Banda dos Catro
A Banda dos Catro (en chinés tradicional: 四人幫; en chinés simplificado: 四人帮; pinyin: sì rén bāng) foi o nome que recibiu un grupo de altos dirixentes do Partido Comunista da China que foron expulsados do mesmo e postos baixo arresto trala morte de Mao Zedong en 1976, sendo declarados culpables de crimes e abusos cometidos durante a Revolución Cultural. Este feito é considerado como o final deste período histórico da China.
O grupo estaba composto pola viúva de Mao, Jiang Quing, e tres dos colaboradores desta: Zhang Chunqiao, Yao Wenyuan e Wang Hongwen, os cales desempeñaban altos cargos dentro do Goberno da República Popular China nos últimos anos de vida de Mao. Jiang Qing, apoiada por Mao, en 1966 púxose á fronte do aparello cultural do Estado mentres que os outros tres eran altos dirixentes do PCCh en Shanghai.
-
Jiang Qing
-
Zhang Chunqiao
-
Yao Wenyuan (centro)
-
Wang Hongwen
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barnouin, Barbara; Changgen, Yu.: Ten Years of Turbulence. The Chinese Cultural Revolution. Londres/Nova York: Kegan Paul International, 1993
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- China - The Four Modernizations, 1979-82. country-studies.com