Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Xogo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}
[[Ficheiro:Mariola1.jpeg|miniatura|dereita|Xogo da [[mariola]].]]
[[Ficheiro:Mariola1.jpeg|miniatura|dereita|Xogo da [[mariola (xogo)|mariola]].]]
Un '''xogo'''<ref>{{DRAG|xogo}}</ref> é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un [[obxectivo]] que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de [[regulamento|regras]] que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e [[diversión|divertir]], pero pode tamén representar un papel [[educación|educativo]].
Un '''xogo'''<ref>{{DRAG|xogo}}</ref> é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un [[obxectivo]] que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de [[regulamento|regras]] que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e [[diversión|divertir]], pero pode tamén representar un papel [[educación|educativo]].



Revisión como estaba o 19 de maio de 2017 ás 20:07

Xogo da mariola.

Un xogo[1] é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.

Aínda que moitos animais xogan, só os seres humanos teñen xogos propiamente ditos. Que algúns animais son o bastante intelixentes como para poder xogar ó estilo dos humanos é motivo de discusión, xa que un xogo ten elementos ritualistas (tales como regras e procedementos) que actúan sobre, máis ben que como resultado do instinto. A existencia das regras e dos criterios que deciden o resultado dos xogos implica que os xogos requiren intelixencia nun grao significativo de sofisticación.

Elementos dos xogos

Os xogos poden caracterizarse polo "que fai o xogador".[2] Os elementos clave principais neste contexto son as ferramentas e as regras que definen todo o xogo.

Ferramentas

Pezas de diferentes xogos: xadrez, canicas, peóns do Monopoly, dominós, hoteis do Monopoly, pelouros e pezas das damas.

Habitualmente os xogos clasifícanse segundo os obxectos que se requiren para xogalos, como miniaturas, un balón, naipes, taboleiro ou un computador. Nos lugares nos que se estableceu o emprego do coiro os balóns convertéronse en pezas popular ao longo da historia. En ocasións as ferramentas realmente representan outras cosas, como poden ser os peóns dun taboleiro ou o diñeiro para xogar.

Algúns xogos como as agachadas non empregan ferramentas obvias, mais a súa interactividade defínese polo contorno. Os xogos deste tipo varías dependendo do lugar no que se xoga.

Regras

Á parte das ferramentas, en ocasións os xogos defínense polas súas regras. As regras están suxeitas a cambios poden dar lugar a un xogo "novo". As regras en xeral determinan o sistema de quendas, os dereitos e responsabilidades dos xogadores e os obxectivos de cada un.

Habilidade, estratexia e sorte

As regras e ferramentas dun xogo requiren ademais habilidade, estratexia, sorte ou unha combinación destas. Poden considerarse xogos de habilidade física a loita e de habilidade mental as damas. Os xogos de estratexia inclúen o go e os de sorte son os xogos de azar como o mah-jongg, ademais dos que precisan dados ou naipes. Con todo, a maioría de xogos conteñen varias destes elementos, como a maioría dos xogos de taboleiro de estratexia, como o Risk, Settlers of Catan ou Carcassonne.

Solitarios

A maioría de xogos requiren múltiples xogadores, mais os solitarios son únicos en canto os desafíos que formulan. Porén, xogar cun yo-yo ou xogar ao tenis contra unha parede non adoitan ser considerados xogos debido á falta de oposición.

Algúns xogos descritos como "único xogador" poden ser considerados realmente crebacabezas ou xogos recreativos.

Tipos de xogos

Xogos populares

Partido de rugby.

Os xogos populares están moi ligados ás actividades do pobo, e ao longo do tempo pasaron de pai a fillos. Da maioría deles non se coñece a orixe, simplemente naceron da necesidade que ten o home de xogar, é dicir, trátase de actividades espontáneas, creativas e motivadoras. O seu regulamento é moi variable e pode cambiar dunha zona xeográfica a outra con facilidade; mesmo poden ser coñecidos con nomes diferentes segundo onde se practique.

Os xogos populares adoitan ter poucas regras e normalemente sinxelas, e neles empréganse todo tipo de materiais, sen que teñan que ser específicos do xogo. Todos teñen uns obxectivos e un modo determinado de realizalos: perseguir, lanzar un obxecto, conquistar un territorio, conservar ou conseguir un obxecto etc. A súa práctica non ten transcendencia alén do propio xogo e o grande obxectivo é divertirse.

Os xogos populares poden servir como ferramenta educativa na aula.

