Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

System of a Down: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Liña 15: Liña 15:
'''System of a Down''' (denominada habitualmente '''SOAD''' ou '''System''') é unha banda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[metal alternativo]] formada nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] ([[California]]) en 1994. Está composta por [[Serj Tankian]] (voz), [[Daron Malakian]] (guitarra/voz), [[Shavo Odadjian]] (baixo) e [[John Dolmayan]] ([[Batería (instrumento musical)|batería]]), sendo os catro de ascendencia [[armenia]].
'''System of a Down''' (denominada habitualmente '''SOAD''' ou '''System''') é unha banda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[metal alternativo]] formada nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] ([[California]]) en 1994. Está composta por [[Serj Tankian]] (voz), [[Daron Malakian]] (guitarra/voz), [[Shavo Odadjian]] (baixo) e [[John Dolmayan]] ([[Batería (instrumento musical)|batería]]), sendo os catro de ascendencia [[armenia]].


A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista ''Billboard 200''. System of a Down foi nomeado para catro [[Grammy]], e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O [[13 de agosto]] dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o [[29 de novembro]] do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Sudamérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.
A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista ''Billboard 200''. System of a Down foi nomeado para catro [[Grammy]], e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O [[13 de agosto]] dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o [[29 de novembro]] do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Suramérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.


== Historia, estilos e influencias ==
== Historia, estilos e influencias ==
Liña 37: Liña 37:


== Discografía ==
== Discografía ==
* ''[[System of a Down (disco)|System of a Down]]'', 30 de xuño de 1998, #124 U.S.A.
* ''[[System of a Down (disco)|System of a Down]]'', 30 de xuño de 1998, #124 U.S.A.
* ''[[Toxicity]]'', 4 de setembro do 2001, #1 U.S.A., #13 R.U., #1 Canadá
* ''[[Toxicity]]'', 4 de setembro do 2001, #1 U.S.A., #13 R.U., #1 Canadá
* ''[[Steal This Album!]]'', 26 de novembro do 2002, #15 U.S.A., #56 R.U.
* ''[[Steal This Album!]]'', 26 de novembro do 2002, #15 U.S.A., #56 R.U.

Revisión como estaba o 4 de maio de 2020 ás 19:47

System of a Down
OrixeOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1995 - 2006
2011
Xénero(s)metal alternativo, rock progresivo, hard rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)Sony BMG
MembrosSerj Tankian
Daron Malakian
Shavo Odadjian
John Dolmayan
Antigos membrosAndy Khachaturian
Na rede
www.systemofadown.com/
IMDB: nm1500632 Facebook: systemofadown Twitter: systemofadown Instagram: systemofadown MySpace: soad Youtube: UC7-YMmnc0ppcWmio8t1WdcA Bandcamp: systemofadownSouncloud: system-of-a-down-official Spotify: 5eAWCfyUhZtHHtBdNk56l1 iTunes: 462715 Last fm: System+of+a+Down Musicbrainz: cc0b7089-c08d-4c10-b6b0-873582c17fd6 Songkick: 74172 Discogs: 85889 Allmusic: mn0000005501 Deezer: 458 Genius: System-of-a-down Editar o valor em Wikidata

System of a Down (denominada habitualmente SOAD ou System) é unha banda estadounidense de metal alternativo formada nos Ánxeles (California) en 1994. Está composta por Serj Tankian (voz), Daron Malakian (guitarra/voz), Shavo Odadjian (baixo) e John Dolmayan (batería), sendo os catro de ascendencia armenia.

A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista Billboard 200. System of a Down foi nomeado para catro Grammy, e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O 13 de agosto dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o 29 de novembro do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Suramérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.

Historia, estilos e influencias

Trátase dun dos grupos máis intelixentes e creativos da escena do Alternative Metal norteamericano. Todas as etiquetas quédanse curtas para definir System of a Down. Metal, Hard core, hip hop, gótico, folclore armenio e ritmos étnicos enlázanse dunha maneira sorprendente e absolutamente innovadora na música do cuarteto dos Ánxeles. Hai que engadir ademais as súas potentes liñas melódicas e as súas letras cargadas de poesía e de comentarios políticos e sociais. En 1993, Serj Tankian e Daron Malakian coincidiron nun estudo de gravación. Ambos compartían as mesmas ideas e as mesmas orixes armenias e decidiron unir os seus talentos musicais. Daquel encontro naceu un grupo -inicialmente chamado Soil- coa intención de demostrar ó mundo que aínda quedan cousas novas que facer no mundo da música. A formación quedou completa con Shavo Odadjian, un amigo e seareiro que decidiu tocar o baixo, e o batería John Dolmayan. Unha maqueta con tres temas fíxoos populares nos ambientes heavys californianos e Rick Rubin (o produtor de Slayer, Red Hot Chili Peppers, Danzig e os Beastie Boys) decidiu fichalos para o seu selo American Recordings. As súas expectativas non se viron defraudadas, xa que a fórmula social e musical deulles, dende o lanzamento do seu primeiro álbum, en 1998, un considerábel éxito, tanto de público, que fixo de System of a Down disco de platino, como dos críticos musicais. O seu segundo álbum, Toxicity, lanzounos internacionalmente e consagrounos como unha banda orixinal e transgresora. Non defraudou o seu terceiro traballo, Steal this álbum!, que seguía a liña do grupo sen deixar de ser orixinal. No 2005 sacan dous traballos, que en realidade trátase dun disco dobre: Mezmerize e Hypnotize. Estes dous álbums están tan vencellados entre si, que os seus dous títulos mesmo son sinónimos: significan "hipnotizar".

Foi elixida a mellor banda alternativa de rock nos MTV Awards celebrados en Lisboa. En maio do 2006 anunciaron que farían unha paréntese duns cantos anos, pero desmentiron que se fosen separar.

Reunión

O 29 de novembro do 2010 System of a Down anunciou oficialmente que se reuniría para tocar en varios festivais europeos en xuño do 2011. Entre estes incluíanse o Download Festival británico, Greenfield Festival en Suíza, os alemáns Rock am Ring/Rock im Park, o sueco Metaltown, o austríaco Nova Rock Festival e o finés Provinssirock.

Membros

Membros actuais

Antigos membros

Discografía

  • System of a Down, 30 de xuño de 1998, #124 U.S.A.
  • Toxicity, 4 de setembro do 2001, #1 U.S.A., #13 R.U., #1 Canadá
  • Steal This Album!, 26 de novembro do 2002, #15 U.S.A., #56 R.U.
  • Mezmerize, 17 de maio do 2005, #1 U.S.A., #2 R.U., #1 Australia, #1 Canadá, (1ª parte de 'Mezmerize/Hypnotize' disco duplo)
  • Hypnotize, 22 de novembro do 2005, #1 U.S.A., #11 R.U., #1 Canadá, #3 Australia, (2ª parte de 'Mezmerize/Hypnotize' disco duplo)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas