Demo Editorial
Aparencia
Demo Editorial | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2008 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://demoeditorial.com/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demo Editorial é unha empresa editorial galega creada en 2008 e especializada na publicación de banda deseñada[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A editorial foi fundada polo historietista Manel Cráneo. O seu modelo de edición contempla principalmente a publicación de obras de autores galegos en lingua galega. En paralelo, a editorial publica as coleccións '"HäinöS", "Eumedievo" ou "Colección Castelao"[2].
En 2011 recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa.
En 2016 o seu catálogo contaba con máis de vinte títulos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista a Manel Cráneo en El Progreso o 15 de marzo de 2012.
- ↑ Presentación editorial na páxina web da empresa Arquivado 16 de novembro de 2016 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da editorial Arquivado 15 de novembro de 2016 en Wayback Machine.