Xogos tradicionais

Son xogos máis solemnes que tamén foron transmitidos de xeración en xeración, mais a súa orixe remóntase a tempos moi afastados. Na súa conservación e divulgación tiveron moito que ver coas institucións e entidades que se preocuparon de que non se perdesen co tempo. Están moi ligados á historia, á cultura e ás tradicións dun territorio. Os seu regulamentos son semellantes independentemente de onde se desenvolven.

O material dos xogos é específico deles e está relacionado coa zona, os costumes e mesmo as clases de traballo que se desenvolvían no lugar.

Os seus practicantes adoitan estar organizados en clubs, asociacións e federacións e existen campionatos oficiais e competicións máis ou menos reguladas. Algúns destes xogos tradicionais convertéronse en deportes, denominados tradicionais, de xeito que a popularidade que teñen entre os habitantes dun territorio compite coa popularidade doutros deportes convencionais. Algúns exemplos son a petanca, os birlos etc. A orixe de algúns dos xogos e deportes tradicionais está vencellado á propia orixe dese pobo e denomínanse xogos ou deportes autóctonos, como a loita canaria ou a soga tira.

Xogs de mesa

O parchís é a versión occidental dun xogoo indio.

Os xogos de mesa empregan como ferramenta central un taboleiro no que se segue o estado, os recursos e o progreso dos xogadores empregando símbolos físicos. Moitos tamén implican dados ou naipes. A maioría dos xogos que simulan batallas son de taboleiro, e este pode representar un mapa no que se moven de forma simbólica os contendentes. Algúns xogos, como o xadrez e o go son completamente determininstas, baseados só na estratexia. Os xogos infantís baséanse en gran parte na sorte, mentres que o parchís é unha mestura de sorte e estratexia.

Os xogos de mesa son antigos ou tradicionais, mais son considerados actuais debido a que foron mellorando o seu deseño, complementos e características.

Xogos de naipes

Os xogos de naipes empregan como ferramenta central unha baralla. Esta pode ser de diferente tipo segundo o xogo.

Videoxogos

DUO, videoxogo de naipes.
Artigo principal: Videoxogo.

Os videoxogos son aqueles que controla un computador, que poden crear ferramentas virtuais que se empregarán nun xogo. Un videoxogo utiliza uns ou máis dispositivos de entrada, como unha combinación de teclas e joystick, teclado, rato, trackball ou calquera outro controlador. Nos xogos de computador o desenvolvemento do xogo depende da evolución das interfaces utilizadas.

Coa conexión a internet apareceron novos xogos. O videoxogo distribuíuse por todos os sectores sociais, transformando a forma tradicional de xogar.

Xogos de rol

Os xogos de rol son un tipo de xogo no que os participantes asumen o papel das personaxes do xogo. Na súa orixe o xogo desenvolvíase entre un grupo de participantes que inventaban un guión con lapis e papel. Unidos, os xogadores poden colaborar na historia que implica as súas personaxes creando, desenvolvendo e explorando o escenario, nunha aventura fóra dos límites da vida diaria. Un dos primeiros xogos de rol en seren comercializados foi Dungeons & Dragons.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xogo.
  2. Crawford, Chris (2003). Chris Crawford on Game Design. New Riders. ISBN 0-88134-117-7. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pecci, M. C., Herrero, T., López, M. y Mozos, A. (2010). El juego infantil y su metodología. Madrid: McGraw-Hill/Interoamericana.
  • Bishop, A. J., et al. (2008). El juego como estrategia didáctica. Barcelona: Graó.
  • Delval, J. (1996). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI de España Editores, S.A.
  • de Gainza, M. y Lares M. (2011): Conversaciones con Jorge Fukelman, Buenos Aires. Grupo Editorial Lumen.
  • de Gainza, M. y Lares M. (2015): Texto establecido de “Ponerse en juego”, Seminario de Jorge Fukelman en el Círculo psicoanalítico del Caribe. Buenos Aires, Grupo Editorial Lumen.
  • Lares, Miguel J. (2014): Juego e infancia, Buenos Aires, Grupo Editorial Lumen.
  • Huizinga, Johan (2012). Homo Ludens, Tercera edición, Editorial Alianza S.A., Madrid.
  • Eliseo Andreu (2009). El juego infantil mediterráneo: Grecia antigua, Revista de Psicología, Ciències de l’Educació i de l’Esport

Outros artigos

Ligazóns externas