Lingua cantonesa
Cantonés 粵語 / 粤语 | ||
---|---|---|
Pronuncia: | yuèyǔ, Jyut6jyu5 | |
Falado en: | Sur da China, Hong Kong, Macau, e en países con emigrantes chineses de Hong Kong e Cantón | |
Rexións: | centro de Cantón, leste e sur de Guangxi e partes de Hainan | |
Total de falantes: | 71 millóns | |
Posición: | 16 | |
Familia: | Sino-tibetana Chinés Cantonés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Hong Kong e Macau | |
Regulado por: | División Oficial da Lingua Goberno de Hong Kong | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | zh
| |
ISO 639-2: | chi (B) | zho (T) |
ISO 639-3: | yue
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua ou dialecto cantonés[2] ou yuè (chinés simplificado: 粵语, chinés tradicional: 粤語, Pinyin: yuèyǔ, Jyutping:Jyut6jyu5) é un dos principais dialectos do chinés.
O nome yuè corresponde ao nome dun reino antigo situado na actual provincia de Guangdong. Por iso, o carácter 粵 utilízase hoxe en día como abreviatura do nome desta provincia.
Aínda que os chineses prefiren falar de dialectos (方言, fāngyán) ao referirse ás variedades do chinés falado, a intelixibilidade mutua entre estes é practicamente nula polo que moitos lingüistas consideran o chinés unha familia de linguas, e non unha lingua única.
O cantonés é o terceiro dialecto (dialecto neste sentido amplo) máis falado do chinés despois do mandarín e da wu. Ten ao redor de 70 millóns de falantes, principalmente na provincia de Guangdong e nas rexións administrativas especiais de Hong Kong e Macau. As primeiras comunidades chinesas que se estabeleceron en países como Perú, Estados Unidos, Australia ou o Reino Unido procedían desta zona do sur da China. Isto fixo que o cantonés fóra durante moito tempo o idioma principal nos chinatowns das grandes cidades destes países.
O cantonés é un dialecto chinés bastante conservador, máis próximo ás formas antigas da lingua do que outros dialectos. Isto reflíctese, por exemplo, no feito curioso de que a poesía antiga chinesa, cuxa pronunciación orixinal descoñecemos, rima mellor lida en cantonés do que en mandarín.
Dos diferentes dialectos chineses, o cantonés é o único, á parte do mandarín, que ten unha forma escrita. Esta utiliza algúns caracteres chineses que non existen en mandarín, e reutiliza outros con significados diferentes. O cantonés escrito utilízase, no entanto, só en situacións informais, como cartas entre amigos, foros de Internet ou nalgunhas formas de literatura popular. En situacións formais o chinés escrito segue as normas do mandarín estándar.
En Hong Kong e Macau o cantonés falado utilízase tamén en situacións formais como discursos políticos, e en emisoras de radio e televisión. Nestes casos, a lingua utilizada non é auténtico cantonés, senón mandarín cunha lectura cantonesa dos caracteres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua cantonesa |