Atol Rongrik
Rongrik | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | Jitoen |
Linguas | |
Poboación (1999) | 0 hab. |
Superficie | 1´68 km² |
Superficie lagoa | 143´95 km² |
Nº de illas | 17 |
Coordenadas | 11°20′N 167°27′L / 11.333, -167.450 |
Maior Altura | 9 m. |
Localización | |
Rongrik (tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68 km² no océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144 km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200 km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.
Historia
[editar | editar a fonte]Rongrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés, aínda que a illa estaba deshabitada. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.