Peramélidos
Peramélidos Peramelidae Bandicuts Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perameles gunni | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||
A dos peramélidos (Peramelidae) é unha familia de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos, e orde dos peramelemorfos,[1] coñecidos vulgarmente como bandicuts,[2] e que son denominados ás veces, debido aos seus hábitos alimentarios, marsupiais omnívoros, xa que, a pesar de posuíren unha dentición de tipo carnívoro (poliprotodonte), presentan, en grao variábel, unha dieta omnívora.[3]
Todos os membros da familia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.
Características
[editar | editar a fonte]De aparencia semellante á dunha rata placentaria, teñen o fociño longo e rematado en punta, longas orellas sen pelo e a cola peluda.
O seu tamaño é algo maior que o dunha rata e máis pequeno que o do coello. Os dedos das catro patas rematan en agudas garras. A pelaxe está formado por serdas bastas, e a súa cor pode ser alaranxada, agrisada ou marrón; tamén pode ser raiada nalgunhas especies.
Os bandicuts distínguense por dúas características que diverxen do conxunto dos marsupiais: a primeira é a presenza de moitos dentes incisivos (poliprotodoncia), que é característico dos marsupiais carnívoros e insectívoros, e a segunda é unha estrutura especializada do pé que consiste na unión dos dedos segundo e terceiro para formaren unha única uña, que é propio dos marsupiais herbívoros como os canguros.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo publicado en Ann. Philos., n.s., 10: 336.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia, Peramelidae, está formado sobre a base do nome Perameles, o seu xénero tipo, coa adición da forma sufixa do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[4]
É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelidae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome orixinario, a familia coñécese tamén polos sinónimos.[1]
- Peroryctidae
- Echymiperinae
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, a familia comprende tres subfamilias, cos seis xéneros seguintes:[1][5]
Familia Peramelidae Gray, 1825
- Subfamilia Echymiperinae McKenna & Bell, 1997
- Xénero Echymipera Lesson, 1842
- Xénero Microperoryctes Stein, 1932
- Xénero Rhynchomeles Thomas, 1920
- Subfamilia Peramelinae Gray, 1825
- Subfamilia Peroryctinae Groves & Flannery, 1990
- Xénero Peroryctes Thomas, 1906
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Peramelidae en MSW.
- ↑ bandicut s.m. Mamífero marsupial da familia dos peramélidos, dos xéneros Perameles, Thylacomys e Echymipera, de 20 a 50 cm de lonxitude, nocturno, e de réxime insectívoro ou vexetariano [que vive en Australia e Nova Guinea]. En Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo I. Vigo, Galaxia, 2009. ISBN 978-84-9914-071-1.
- ↑ Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Cuestión de dientes y patas", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 156-160. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
- ↑ Perameles no Oxford English Dictionary.
- ↑ Peramelidae Gray, 1825 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peramélidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peramélidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, 4a edición. Londres: The Brown Reference Group.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peramelidae Gray, 1825 no ITIS.
- Family Peramelidae Gray 1825 (bandicoot) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Peramelidae na ADW. Con información, imaxes e bibliografía (en inglés).
- Peramelidae na EOL.
- Peramelidae no NCBI.
- Especies de peramélidos na UICN.