Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Primeiro ministro de Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Titular
Robert Golob
Dende o 25 de maio de 2022

Designado porAsemblea Nacional
Nomeado porPresidente de Eslovenia
Creación31 de outubro de 1918 como primeiro ministro do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
16 de maio de 1990 como Presidente do Goberno da República Eslovena
Primeiro titularJosip Pogačnik como primeiro ministro do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Lojze Peterle como Presidente do Goberno da República Eslovena

O primeiro ministro de Eslovenia, oficialmente presidente do Goberno da República de Eslovenia (en esloveno: 'Predsednik Vlade Republike Slovenije'), é o xefe de goberno de Eslovenia.

Houbo novo primeiros ministros dende que o país se converteu nun sistema parlamentario en 1989 e se independizou en 1991.

O primeiro ministro é nomeado polo presidente logo de consultar cos partidos representados na Asemblea Nacional. É elixido formalmente por maioría simple da Asemblea Nacional. Se ningún candidato recibe maioría, deberase realizar un novo voto antes de 14 días. Se ningún candidato recibe maioría tras esta rolda, o presidente deberá disolver a lexislatura e convocar novas eleccións parlamentarias a non ser que a Asemblea Nacional acepte celebrar unha terceira rolda. Se ningún candidato é elixido despois dunha terceira rolda, a lexislatura disólvese automaticamente á espera de novas eleccións.

Na práctica, dado que o primeiro ministro debe comandar unha maioría da Asemblea Nacional para gobernar, acostuma a ser o líder do partido maioritario na Asemblea Nacional ou o líder do socio maior na coalición de goberno. A Asemblea Nacional só pode retirar o seu apoio a un primeiro ministro mediante unha moción de censura construtiva, é dicir, unha moción de censura que non ten efecto sen que o futuro sucesor teña o apoio dunha maioría da cámara. O primeiro ministro é tamén presidente do Consello de Seguridade Nacional.

Elección

O primeiro ministro é elixido pola Asemblea Nacional de Eslovenia.

Primeira rolda

Despois das eleccións parlamentarias, a nova Asemblea Nacional reúnese na sesión constitutiva (normalmente ao redor de 2-3 semanas despois das eleccións), logo de que se formen os novos grupos parlamentarios. Despois de que se formen todos os grupos (normalmente dentro duns poucos días), o presidente da República reúnese cos líderes dos grupos para consultas. Durante as consultas, o presidente da República tenta identificar a un candidato que poida obter unha maioría absoluta na Asemblea Nacional (46 votos). Despois das consultas, o presidente da República pode propoñer oficialmente un candidato ao presidente da Asemblea Nacional, isto debe realizarse dentro dos 30 días posteriores á sesión constitutiva. A asemblea debe votar o candidato en 7 días, pero non antes das 48 horas tras a proposta. O candidato ten que presentar o seu proxecto de goberno ante a Asemblea Nacional antes da votación. Cando o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.

Segunda rolda

Se non sae elixido primeiro ministro, terá lugar a segunda rolda. Despois de novas consultas, o presidente da República pode propor un novo candidato ou o mesmo candidato de novo dentro dos 14 días seguintes á votación da primeira rolda. Na segunda rolda os grupos parlamentarios tamén poden propoñer un candidato. Se hai máis dun candidatos proposto, a Asemblea Nacional votará primeiro ao candidato proposto polo presidente da República, e só se ese candidato non é elixido a Asemblea votará os outros candidatos na orde de presentación das propostas. Precísase maioría absoluta para ser elixido primeiro ministro (46 votos). Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.

Se a Asemblea Nacional volve a fallar ao elixir primeiro ministro, o presidente da República disolverá a Asemblea Nacional e convocará eleccións rápidas, a menos que a Asemblea Nacional decida, dentro das 48 horas seguintes á votación, celebrar unha terceira rolda de eleccións.

Terceira rolda

Na terceira rolda o primeiro ministro é elixido por maioría relativa (maioría dos deputados presentes). Na Asemblea Nacional da terceira rolda vótase por todos os candidatos da primeira e segunda volta, e se ningún dos candidatos recibe maioría de votos, entón vótanse novas propostas, comezando pola proposta do presidente da República e logo os demais na orde de presentación das candidaturas. Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno, se non, o presidente disolve a Asemblea Nacional e teñen lugar as eleccións rápidas.

Xuramento do cargo

O primeiro ministro toma oficialmente posesión despois de que todos os seus ministros fagan o xuramento do cargo ante a Asemblea Nacional, logo da elección do goberno con maioría relativa na Asemblea Nacional. O primeiro ministro xura o cargo despois da súa elección.

O primeiro ministro e os ministros prestan o mesmo xuramento segundo o artigo 104 da Constitución: "Xuro que vou cumprir a orde constitucional, que actuarei segundo a miña conciencia e que farei todo o que poida para o ben de Eslovenia".

