Beroso o Caldeo
Nome orixinal | (el) Βηροσσος (la) Berossos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV a. C. Babilonia |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, astronomía e astroloxía |
Lugar de traballo | Imperio Babilónico |
Ocupación | astrónomo, sacerdote, escritor, historiador, astrólogo |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | século IV a. C. - século III a. C. |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Beroso (en grego: Βήρωσσος, en idioma acadio, Bêl-re'ušunu, en latín Berosus Caldaeus) foi un sacerdote de Babilonia, moi activo a inicios do século III a. C., na época de control do Imperio seléucida. Crese que viviu entre os anos 350 a. C. e 270 a. C..
Obra
[editar | editar a fonte]É famoso por escribir unha historia de Babilonia, chamada Babiloniaka, narrada en tres libros, en grego (que non era o seu propio idioma), da que só se nos conservaron citas. Beroso era šatammu, rango que tiña o sacerdote principal do templo. Este cargo deulle acceso aos arquivos do Esagila, templo do deus supremo Marduk. Atribúenselle tamén obras de astronomía e astroloxía, coñecidas só por referencias de autores posteriores.
Flavio Xosefo, outro historiador grazas ao que quedan algunhas citas daquel libro, no primeiro reflicte a aparición dun misterioso personaxe chamado Oannes, ser metade home metade peixe, que instruíu aos primeiros poboadores de Mesopotamia. No segundo, outro documento importante que deixou foi a lista de reis, pero declara dez reis antediluvianos, por tanto é considerada mitolóxica. Os historiadores contemporáneos tradicionais, só consideran o último volume como «historia», na que relata a parte final da historia do imperio. Con todo Beroso, un sacerdote cun alto cargo, excelentes coñecementos de filosofía, astronomía, astrología, letras, idiomas e historia de Babilonia, mencionouna como «a historia de Babilonia».
Pseudo-Beroso
[editar | editar a fonte]O Falso Beroso ou Pseudo-Beroso, é un libro supostamente elaborado por Beroso pero que, en realidade, tratábase dunha elaborada falsificación. En 1498, un oficial do papa Alexandre VI chamado Annio de Viterbo pretendeu descubrir libros perdidos de Beroso. Tiveron certa influencia na maneira de pensar renacentista sobre a poboación e a migración, debido a que Annio proporcionou unha lista de reis de Iafet en diante, cubrindo así unha lagoa histórica despois do relato bíblico sobre o diluvio. Annio tamén introduciu figuras de fontes clásicas dentro do esquema bíblico, publicando o seu relato como Commentaria super opera diversorum auctorum de antiquitatibus. Unha consecuencia diso foi levar a teorías sofisticadas sobre as razas celtas con sacerdotes druídas en Europa occidental.[1] Respecto de Hispania, inventou unha lista de reis hispánicos descendentes de Tubal, fillo de Iafet e neto de Noé, quen supostamente constituíra unha monarquía en toda a Península Ibérica pouco despois do Diluvio; así o rei Brigus foi inventado a partir da partícula toponímica briga abundante na Península.[2][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Berosus leva este nome na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michael A. Morse: How the celts came to Britain (pág 15). Stroud: Tempus Publishing, 2005.
- ↑ Julio Caro Baroja: Las falsificaciones de la Historia (en relación con la de España), pág 57. Círculo de Lectores, 1991.
- ↑ "Annio de Viterbo y la Historiografía española del siglo XVI" (PDF). buleria.unileon.es.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beroso o Caldeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [http://www.perseus.tufts.edu/ Perseus Digital Library, a maior base de textos gregos e latinos
- [https://web.archive.org/web/20061017023243/http://www.filol.csic.es/dge/lst/lst1.htm Lista de Autores e Obras do Diccionario Griego-Español
- L´Année Philologique
- Suidas, a enciclopedia bizantina do século XI
- Beroso de Babilonia en Chaldea