Sylvia Kristel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sylvia Maria Kristel 28 de setembro de 1952 Utrecht, Países Baixos |
Morte | 17 de outubro de 2012 (60 anos) A Haia, Países Baixos |
Causa da morte | cancro do esófago cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Utrecht |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1973 - 2010 |
Xénero artístico | Erotismo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Ian McShane (1977–1980) Hugo Claus (1973–1977) Michel Polnareff |
Descrito pola fonte | 1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) Obálky knih, Babepedia (en) |
|
Sylvia Kristel, nada en Utrecht o 28 de setembro de 1952 e finada en Ámsterdam o 17 de outubro de 2012[1], foi unha actriz, modelo e cantante holandesa. O seu papel de maior sona foi o de protagonista do filme erótico francés Emmanuelle en 1974.
Inicios
Comezou a súa carreira profesional coma modelo adolescente, sendo escollida Miss TV Europe no 1972
Emmanuelle
Kristel acadou sona en todo o mundo ó protagonizar en 1974 a súa primeira película, Emmanuelle, baseada na novela homónima de Emmanuelle Arsan, e dirixida por Just Jaekin. A actriz cobrou pola súa participación 150.000 dólares, recadándose entre 50 e 350 millóns de dólares.
Posteriormente protagonizou varias secuelas, como Emmanuelle 2 (1975), Goodbye Emmanuelle (1977) e Emmanuelle 4 (1984).
Outras actuacións
Malia ser basicamente coñecida pola súa participación en películas de contido erótico, coma as da saga Emmanuelle, Kristel interpretou personaxes como Lady Chatterley, nunha adaptación da novela de 1981, O amante de Lady Chatterley, ou a espía Mata Hari.
Últimos anos
Logo de superar un cancro de gorxa no 2003 retomou a súa actividade interpretativa, e no 2006 publicou as súas memorias co título de Nue (Espida).
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Kristel |
Ligazóns externas
- Entrevista con Sylvia KristelArquivado 25 de maio de 2008 en Wayback Machine., The Daily Telegraph, 16 de xuño de 2007.
- Emmanuelle star publishes autobiography Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine., The Sunday Times, 3 de setembro de 2006.