Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Erik o Roxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErik o Roxo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(non) Eiríkr rauði Þorvaldsson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento950 Editar o valor en Wikidata
Noruega Editar o valor en Wikidata
Morte1003 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Brattalid, Groenlandia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónPaganismo nórdico Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, povoador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeThjodhild Editar o valor en Wikidata
FillosThorvald Eiriksson, Leifr Eiríksson, Freydís Eiríksdóttir Editar o valor en Wikidata
PaiThorvald Asvaldsson Editar o valor en Wikidata
Condenado porhomicidio preterintencional Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Eric the Red)
Nordisk familjebok
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1150295 WikiTree: Thorvaldsson-17 Find a Grave: 8183677 Editar o valor en Wikidata

Erik Thorvaldsson ou Erik o Roxo, nado por volta de 950 na actual Noruega, foi un comerciante, pirata e explorador, así coma un dos máis famosos viquingos da historia. Probabelmente debía o seu nome ao seu cabelo roxo[1]. Fundou o primeiro asentamento viquingo en Groenlandia, no ano 982.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Exiliamento

[editar | editar a fonte]

Erik e seu pai Thorvald Asvaldsson tiveron que abandonar Jaederen (Noruega) por causa dunhas mortes. Así que se dirixiu a Islandia, establecéndose en Drangar, logo de tomar posesión de terras en Hornstrandir,[2][3] xunto coa súa familia e serventes, onde foi reconstruíndo a súa vida até o ano 982 cando, nunha situación moi semellante á do seu pai, se viu implicado noutros asasinatos o que lle volveu custar o exilio. Segundo as Sagas, matou o seu veciño Thorgest por causa dun conflito cunha pa emprestada e a un labrego chamado Valthjof que asasinara a uns escravos seus. Foi entón cando Erik toma a determinación de marchar aínda máis cara ao oeste.

Descubrimentos

[editar | editar a fonte]

Sen poder morar en Noruega ou en Islandia, Erik e algúns seguidores seus decidiron botarse ao mar cara a unha terra nova, da que tan só falaban algúns comerciantes que nalgunhas ocasións se tiñan extraviado, chegando a ver ao lonxe unha costa nova, coma Gunnbjörn Ulfsson, segundo a tradición. E así chegaron a desembarcar en Groenlandia (a terra verde), que Erik bautizou con ese nome para atraer novos colonos. Durante os seus tres anos de desterro percorrérona con ilusión fiorde por fiorde e coa idea de fundaren aló unha nova colonia, Erik volveu para Islandia para buscar novas persoas. O nome da recentemente descuberta terra e as atraíntes palabras do navegante axudáronlle a convencer a moita xente para instalarse aló, especialmente quen buscaban desesperadamente saír da, naquel tempo, superpoboada Islandia e as xentes máis pobres convencidas de que Groenlandia podía ser a súa grande oportunidade. Dese xeito fundaron a cidade de Eystribyggð e a vila de Vestribyggð. Aos poucos foron chegando máis e máis persoas e Groenlandia foi cada vez máis habitada.

O espazo entrámbolos dous establecementos, localizados na costa suroccidental, resultaron ser os únicos onde a labranza era posíbel. No verán, cando o clima era máis temperado, os colonos ían en verdadeiros exércitos cara ao norte, na Baía Disko, sobre o Círculo Polar Ártico, cazar. Dese xeito conseguían carne de foca, cuxa pel era empregada tamén como roupa; e marfil de morsas, narvais ou baleas encalladas na costa se tiñan sorte abondo.

Eystribyggð

[editar | editar a fonte]

Aquí, Erik construíu a Facenda Brattahlíð, preto do presente Narsaruaq, para si mesmo. Erik ostentou o título de "Xefe Principal" de Groenlandia e obtivo grande respecto e riquezas. A tarefa de establecemento involucrou un total de 25 embarcacións, das cales 14 completaron con éxito a travesía e das once restantes algunhas volveron para Escandinavia, mentres que outras desapareceron no océano.

O establecemento floreceu, chegando a albergar até 3.000 habitantes espallados nunha vasta área ao longo dos fiordes contiguos. Continuaban a chegar grupos de xentes que fuxían da fame en Islandia, uníndose aos colonos orixinais. No entanto, uns inmigrantes que chegaron no ano 1000, trouxeron consigo unha epidemia que causou estragos na poboación da illa, matando incluso a Erik. Aínda así, a colonia rexurdiu e sobreviviu até a Pequena Idade de Xeo, que a fixo inviábel para o estilo de vida europeo no século XV. Os ataques dos piratas e o abandono por parte da coroa da Noruega forzaron o declive da poboación.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

O seu fillo, Leif Eriksson, que axudou sempre ao pai, introduciu o cristianismo en Groenlandia, a pesar da forte oposición deste, que era un forte defensor do paganismo viquingo.

Preto do ano 1000, Leif chega a América do Norte á que bautiza como Vinland, por ver alí cepas bravas. Convértese dese xeito, no primeiro europeo en pisar o novo continente.

Erik morreu no mesmo ano no que seu fillo acada tal fazaña, no ano 1000, afectado pola praga que azoutou fortemente á Groenlandia.

  1. Fagan, Brian (2002). The Little Ice Age: How Climate Made History, 1300–1850 (en inglés). Basic Books. p. 10 isbn=0-465-02272-3. 
  2. Casariego Córdoba & Casariego Córdoba 2010, p. 37.
  3. Casariego Córdoba & Casariego Córdoba 2010, p. 64.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Casariego Córdoba, Antón; Casariego Córdoba, Pedro (2010). Saga de los groenlandeses. Saga de Erik el Rojo (en castelán). Ediciones Siruela. ISBN 978-84-9841-404-2.