Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Período de semidesintegración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Na física nuclear e atómica, o período de semidesintegración, tamén chamado vida metade, semivida, hemivida ou sinxelamente período, é o lapso necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha mostra inicial dunha substancia radioactiva. Tómase como referencia a metade deles debido ao carácter aleatorio da desintegración nuclear. Hai que evitar confundilo coa vida media, que representa a media de vida dun núcleo.