Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Dia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dia
Descubrimento
Descuberta por Scott S. Sheppard e o seu equipo.
Descuberta no 2000
Características orbitais
Raio orbital medio 12,555 millóns de quilómetros
Excentricidade 0,248
Inclinación 28°
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio ~2 km

Dia é a lúa irregular de movemento directo de Xúpiter que órbita máis afastada deste. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Dia ten ó redor de 4 quilómetros de diámetro, orbita Xúpiter a unha distancia media duns 12,555 Gm (millóns de quilómetros) nun período de 287 días, cunha inclinación de 28° (respecto do ecuador de Xúpiter) e unha excentricidade orbital de 0,248.[3] A lúa foi incluída inicialmente no grupo de satélites Himalia,[4] pero hai que subliñar que non se ten información precisa da lúa e que os seus elementos orbitais principais non foron calculados.

Dia estaba na práctica 'perdido' e unha das teorías ó respecto afirmaba que impactara contra Himalia, creando un feble anel ó redor de Xúpiter.[5] Porén, foi volto a ver en observacións realizadas en 2010 e 2011.[6]

  1. IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xanerio do 2001 (descubrimento)
  2. MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
  3. Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's outer satellites and Trojans, in Jupiter: The planet, satellites and magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280
  4. Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; An abundant population of small irregular satellites around Jupiter, Nature, 423 (May 2003), pp. 261-263
  5. "Lunar marriage may have given Jupiter a ring", New Scientist, 20 de marzo do 2010, p. 16.
  6. Williams, Gareth V. (11 de setembro de 2012). "MPEC 2012-R22 : S/2000 J 11". Minor Planet Center. Consultado o 2 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]