Crésida (lúa)
Imaxe tomada pola Voyager 2 da lúa de Urano, Portia, Crésida, e Ofelia. | |
---|---|
Descubrimento | |
Descuberta por | Stephen P. Synnott / Voyager 2 |
Descuberta en | 9 de xaneiro de 1986 |
Características orbitais | |
Radio orbital medio | 61.766,730 ± 0,046 km[1] |
Excentricidade | 0,00036 ± 0,00011[1] |
Período orbital | 0,463569601 ± 0,000000013 d[1] |
Inclinación | 0,006 ± 0,040° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 92 × 74 × 74 km<[2] |
Radio medio | 39,8 ± 2 km[2][3][4] |
Área superficial | ~20.000 km²[5] |
Volume | ~260.000 km³[5] |
Masa | ~3,4 x 1017 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
Gravidade superficial | ~0,013 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,034 km/s[5] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[6] 0.07[3][4] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Crésida é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 9 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal de S/1986 U 3.[7] Máis tarde recibiría o nome da filla do troiano Calchas, unha heroína tráxica que aparece na obra de William Shakespeare, Troilus and Cressida (tamén en contos de Geoffrey Chaucer e outros autores). Tamén foi designada coma Urano IX.[8]
Características
[editar | editar a fonte]Crésida pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Só se coñece a súa órbita,[1] o seu radio de 41 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6].
As imaxes da Voyager 2 amosan a Crésida coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Crésida é de 0,8 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal suave. A súa superficie é de cor gris.[2]
Crésida podería colidir con Desdemona dentro dos próximos 100 millóns de anos.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ Smith, B. A. (16-01-1986). "IAU Circular No. 4164". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2007. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ Duncan, Martin J.; Jack J. Lissauer (1997). "Orbital Stability of the Uranian Satellite System". Icarus 125 (1): 1–12. doi:10.1006/icar.1996.5568.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cressida Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 08 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)