Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Domingo Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Domingo Quiroga Ríos»)
Modelo:BiografíaDomingo Quiroga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1900 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosHector Quiroga Lorenzo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1398763 BUSC: quiroga-domingo-1900-1991

Domingo Antonio Quiroga Ríos, nado na Coruña o 27 de xuño de 1900[1] e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1991,[2] foi un investigador e xornalista galego, experto pesqueiro, e defensor dunha pesca responsábel e da protección do medio ambiente mariño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela sete cursos, pero abandonou para emigrar. Entre 1920 e 1930 permaneceu en EEUU, México e Cuba, traballando como redactor de Eco de Galicia (da que foi subdirector) e Heraldo de Galicia e como colaborador de El País. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en 1929. Ao seu regreso a Galicia en 1930 retomou os seus traballos na prensa en El Noroeste. Na República aprobou as oposicións a administrativo da Subsecretaría da Mariña Civil en 1933, sendo destinao primeiro a Ribeseya, pasando posteriormente á Delegación Marítima da Coruña e en 1936 á Axudantía de Mariña de Noia. Colaborou en La Voz de Galicia e Industrias Pesqueras e foi correspondente de periódicos de Cuba en Galicia.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Vilagarcía de Arousa onde foi detido o 25 de agosto. Foi sometido a consello de guerra na Coruña e condenado a prisión. Estivo recluído na prisión provincial da Coruña.[4] En maio de 1938 foi cesado como auxiliar de oficinas da Mariña Civil.[5] Despois da guerra foi xulgado polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e do Comunismo e inhabilitado. Exiliouse en Cuba.

En 1955 foi nomeado Oficial de Pesquerías pola FAO, dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no Salvador, e en 1958, tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de Cuba. Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de Ecuador. Experto mundial en recursos pesqueiros pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e cofundador da Asociación de Armadores da Coruña. Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia.

A partir de 1968 foi escritor habitual en La Voz de Galicia dende a columna titulada "Panes y Paces", chamou a atención sobre a necesidade de preservar a integridade ambiental da nosa costa, defendendo a pesca e os pescadores artesanais fronte á actividade pesqueira intensiva.

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • El mito del Hispanoamericanismo, 1927.
  • ¿Quién es y a dónde va Santiago Casares Quiroga?, 1932, Imprenta Moret. A Coruña.
  • Padre Maestro. Ensayos legendarios sobre la Iglesia y Monasterio de San Martín Pinario, 1954, Imprenta Moret. A Coruña.
  • La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas, 1961, Galaxia.
  • La pesca de la merluza con nudo gordiano, 1968.
  • Domingo Quiroga. Artículos, 1969-1986, 1998.

En galego

[editar | editar a fonte]
  • Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega, en Introdución á economía galega de hoxe, 1969, Galaxia.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • En 1952 o Centro Galego de Bue­nos Aires concedeulle o premio Valle Inclán pola súa obra Padre Maestro.
  • En xullo de 1955 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega.
  • En 1973 recibu o premio Fernández Latorre.
  • En 1983 foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Aida Lorenzo Rodríguez (finada o 2 de marzo de 1994) e foi pai de Domingo Antonio, Ricardo e Héctor Quiroga Lorenzo.[6]

  1. La Voz de Galicia, 1-11-1978, p. 35.
  2. La Voz de Galicia, 5-10-1991, p. 1.
  3. "Domingo Quiroga y «El franquismo en Galicia»", La Voz de Galicia, 10-9-1992, p. 22.
  4. Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 183–184. ISBN 978-84-09-02453-7. 
  5. El Correo Gallego, 10-5-1938, p. 4.
  6. La Voz de Galicia, 3-3-1994, p. 41, 79.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González Laxe, F. (1998). “A modo de lembranza”. Labarta, U. e cols. (eds). Domingo Quiroga. Artículos (1969-1986). Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela. p. 11-13.
  • Labarta, Uxío (2010). "Domingo Quiroga. A pesca artesanal fronte ao industrialismo". En Consello da Cultura Galega : Editorial Galaxia. Xornalistas con opinión II. Santiago de Compostela : Vigo. pp. 223–232. ISBN 978-84-9865-338-0. 
  • Lamela, Luis (2024). Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos. A Coruña: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]