Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Alfonso Senra Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Senra Bernárdez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
25 de xuño de 1928 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRicardo Senra Fernández Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1436995

Alfonso Senra Bernárdez, nado en Tui en 1877 e finado en Madrid o 10 de decembro de 1951, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Ricardo Senra Fernández. Estudou Dereito e trasladouse a Madrid. Colaborou nos xornais El Imparcial, Diario Universal, La Época e La Nación. Foi deputado na Deputación Provincial de Madrid representando o distrito de Hospital-Congreso, proclamado en sesión celebrada o 3 de maio de 1915[1]. Subsecretario do Ministerio de Fomento de España, foi tamén Director Xeral de Minas, Metalurxia e Industrias Navais, cesando o 21 de setembro de 1923[2].

Nas eleccións de 1916 foi proclamado deputado polo distrito de Ordes. Nas eleccións de 1918 volveu ser elixido polo mesmo distrito e foi reelixido nas sucesivas eleccións ata 1923.

Avogado da Unión Patriótica, durante a Ditadura de Primo de Rivera foi membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929. Foi vicepresidente primeiro do Ateneo de Madrid de 1926 a 1930[3], nomeado por Real Orde de 25 de xuño de 1926 na xunta presidida por José Soto Reguera.

No franquismo foi membro do Tribunal de Responsabilidades Políticas e asesor da Delegación Nacional de Xustiza e Dereito[4].

  • Laicismo y neutralidad en los hospitales, 1913.
  • Del 10 de Agosto a la Sala Sexta del Supremo, 1933.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • É fillo predilecto de Ordes dende o 15 de agosto de 1923.
  • A rúa Real de Ordes pasou a chamarse Avenida Alfonso Senra[5].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]