Bartolomea Capitanio
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1807 Lovere, Italia |
Morte | 26 de xullo de 1833 (26 anos) Lovere, Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Beneficência (pt) e Igrexa católica |
Ocupación | monxa, mestra |
Membro de | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de xullo (Igrexa católica) |
Patrón de | Mestre, Sisters of Charity of Saints Bartolomea Capitanio and Vincenza Gerosa (en) e Lovere |
Bartolomea Capitanio, nada en Lovere o 13 de febreiro de 1807 e finada na mesma vila o 26 de xullo de 1833, foi unha relixiosa italiana, santa da Igrexa católica dende 1950 que celebra a súa festa o 26 de xullo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia humilde, estudou coas clarisas da súa vila e en 1822 obtivo o título de profesora e comezou a dar clase na escola local, pero dous anos despois abre unha escola na súa casa para os nenos pobres e traballou tamén no hospital local. O 21 de novembro de 1832 fundou con Vicenza Gerosa a Congregación de María Meniña, actualmente denominada Irmáns da Caridade das santas Bartolomea Capitanio e Vincenza Gerosa, pouco despois morría de tuberculose.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bartolomea Capitanio |