Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pictograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Táboa escrita en cuneiforme que rexistra as racións diarias de cervexa para os traballadores, c. 3300-3000 a. C., British Museum.
Pictograma indicador da saída de emerxencia.

Un pictograma[1] é un signo visual que representa esquematicamente un obxecto, acción ou concepto mediante unha imaxe simplificada. Son amplamente utilizados en instrucións de seguridade, interfaces dixitais etc.

Áreas de uso

[editar | editar a fonte]
Pictogramas no tranvía de Liberec.
Pictograma de reciclaxe.

Os pictogramas son ferramentas clave na comunicación visual, proporcionando unha forma rápida e intuitiva de transmitir información sen a barreira da linguaxe oral. Son deseñados para seren entendidos universalmente, reducindo detalles innecesarios para enfocar na mensaxe esencial. A súa capacidade para transcender as limitacións lingüísticas e culturais fainos especialmente valiosos en contextos internacionais e multilingües.

Pictogramas no MACBA.

En arquitectura, enxeñaría e construción

[editar | editar a fonte]

Os pictogramas nestes eidos son usados para representar elementos ou procesos de xeito esquemático, facilitando a comunicación técnica en planos ou documentos relacionados. Nas infraestruturas de transporte, como estradas, son empregados nos sinais de tráfico, mapas etc.[2]

Psicoloxía e educación

[editar | editar a fonte]

Neste ámbito, os pictogramas axudan a facilitar a comunicación e o aprendizaxe, especialmente en contextos onde a lingua pode ser unha barreira, como no traballo con nenos pequenos ou persoas con dificultades de aprendizaxe, por exemplo con trastornos por déficit de atención ou do espectro autista.[3]

Ciencias da saúde e veterinaria

[editar | editar a fonte]

Os pictogramas son empregados para indicar procedementos, advertencias, e instrucións de maneira clara e rápida en ambientes médicos e veterinarios, onde a precisión e a rapidez na comunicación son fundamentais.[4] Tamén son usados dentro de disciplinas como a logopedia e a audioloxía, xa que facilitan a comunicación e a terapia con pacientes que teñen dificultades de fala ou audición.[5]

Importancia nos medios modernos

[editar | editar a fonte]

Na era dixital, os pictogramas son fundamentais para a navegación web e as interfaces gráficas de usuario, onde a claridade e a eficiencia son prioritarias. A súa aplicación vai desde iconas en software até símbolos en dispositivos móbeis e taboleiros de mandos.

  1. "pictograma". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-27. 
  2. "Macmillan Visual Dictionary: Construction. Versión en galego: Dicionario visual da construción" (PDF). C.O.A.G. (Macmillan/ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia): 4·19 (14). Setembro de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2024. 
  3. Bernardes, Claudine (2018-06-13). "PICTOCONTOS: A importância da linguagem Simbólica no Autismo". Educação Emocional e Terapia por meio de contos (en portugués). Consultado o 2024-07-28. 
  4. Matos, Ciro Roberto de (2009-10-02). "Pictogramas e seu uso nas instruções médicas: estudo comparativo entre repertótios para instruções de uso de medicamentos" (en portugués). Universidade de São Paulo. 
  5. "Convirte texto en pictogramas ARASAAC de forma gratuíta". Pictofacile. Consultado o 2024-07-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]