Cryptosporidium
Cryptosporidium | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ooquiste de Cryptosporidium muris atopado en feces humanas. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Cryptosporidium andersoni |
Cryptosporidium é un xénero de protozoos apicomplexos que pode causar unha enfermidade gastrointestinal con diarrea en humanos chamada criptosporidiose. Cryptosporidium é o organismo que se illa xeralmente nos pacientes humanos co virus VIH que padecen diarrea. Cryptosporidium forma ooquistes de 4-6 µm de diámetro que presentan unha tinguidura ácido-rápida parcial, polo que hai que diferencialos doutros organismos tamén parcialmente ácido-rápidos como Cyclospora cayetanensis.
Características xerais
[editar | editar a fonte]Cryptosporidium causa a diarrea chamada criptosporidiose. É un dos apicomplexos patóxenos, xunto con Plasmodium causante da malaria, e Toxoplasma, causante da toxoplasmose, pero, a diferenza de Plasmodium, que se transmite polos mosquitos, Cryptosporidium non utiliza un insecto como vector e é capaz de completar o seu ciclo de vida nun só hóspede, orixinando estadios de quiste que se excretan nas feces e poden transmitirse a un novo hóspede.
Varias especies de Cryptosporidium infectan a mamíferos. Nos humanos, os principais causantes de enfermidades son C. parvum e C. hominis (antes denominado C. parvum xenotipo 1). Ademais, C. canis, C. felis, C. meleagridis, e C. muris poden tamén causar doenzas en humanos.
A criptosporidiose é tipicamente unha infección aguda, de curto prazo, pero pode ser grave e persistente en nenos e persoas inmunocomprometidas. O parasito transmítese por quistes (ooquistes ou oocistos) resistentes liberados no ambiente que, unha vez inxeridos, permanecen no intestino delgado e dan lugar a unha infección do tecido epitelial intestinal.
O xenoma de Cryptosporidium parvum, que se secuenciou en 2004, é peculiar entre os eucariotas porque parece que non ten ADN mitocondrial.[1] Tamén se secuenciou unha especie moi relacionada, a C. hominis.[2] Poden consultarse os datos xenómicos de Cryptosporidium na base de datos do NIH The CryptoDB.org.
Ciclo de vida
[editar | editar a fonte]A fase de espora de Cryptosporidium (ooquiste) pode sobrevivir durante longos períodos de tempo fóra do seu hóspede. Pode tamén resistir a acción de moitos desinfectantes comúns, como os baseados no cloro.[3]
Tratamento e detección
[editar | editar a fonte]En moitas plantas potabilizadoras de auga que toman auga de ríos, lagos e depósitos utilízanse tecnoloxías de filtración, moitas das cales poden eliminar o 99% dos Cryptosporidium.[4] Hai filtros de membranas e bolsas e cartuchos-filtro que eliminan especificamente Cryptosporidium.
Cryptosporidium é moi resistente aos desinfectantes clorados;[5] pero se as concentración son altas e o tempo de exposición prolongado, Cryptosporidium pode inactivarse con dióxido de cloro e tratamentos con ozono. En xeral, cómpren unhas concentracións de cloro tan altas que o uso de produtos clorados queda excluído como método de control de Cryptosporidium na auga para beber. O tratamento con luz ultravioleta a doses relativamente baixas inactiva Cryptosporidium.[6][7]
Unha das principais dificultades para identificar os estalidos epidémicos é a capacidede de verificar os resultados no laboratorio. Os ooquistes poden examinarse ao microscopio a partir de mostras de feces, pero poden confundirse con outros obxectos ou artefactos similares.[8] A maioría dos criptosporidios miden 3-6 μm, aínda que algúns informes mencionan quistes máis grandes.[8]
En caso de risco de auga contaminada por Cryptosporidium recoméndase como método doméstico de control ferver a auga antes de bebela.[9]
Como moitos patóxenos fecais-orais, poden transmitirse por alimentos contaminados ou pouca hixiene. Cómpren análises de augas e estudos epidemiolóxicos para determinar a fonte de infeccións específicas. Cryptosporidium normalmente non causa enfermidades graves en persoas con boa saúde. Pode infectar de forma crónica a nenos e adultos expostos e inmunocomprometidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abrahamsen, M. S.; Templeton, TJ; Enomoto, S; Abrahante, JE; Zhu, G; Lancto, CA; Deng, M; Liu, C; et al. (2004). "Complete Genome Sequence of the Apicomplexan, Cryptosporidium parvum". Science (Science/AAAS) 304 (5669): 441–5. PMID 15044751. doi:10.1126/science.1094786.
- ↑ Xu, P.; Widmer, Giovanni; Wang, Yingping; Ozaki, Luiz S.; Alves, Joao M.; Serrano, Myrna G.; Puiu, Daniela; Manque, Patricio; et al. (2004). "The genome of Cryptosporidium hominis". Nature 431 (7012): 1107–12. PMID 15510150. doi:10.1038/nature02977.
- ↑ "Chlorine Disinfection of Recreational Water for Cryptosporidium parvum". CDC. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ "The Interim Enhanced Surface Water Treatment Rule – What Does it Mean to You?" (pdf). USEPA. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ Korich, D. G., J. R. Mead, et al. (1990). "Effects of ozone, chlorine dioxide, chlorine, and monochloramine on Cryptosporidium parvum oocyst viability." Appl Environ Microbiol 56(5): 1423-8.
- ↑ Rochelle, PAUL A.; Fallar, Daffodil; Marshall, Marilyn M.; Montelone, Beth A.; Upton, Steve J.; Woods, Keith (Sep–October 2004). "Irreversible UV inactivation of Cryptosporidium spp. despite the presence of UV repair genes". J Eukaryot Microbiol 51 (5): 553–62. PMID 15537090. doi:10.1111/j.1550-7408.2004.tb00291.x.
- ↑ "Ultraviolet Disinfection and Treatment". WaterResearchFoundation (formerly AwwaRF). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 2007-05-06.
- ↑ 8,0 8,1 Casemore, DP; Armstrong, M; Sands, RL (December 1985). "Laboratory diagnosis of cryptosporidiosis". Journal of clinical pathology 38 (12): 1337–41. PMC 499488. PMID 2416782. doi:10.1136/jcp.38.12.1337. Consultado o 28 July 2012.
- ↑ BBC news
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- White, A. Clinton, Jr. "Cryptosporidiosis". In Mandell, G et al., eds., Principles and Practice of Infectious Diseases, 6th edition; Elsevier, 2005, pp 3215–28.
- Upton, Steve J. (2003-09-12). "Basic Biology of Cryptosporidium" (Website). Kansas State University: Parasitology Laboratory.
- "The Taxonomicon & Systema Naturae". Taxon: Genus Cryptosporidium. S.J. Brands (Compiler). Universal Taxonomic Services, Amsterdam, The Netherlands. 2000. Arquivado dende o orixinal (Website database) o 23 de setembro de 2018. Consultado o 20 de xuño de 2014.
- United States Environmental Protection Agency (March 2001). "Cryptosporidium: Drinking Water Advisory" (PDF). Consultado o 4 March 2013 EPA reference: EPA-822-R-01-009
- World Health Organisation (2009). "Risk Assessment of Cryptosporidium in Drinking Water" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2012. Consultado o 4 March 2013 WHO reference: WHO/HSE/WSH/09.04