Eleccións lexislativas de Rusia de 2011
Eleccións lexislativas de Rusia de 2011 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2007 (en) 2016 (pt) → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 4 de decembro de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | State Duma election in Russia (en) e eleccións | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 450 deputado da Duma Estatal ≈ 6th State Duma of the Russian Federation (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O 4 de decembro de 2011 celebráronse as eleccións lexislativas na Federación de Rusia, para asignar os 450 escanos da Duma Estatal, a cámara baixa da Asemblea Federal de Rusia, o poder lexislativo.
Por primeira vez a Duma Estatal terá un mandato de cinco anos.[1] O mandato anterior era de catro anos.
Nas eleccións participaron sete partidos, todos os partidos rexistrados en Rusia até a data das eleccións, que se distribuíron por sorteo na papeleta electoral do seguinte xeito:
- Rusia Xusta
- Partido Liberal-Demócrata de Rusia
- Patriotas de Rusia
- Partido Comunista da Federación Rusa
- Iabloko
- Rusia Unida
- Causa Xusta
Para entrar na Duma os partidos deben superar a barreira do 7% dos votos ou superar o 5% ou 6% que garante un e dous escanos respectivamente.
Resultados
[editar | editar a fonte]Co 99,99% dos votos escrutados Rusia Unida consegue o 49,30% dos votos, o Partido Comunista 19,20%, Rusia Xusta 13,25% e o Partido Liberal-Demócrata o 12,00%. Os demais partidos non conseguen superar a barreira do 7%, nin conseguen o 5%, que lles garantiría un escaño.[2]
Rusia Unida perde a maioría constitucional, que lle permitía aprobar leis constitucionais sen formar coalición con outros partidos.[3]
Iabloko, ao superar o 3% dos votos obtén o dereito ao financiamento estatal (20 rublos por voto) e desfrutará de espazo gratuíto na prensa escrita e a televisión do Estado nas próximas eleccións lexislativas dentro de cinco anos.[4]
Partido | Distribución dos escanos | Votos | % | ± % | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escanos | ± | % | ||||||||
Rusia Unida | 238 | -77 | 52.88% | 32 379 135 | 49.32% | -14.98% | ||||
Partido Comunista | 92 | +35 | 20.46% | 12 599 507 | 19.19% | +7.62% | ||||
Rusia Xusta | 64 | +26 | 14.21% | 8 695 522 | 13.24% | +5.50% | ||||
Partido Liberal-Demócrata | 56 | +16 | 12.45% | 7 664 570 | 11.67% | +3.53% | ||||
Iabloko | 0 | =0 | 0.00% | 2 252 403 | 3.43% | +1.84% | ||||
Patriotas de Rusia | 0 | =0 | 0.00% | 639.119 | 0.97% | +0.08% | ||||
Právoye delo | 0 | =0 | 0.00% | 392.806 | 0.60% | +0.60% | ||||
Total | 450 | 0 | 100.00% | 64 623 062 | 100.00% | |||||
Votos inválidos | 1 033 464 | 1.57% | ||||||||
Rexistrados (participación: 60.10%) | 109 237 780 | |||||||||
Fonte: Comisión Central Electoral Rusa |
Protestas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Protestas en Rusia de 2011-2012.
O 5 de decembro, os opositores ao goberno comezaron a protestar en Moscova, denunciando a Vladimir Putin, o seu goberno e unhas eleccións que consideraban viciadas. Os activistas argumentaron que as eleccións foran unha farsa e pediron que o Primeiro Ministro, Putin, dimitira, mentres que algúns esixían unha revolución. Á súa vez, os simpatizantes do partido gobernante realizaron contramarchas de apoio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rossiyskaya Gazeta, ed. (31 de decembro de 2008). "Закон Российской Федерации о поправке к Конституции Российской Федерации от 30 декабря 2008 года № 6-ФКЗ «Об изменении срока полномочий Президента Российской Федерации и Государственной думы»". Consultado o 19 de novembro de 2012.
- ↑ Предварительные результаты выборов в Госдуму по регионам России
- ↑ Коалиция может понадобиться ЕР для принятия конституционных законов
- ↑ ""Яблоко" получает право на государственное финансирование". Arquivado dende o orixinal o 13/01/2012. Consultado o 19/11/2012.