1] 56.000 sentados[2]
PropietarioConcello de Praga
LocalíaAC Sparta Praha (adestramentos)
editar datos en Wikidata ]
O Estadio Strahov dende o noroeste.
Interior do estadio dende a esquina nordeste (2006).

O Gran Estadio de Strahov (Velký strahovský stadion en checo) é un estadio situado no distrito Strahov de Praga (República Checa). O estadio xa non se emprega para acontecementos deportivos: é o campo de adestramento do Sparta de Praga e tamén é utilizado para concertos. Está situado na colina Petřín, sobre a cidade vella. Pódese chegar ata el tomando o funicular Petřín, que sube ata a cima da colina.

Construción

Cando foi construído, o estadio era o máis grande do mundo. Ten capacidade para 220.000 persoas, o que o converte no segundo recinto deportivo do mundo con máis capacidade, só superado polo Circuíto de Indianapolis.

A construción comezou cun estadio de madeira en 1926, que foi sustituído por gradas de formigón en 1932. A construción adicional ocorreu en 1948 e 1975. O campo de xogo, rodeado de gradas por tódolos seus lados, é de 63.500 metros cadrados. Actualmente é empregado polo Sparta de Praga como campo de adestramento con 8 campos de fútbol (6 de tamaño estándar e 2 de fútbol sala).

Historia

O estadio orixinal data da Primeira República Checoslovaca. O seu uso foi principalmente para grandes exhibicións de ximnasia sincronizada. Foi empregado máis adiante para grandes exhibicións durante a era comunista. As actuacións de centos de ximnastas que facían exercicios complexos de xeito complétamente sincronizado entre eles mentras soaba música tradicional atraeron a atención de numerosos visitantes.

Durante os anos '60 tamén se celebraron carreiras de coches no estadio.

Na actualidade (a excepción dos adestramentos do Sparta de Praga) o estadio é só empregado para organizar grandes concertos. Entre as bandas que teñen tocado nel inclúense Pink Floyd, Guns N' Roses, The Rolling Stones, U2 e Genesis. O 18 de agosto de 1990, o estadio Strahov acolleu un concerto de The Rolling Stones que convocou a máis de 150.000 asistentes, entre os que se contou o presidente Václav Havel.

O futuro do estadio

Na década pasada, varios estudos idearon a reutilización e preservación desta estrutura. Hai plans para converter o complexo xigantesco do estadio Strahov nunha zona comercial completa con hoteis, restaurantes e tendas. Otra suxestión é converter a área nun "meca do ocio para o século XXI". Hai tamén plans para reconstruír a área como Vila Olímpica se Praga celebrara no futuro uns Xogos Olímpicos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas