Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Atol Apataki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Apataki»)
Modelo:Xeografía físicaAtol Apataki
Vista aérea
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Palliser Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTuamotu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaComuna de Arutua, Francia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°27′S 146°19′O / -15.45, -146.32
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie706 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1722 Editar o valor en Wikidata

Apataki é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Arutua. Xeograficamente forma parte das illas Palliser. Está situado a 19 km ao leste de Arutua e a 370 km ao nordés de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de ancho, cunha superficie total, incluída a lagoa, de 703 km². O atol dispón de dous pasos ao interior da lagoa: Aimonu ao noroeste e Haniuru ao suroeste.

A vila principal é Niutahi situada no noroeste xunto ao paso de Aimonu e cun aeródromo preto da vila. Os 429 habitantes (censo de 2002) viven da produción de perlas, da pesca e o cultivo de copra e nono (froito tropical de nome científicoMorinda citrifolia).

Foi descuberto a noite do 21 de maio de 1722 por Jacob Roggeveen que a chamou Avondstond ('noite'). Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.