Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Sterna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carrán»)

Sterna acuticauda
Sterna aurantia

Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que para moitos autores é o tipo da familia dos estérnidos. (Véxase máis abaixo "Nota taxonómica").

Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferentes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.[6]

Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[7] e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Sterna, voz do xénero feminino, deriva probabelmente do termo escandinavo Tern vía o inglés, e latinizado como sterna, "andoriña do mar", desde, polo menos, o século VIII.[8] En latín clásico, esterna deriva do verbo esternere, "tenderse no chan", derivado do grego antigo στέρνον stérnon, "peito" (da que tamén procede o nome do óso esterno).[9]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Sterna situábase anteriormente dentro da familia dos estérnidos pero actualmente (2019) sitúase dentro da familia dos láridos (como subfamilia dos esterninos) segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC),[10] e outras bases de datos e autores.[11][12][13]

Desde 2005 recoñécense dentro do xénero as seguintes trece especies:[6][14]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia pódense ver as especies: Sterna dougalli, S. hirundo, S. paradisaea.[3]

  1. Sterna Linnaeus, 1758 Arquivado 30 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  2. Fernández de la Cigoña 1989, p. 259.
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño et al. 1991, p. 176.
  4. Conde Teira. M. A. (1999): [1] "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa 1: 121-138.
  5. 5,0 5,1 Linnæus, Caroli (1758): Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius), páxina 137.
  6. 6,0 6,1 Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005). A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution Arquivado 20-07-2006 en Wayback Machine.. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. Consultada o 7 de decembro de 2019.
  7. carrán no Dicionario da RAG.
  8. Etimoloxía de Sterne no Trésor de la langue française informatisé.
  9. sternum no Merraiam-Webster Unabrigeg Dictionary.
  10. Ver Sterna en "Famuly Laridae" na IOC World Bird List. Versión 9.2, 2019. Consultada o 10 de decembro de 2019.
  11. Laridae no ITIS.
  12. Alan P. Peterson. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  13. Sterninae. Terns and noddys. Clasificación na ADW.
  14. Sterna Linnaeus, 1758 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]