Artenativa
Artenativa, Festival de Música de Valga é un evento musical que tivo a súa primeira edición no ano 2007, na vila pontevedresa de Valga. Promovido pola asociación cultural Os Penoucos, o festival ten a súa orixe no Festival de Río, unha modesta xuntanza de amigos organizada en 2004 e na que actuaron grupos como Triceratops ou Guru Deva. A asociación formúlase levar a cabo un proxecto máis ambicioso, aproveitando a bo momento da música galega, entre a que se conta o debut de Noise Project, un grupo local moi relacionado con Os Penoucos. Outra das ideas é crear un festival no que se dea todo o protagonismo aos grupos galegos, habitualmente marxinados noutros festivais.
2007
[editar | editar a fonte]A primeira edición celebrouse os días 10 e 11 de agosto de 2007, no parque Irmáns Dios Mosquera, un contorno natural a carón do río Valga, onde se permite a acampada libre. Os concertos foron gratuítos e reuniron aos seguintes grupos:
- 10 de agosto: Middle-Brain, Nadadora, Jugoplastika e Colectivo Oruga.
- 11 de agosto: O Leo i Arremecághona!!!, Noise Project, 6PM, Triángulo de Amor Bizarro e The Homens.
Cada unha das noites o espectáculo remataba cunha pinchada de DJ's. Ademais das actuacións, o día 11 presentouse unha mesa redonda sobre o estado da escena musical galega, coa participación dalgúns dos seus protagonistas.
2008
[editar | editar a fonte]A segunda edición celebrouse os días 8 e 9 agosto de 2008, tamén con carácter gratuíto.
- 8 de agosto: The Blows, Franc3s, Austria e Mequetrefe.
- 9 de agosto: Nadadora, Niño y pistola, Fanny + Alexander, Projecto Mourente e Yoplay.