Lista de primeiros ministros de Eslovenia

Partidos

Conservadores:

  •       SLS
Foto Nome Mandato Partido político Rei do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Inicio Fin Días
1 Jožef Pogačnik
(1866–1932)
31 de outubro de 1918 20 de xaneiro de 1919 81 Partido Popular Esloveno

(SLS)

Pedro I
(1 de decembro de 1918–16 de agosto de 1921)
Partidos
Nome Foto Mandato Partido político
Primeiros ministros

1945–1953

1 Boris Kidrič

(1912–1953)

5 de maio de 1945 Xuño de 1946 Partido Comunista de Eslovenia
2 Miha Marinko

(1900–1983)

Xuño de 1946 1953 Partido Comunista de Eslovenia
renomeado en 1952 como
Liga dos Comunistas de Eslovenia
Presidentes do Consello Executivo
1953–1991
Miha Marinko

(1900–1983)

1953 15 de decembro de 1953 Liga dos Comunistas de Eslovenia
3 Boris Kraigher

(1914–1967)

15 de decembro de 1953 25 de xuño de 1962 Liga dos Comunistas de Eslovenia
4 Viktor Avbelj

(1914–1993)

25 de xuño de 1962 1965 Liga dos Comunistas de Eslovenia
5 Janko Smole

(1921–2010)

1965 1967 Liga dos Comunistas de Eslovenia
6 Stane Kavčič

(1919–1987)

1967 27 de novembro de 1972 Liga dos Comunistas de Eslovenia
7 Andrej Marinc
(1930-)
27 de novembro de 1972 Abril de 1978 Liga dos Comunistas de Eslovenia
8 Anton Vratuša

(1915–2017)

Abril de 1978 Xullo de 1980 Liga dos Comunistas de Eslovenia
9 Janez Zemljarič

(1928-)

Xullo de 1980 23 de maio de 1984 Liga dos Comunistas de Eslovenia
10 Dušan Šinigoj

(1933-)

23 de maio de 1984 16 de maio de 1990 Liga dos Comunistas de Eslovenia
(10) Partido de Renovación Democrática
Partidos

Demócratas cristiáns:

  •       SKD
  •       SLS
  •       NSi

Liberais:

Conservadores:

  •       SDS

Socialdemócratas:

  •       SD
Primeiro Ministro Mandato Goberno Presidente da República
Partido político Inicio Fin Tempo no cargo Coalición
1 Lojze Peterle

(1948-)

16 de maio de 1990 14 de maio de 1992 729 días I Milán Kučun
8 de outubro de 1991-22 de decembro de 2002
DEMOS SKDSDZSSDZSLSZS
2 Janez Drnovšek

(1950–2008)

14 de maio de 1992 25 de xaneiro de 1993 2,946 días II
LDSDSSDSSSSZSZLSD
25 de xaneiro de 1993 27 de febreiro de 1997 III
LDSSKDSDS (1993–1994)–ZLSD (1993–1996)
Democracia Liberal de Eslovenia (LDS) 27 de febreiro de 1997 7 de xuño de 2000 IV
LDSSLSDeSUS
3 Andrej Bajuk

(1943–2011)

7 de xuño de 2000 30 de novembro de 2000 176 días V
Partido Popular Esloveno (SKD+SLS)
logo Nova Eslovenia (NSi) SLSSKD–SDS
(2) Janez Drnovšek

(1950–2008)

30 de novembro de 2000 19 de decembro de 2002 749 días VI
Democracia Liberal de Eslovenia (LDS) LDSSLSDeSUSZLSD
4 Anton Rop

(1960-)

19 de decembro de 2002 3 de decembro de 2004 715 días VII Janez Drnovšek
22 de decembro de 2002-23 de decembro de 2007
Democracia Liberal de Eslovenia (LDS) LDSSLSDeSUSZLSD
5 Janez Janša

(1958-)

3 de decembro de 2004 21 de novembro de 2008 1,449 días VIII
Partido Demócrata Esloveno (SDS) SDSNSiSLSDeSUS
6 Borut Pahor

(1963-)

21 de novembro de 2008 10 de febreiro de 2012 1,176 días IX Danilo Türk
23 de decembro de 2007-22 de decembro de 2012
Socialdemócratas (SD) SDDeSUS (2008–2011)–LDSZares (2008–2011)
(5) Janez Janša

(1958-)

10 de febreiro de 2012 20 de marzo de 2013 404 días X
Partido Demócrata Esloveno (SDS) SDSNSiSLSDeSUSDL
7 Alenka Bratušek

(1970-)

20 de marzo de 2013 18 de setembro de 2014 547 días XI Borut Pahor
22 de decembro de 2012-presente
Eslovenia Positiva (PS)
logo Alianza de Alenka Bratušek (ZaAB) PSDeSUSDLSDZaAB
8 Miro Cerar

(1963-)

18 de setembro de 2014 13 de setembro de 2018 1,456 días XII
Partido do Centro Moderno (SMC) SMCDeSUSSD
9 Marjan Šarec

(1977-)

13 de setembro de 2018 3 de marzo de 2020 547 días XIII
Lista de Marjan Šarec (LMŠ) LMŠSDSMCSABDeSUS
(5) Janez Janša

(1958-)

3 de marzo de 2020 25 de maio de 2022 813 días XIV
Partido Demócrata Esloveno (SDS) SDSSMCNSiDeSUS
10 Robert Golob

(1967-)

25 de maio de 2022 presente 945 días XV
Movemento Liberdade (GS) GSSDLevicaLMŠSAB
Robert GolobMarjan ŠarecMiro CerarAlenka BratušekBorut PahorJanez JanšaAnton RopAndrej BajukJanez DrnovšekLojze PeterleDušan ŠinigojJanez ZemljaričAnton VratušaAndrej MarincStane KavčičJanko SmoleViktor AvbeljBoris KraigherMiha MarinkoBoris Kidrič

Véxase tamén

Outros artigos