Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ekspress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ekspress-MD 2»)
Maqueta dun satélite Ekspress.

Ekspress (en ruso, Экспресс, significando Express) é o nome duns satélites de comunicacións operados pola Compañía Rusa de Satélites de Comunicacións. Trátase de satélites en órbita xeoestacionaria construídos por NPO PM e cuxo primeiro membro foi lanzado en 1994. Son coñecidos tamén polo código 11F639 segundo a norma rusa, e son similares aos satélites Gals lanzados en 1994. Sustitúen á familia de satélites de comunicacións Gorizont.[1]

Ekspress 1, 2 (11F639)

[editar | editar a fonte]

Ekspress 1 e 2 son satélites cunha masa de 2500 kg baseados no mesmo bus que os satélites Gals. Teñen unhas dimensións de 3,6 x 6,1 m (cos paneis solares despregados) e inclúen dez transpondedores en banda C e dous en banda Ku. Ambos foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM-2M, Ekspress 1 o 13 de outubro de 1994 e Ekspress 2 o 26 de setembro de 1996.[2]

Ekspress-A 1, 2, 3

[editar | editar a fonte]

Os Ekspress-A 1, 2 e 3 teñen unha masa de 2500 kg e van equipados con 12 transpondedores en banda C e 12 en banda Ku, proporcionados por Alcatel Espace. Ekspress-A 1 non chegou ao espazo polo fallo do seu lanzador Proton K/DM-2. Os tres restantes foron lanzados mediante Proton K/DM-2M respectivamente o 12 de marzo e o 24 de xuño de 2000. Unha substitución de Ekspress-A 1 (Ekspress-A 1R) foi lanzado o 10 de xuño de 2002. Ekspress-A 2 foi retirado en 2015 e situado nunha órbita cemiterio.[3]

Ekspress-AM 22 - SESAT 2

[editar | editar a fonte]

O Ekspress AM-22 tiña unha vida ampliada a 12 anos e foi construído por RSCC (Kosmicheskiya Svyaz). Leva 24 transpondedores en banda Ku, 12 dos cales foron alquilados a Eutelsat, co que o satélite tamén se coñece co nome de SESAT 2.Foi lanzado o 28 de decembro de 2003 mediante un Proton K/DM-2M.[4]

Ekspress-AM 2, 3

[editar | editar a fonte]

Os Ekspress-AM 2 e 3 teñen unha masa de 2542 kg e van equipados con 4 transpondedores en banda Ku, 16 en banda C e un en banda L, proporcionados por Alcatel. Ekspress-AM 2 foi lanzado o 29 de marzo de 2005 e Ekspress-AM3 o 24 de xuño dese mesmo ano, ambos mediante un Proton K/DM-2M.[4]

Ekspress-AM 11

[editar | editar a fonte]

Ao igual que Ekspress AM-1, o 11 tiña unha vida ampliada a 12 anos e foi construído por RSCC, aínda que a carga útil de comunicacións foi construída por Alcatel. Foi lanzado o 26 de abril de 2004 mediante un foguete Proton K/DM-2M. O 28 de marzo de 2006 o satélite foi golpeado por un micrometeorito ou por restos de lixo espacial, despresurizándose o circuíto de fluído do sistema de control térmico e provocando o xiro do satélite. Despois de recuperar o control e inusable, o satélite foi retirado e enviado a unha órbita cemiterio.[5]

Ekspress-AM 1

[editar | editar a fonte]

O Ekspress AM-1 tiña unha vida ampliada a 12 anos e foi construído por RSCC (Kosmicheskiya Svyaz). A carga útil de comunicacións foi construída por NEC. Despois de ser lanzado, o 29 de outubro de 2004 mediante un foguete Proton K/DM-2M, fallou en maio de 2010. Foi recuperado, pero a súa inclinación orbital non deixou de aumentar. O satélite foi retirado o 10 de agosto de 2013 e enviado a unha órbita cemiterio.[6]

Ekspress-AM 33, 34

[editar | editar a fonte]

Cunha masa de 2532 kg, van equipados con 6 transpondedores en banda Ku, 10 en banda C e un en banda L, proporcionados por Alcatel. Foron lanzados o 28 de xaneiro de 2008 e o 11 de febreiro de 2009, ambos mediante un Proton M.[7]

Ekspress-MD 1, 2

[editar | editar a fonte]

Son satélites construídos por RSCC a través dun acordo entre Alcatel Alenia Space Italia e Khrunichev. Levan 8 transpondedores en banda C e un en banda L, xunto cun repetidor e unha granxa de antenas. Ekspress-MD 1 foi lanzado o 11 de febreiro de 2009 xunto con Ekspress-AM 44, mentres que Ekspress-MD 1 o foi o 6 de agosto de 2012 pero inxectado nunha órbita incorrecta por un problema da última etapa do foguete.[8]

Ekspress-AM 5

[editar | editar a fonte]

O Ekspress-AM 5 ten un deseño para unha vida de 15 anos e unha masa de 3358 kg. Vai equipado con 40 transpondedores en banda Ku, 30 en banda C, 12 en banda Ka e 2 en banda L, proporcionados por MDA. Foi lanzado o 26 de decembro de 2013 mediante un Proton M.[9]

Ekspress-AT 1

[editar | editar a fonte]

Construído por RSCC, ten unha masa de 1672 kg e leva a bordo 32 transpondedores en banda Ku. Foi lanzado para substituír o satélite Bonum 1 o 15 de marzo de 2014 mediante un Proton M.[10]

Ekspress-AT 2

[editar | editar a fonte]

Construído por RSCC, ten unha masa de 1326 kg e leva a bordo 16 transpondedores en banda Ku. Foi lanzado o 15 de marzo de 2014 mediante un Proton M.[11]

Ekspress 80 e Ekspress 103

[editar | editar a fonte]

Construídos tamén por RSCC, foron postos en órbita no mesmo lanzamento o 30 de xullo de 2010. Ekspress 80 ten unha masa de 2119 kg e Ekspress 103 unha de 2280 kg. Ambos usan o bus Ekspress 1000N, utilizan ata 6,3 kW de potencia e levan a bordo 16 transpondedores en banda C e 20 en banda Ku, con Ekspress 80 levando ademais dous transpondedores en banda L e o 103 un. Ekspress 80 foi lanzado para substituír a Ekspress-AM 22 e Ekspress 103 fará o propio con Ekspress-AM 3.[12][13]

Ekspress AMU 3 e 7

[editar | editar a fonte]

Construídos por RSCC pero cunha carga de comunicacións fabricada por Thales Alenia Space, Ekspress AMU 3 e 7 foron lanzados mediante o mesmo foguete Proton M o 13 de decembro de 2021. Utilizan o bus Ekspress-1000 e levan a bordo 16 transpondedores en banda Ku, un en banda L e 20 en banda C.[14]

  1. Mark Wade (2020). "Ekspress" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress 1, 2 (11F639)" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-A 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AM 2, 3" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AM 11" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  6. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AM 1" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AM 33, 44" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  8. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-MD 1,2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  9. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AM 5" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  10. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AT 1" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  11. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AT 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  12. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress 80" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  13. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress 103" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  14. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Ekspress-AMU 3" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]