Células COS
As células COS son unha liña celular de tipo fibroblasto derivada de tecidos de ril de mono. As células COS obtéñense por inmortalización de células CV-1[1] cunha versión do virus SV40 que pode producir o antíxeno T grande, pero ten un defecto na súa replicación xenómica.[2] A liña celular CV-1 á súa vez foi derivada a partir do ril do mono verde africano.[3]
O acrónimo "COS" deriva de que estas células son da liña CV-1 (simia) en Orixe e portan material xenético de SV40.[2] Xeralmente utilízanse dúas formas de liñas celulares COS, que son COS-1 e COS-7.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]As liñas celulares COS utilízanse a miúdo en investigación biolóxica cando se estuda o virus de mono SV40. As células destas liñas son tamén a miúdo transfectadas para producir proteínas recombinantes para experimentos de bioloxía molecular, bioquímica e bioloxía celular.[4]
Cando un construto de expresión cun promotor SV40 se introduce en células COS, o vector pode ser replicado substancialmente e se o ADN transfectado codifica unha proteína segregada, poden recuperarse ata 10 mg de proteína do subrenadante. Estas células COS están modificadas xeneticamente para producir o antíxeno T a partir do seu propio xenoma.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Células COS |
- ↑ Jensen FC, Girardi AJ, Gilden RV, Koprowski H (July 1964). "Infection of human and simian tissue cultures with rous sarcoma virus". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 52 (1): 53–9. Bibcode:1964PNAS...52...53J. PMC 300571. PMID 14192657. doi:10.1073/pnas.52.1.53.
- ↑ 2,0 2,1 Gluzman Y (January 1981). "SV40-transformed simian cells support the replication of early SV40 mutants". Cell 23 (1): 175–82. PMID 6260373. doi:10.1016/0092-8674(81)90282-8.
- ↑ Fanelli, Alex (2016). "COS-7 cell line: Origin and Characteristics". Consultado o 28 November 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Aruffo, A (November 2002). "Transient expression of proteins using COS cells". Curr Protoc Mol Biol. Chapter 16: Unit 16.12. ISBN 0471142727. PMID 18265298. doi:10.1002/0471142727.mb1612s60.
- ↑ WEINANDER, Rolf; et al. (1995). "Heterologous expression of rat liver microsomal glutathione transferase in simian COS cells and Escherichia coli". Biochem. J. 311 (3): 861–866. PMC 1136080. PMID 7487942. doi:10.1042/bj3110861.