Australia Meridional
Australia Meridional[1][2] ou Australia do Sur[3] (en inglés: South Australia) é un estado de Australia que se sitúa na parte central do sur do país. O estado esténdese por unha das partes máis áridas do continente, ten un total de 984.377 km², isto converte a Australia Meridional no cuarto dos estados e territorios en canto a extensión. O estado limita ao oeste con Australia Occidental, ao note co Territorio Norte e Queensland, ao leste con Queensland, Nova Gales do Sur e Victoria, no sur o estado está bañado polo Oceáno Antártico. Con 1,5 millóns de persoas, o estado ten menos do 10 por cento da poboación autraliana e atópase na 5ª posición dos estados e territorios. A maioría da poboación reside na capital do estado, Adelaida (coñecida como a cidade das igrexas), coa maioría da poboación restante distribuída nas áreas fértiles ao longo da costa sueste e na ribeira do Rio Murray.
A orixe de Australia Meridional é singular na historia do país xa que foi unha provincia británica de libre colonización. A colonización oficial comezou o 28 de decembro de 1836 cando se declarou o estado no The Old Gum Tree polo gobernador Hindmarsh. O xeito de colonizar esta parte de Australia fíxose seguindo unha teoría de Edward Gibbon Wakefield que máis tarde foi utilizada para colonizar Nova Zelandia. O obxectivo era establecer a provincia como un centro de civilización para inmigrantes libres, tería liberdades civís e tolerancia relixiosa. Aínda que a súa historia viuse marcada por dificultades económicas, Australia Meridional permaneceu sendo un estado con innovación política e cunha vida cultural vibrante. Hoxe en día, o estado é coñecido como o estado festivo e do bo viño.
A economía do estado céntrase no sector primario especialmente na agricultura, a industria, a industría mineira e o sector financeiro creceron significativamente.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Australia Meridional.
O primeiro avistamento da costa de Australia Meridional por parte de viaxeiros europeos foi en 1627 cando a nave holandesa Gulden Zeepaert, examinou o litoral. Francois Thijssen chamou ao seu descubrimento como a terra de "Pieter Nuyts". O litoral trazouse sobre un mapa por primeira por Matthew Flinders e Nicolas Baudin en 1802. Baudin referiuse a este territorio como "Terre Napoléon".
En 1834, o parlamento británico aprobou o Acta de Australia Meridional, que habilitou o establecemento da provincia de Autralia Meridional. O acta promulgada estableceu que se dotaría á colonia con 802,511 quilómetros cadrados e que estaría libre de convictos. O plan da colonia era a encarnación ideal das mellores virtudes das sociedade británica, estes é, sen dicriminación relixiosa e sen colonos sen emprego.
A colonización estableceuse en Kingscote en Illa Kangaroo, ata que se seleccionou o lugar oficial para a colonia no lugar no que se atopa actualmente Adelaida. Os primeiro inmigrantes chegaron á baía de Holdfast (preto de Glenelg) en novembro de 1836 e a colonia foi proclamada o 28 de decembro de 1836, actualmente coñécese a ese día no estado como o Día da Proclamación. Australia Meridional é o único estado australiano que foi colonizado por colonos libres (sen cargas penais).
A bandeira de de Australia Meridional adoptouse o 13 de xaneiro de 1904. A divisa do estado crese que foi deseñada por Roberto Craig da Escola de Artes de Adelaida.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os terreos do estado son extensións de terra árida e semiárida con algúns terreos de monte baixo entre as que destacan Mt Lofty-Montañas Flinders que é un sistema montañoso que se estende uns 800 kilometres desde Cabo Jervis ata o norte do Lago Torrens. O punto máis alto no estado non está nestas extensións, senón que o Monte Woodroffe de 1.435 m. atópase nas montañas Musgrave no extremo noroeste do o estado.A parte oeste do estado está practicamente deshabitada.
As exportacións principais do estado son de trigo, viño e la. Máis da metade da produción dos viños de Australia son producidas en Australia Meridional.
Australia Meridional linda con cada un dos outros estados e teritorios australianos agás do Territorio da Capital Australiana (ACT, Canberra) e Tasmania. O Territorio Norte foi nun principio o Territorio Norte de Australia Meridional, chegando a ser un territorio independente en 1911. A costa de Australia Meridional esta flanqueada polo océano Índico. As súas temperaturas medias oscilan entre os 29°C de xaneiro e os 15 °C en xullo. As temperaturas diúrnas nalgunhas partes do estado en xaneiro e febreiro poden subir ata os 48 °C.
Temperatura rexistrada máis alta: 50.7 °C (123.3 °F), Oodnadatta, 2 de xaneiro 1960 (A temperatura máis alta xamais rexistrada en toda Australia).
Temperatura rexistrada máis baixa: -8.2 °C (17.2 °F), Yongala, 20 de xullo 1976
Rexións: |
Illas: |
Lagos: |
Rios: |
Economía
[editar | editar a fonte]A industria xoga un papel moi importante na economía de Australia Meridional, xerando aproximadamente o 15 % da riqueza do estado e tendo moita importancia na exportación. Esta industria produce automóbiles, medicamentos, e tecnoloxía de defensa. A economía de Australia Meridional apóiase máis que a de ningún outro estado na exportación. As ganancias pola exportación están teñen un valor de 10000 millóns de dólares australianos e creceron un 8.8% de 2002 a 2003.
O desenvolvemento económico do sur de Australia atrasouse comparado co resto de Australia durante un certo tempo (crecemento económico do 2.1% durante 2002), pero a economía parece mellorar (4.3% durante 2003).
A economía de Australia Meridional componse da seguinte forma:
- Servizos: 66,7 %
- Industría: 14,2 %
- Agricultura e pesca: 4,5 %
- Minería: 2,2 %
- Outras: 10,7 %
Goberno
[editar | editar a fonte]Australia Meridional é unha monarquía constitucional, recordemos que os estados e territorios australianos forman a Comunidade Australia (Australian Commonwealth), a cabeza do estado é a Raíña de Australia. Ten un parlamento con dous cámaras: a Casa da Asemblea (House of Assembly, cámara baixa) e un Consello Lexislativo (Legislative Council, cámara alta), con eleccións lexislativas que se celebran cada catro anos. O presidente (Premier) actual de Australia Meridional é Mike Rann, do Partido Laborista Australiano (Australian Labor Party).
Inicialmente o Gobernador de Australia Meridional (o primeiro Gobernador foi John Hindmarsh) posuía un poder total que derivaba da Patente do Goberno Imperial de creación da colonia. O Gobernador só tiña que xustificarse ante a Ofinica Colonial Británica, polo que a democracia non existía na colonia. Creouse en 1843 un corpo para aconsellar ao Gobernador sobre a administración de Australia Meridional, a este brazo administrativo denominóuselle Consello Lexislativo. O Consello Lexislativo estaba formado por 3 representantes do Goberno Británico e de 4 colonos elixidos polo gobernador. O Gobernador mantiña un poder executivo absoluto.
En 1851, o Parlamento Imperial decretou o Acta de Goberno das Colonias Australianas que permitía a elección de representantes a cada un dos Consellos Lexislativos Coloniais e o esbozo dunha Constitución. Máis tarde ese ano os colonos homes sans puideron votar por 16 membros dun total de 24 escanos que tiña o Consello Lexislativo (8 dos membros do consello lexislativo seguían sendo nomeados polo Gobernador). O labor principal deste corpo foi a creación do borrador dunha Constitución para Australia Meridional. O consello lexislativo creou o borrador máis democrático que se viu ata o momento en todo o Imperio Británico e por exemplo outorgaba o sufraxio masculino.
Creouse o Parlamento de Australia Meridional e as dúas casas do Parlamento (das que se falou antes). Por primeira vez na colonia, o poder executivo foi elegdo polo pobo e a colonia utilizou o sistema Westminster, onde o goberno é o partido ou coalición con máis votos pero onde ao Líder da oposición asígnaselle un papel forte como presidente do "Shadow Gabinet" (goberno na sombra). En 1894, Australia Meridional foi a primeira colonia australiana en permitir o sufraxio feminino e o seu parlamento foi un dos primeiros en permitir á muller ser membro electo do mesmo. Autralia Meridional foi un dos membros orixinais na creación da Commonwealth de Australia o 1 de xaneiro de 1901.
Educación
[editar | editar a fonte]A Educación é obrigatoria para todos os menores de 16 anos, con todo a maioría dos estudantes permanecen no colexio ata que finalizan os estudos que lles acreditan o título SACE (South Australian Certificate of Education, Certificado de Educación de Australia Meridional)
Desde o 1 de xaneiro de 2009 a educación obrigatoria ampliarase un ano máis.
Existen tres universidades en Australia Meridional: A Universidade de Adelaida (University of Adelaide), A Universidade Flinders (Flinders University) e a Universidade de Australia Meridional (University of South Australia). Todas teñen a súa sede en Adelaida, aínda que a Universidade de Australia Meridional ten campus en Whyalla e en Mount Gambier.
Existen escolas de formación profesional en todo o estado.
Deporte
[editar | editar a fonte]O deporte que máis entusiamo e interese concita entre os australianos meridionais é o fútbol australiano. Aproximadamente o 2,2 % dos habitantes do estado maiores de 18 anos participan en equipos de fútbol australiano. Australia Meridional ten 2 equipos na AFL (Australian Football League, Liga de Fútbol Australiana) Os Adelaide Crows (Os Corvos de Adelaida) e Port Adelaide Power. Os Adelaide Crows teñen 50.000 socios que son máis que calquera dos outro 15 equipos da liga.
O cricket conta tamén con adeptos. O fútbol e o baloncesto teñen tamén certa popularidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Australia Meridional (Australia)
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Australia Meridional |