Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Drenaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conexión dun lavabo a unha rede de drenaxe

A drenaxe é o conxunto de operacións (instalacións de tubaxes, abertura de gabias e canles, bombeo, etc.) realizadas para remover a auga dunha superficie ou do subsolo[1].

En xeoloxía, é calquera medio polo que a auga contida nunha zona flúe a través da superficie ou de infiltracións no terreo. Drenaxe, cloacas ou rede de saneamento, en enxeñaría e urbanismo, é o sistema de canalizacións, sumidoiros ou trampas, coas súas conexións, que permite o desaloxo de líquidos, xeralmente pluviais, dunha poboación.

As primeiras drenaxes eran simples redes de gabias nas leiras.
  1. Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012