Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Esciliorrínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esciliorrínidos
(Scyliorhinidae)
Melgachos

Rango fósil: xurásico superior - actualidade[1]

Melgacho (Scyliorhinus canicula)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Squalimorphii
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Scyliorhinidae
T. N. Gill, 1862
Xéneros
  • Véxase texto
Scyliorhinus stellaris.
Galeus melastomus.

A dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae) é unha das máis grandes familias de elasmobranquios, da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), coñecidos vulgarmente como melgachos (en sentido amplo, incluíndo tamén as roxas e as zapatas), xa que conta cunhas 150 especies distribuídas en 17 xéneros.

Viven en augas temperadas e tropicais en mares de todo o mundo, desde a zona intermareal até profundidades de 2 000 m ou máis, dependendo das especies.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os melgachos poden distinguirse doutrois tiburóns de pequeno tamaño polos seus ollos alongados que recordan aos dun gato (por iso en moitos idiomas dáselles o nome de peixes gatos ou outrkis poarecidos) e polas súas dúas pequenas aletas dorsais. A maioría das especies non son particularmente grandes, con lonxitudes de 60 a 70 cm aproximadamente, aínda que unha especie que habita nas augas profundas do mar da China Meridional alcanza os 4 m de longo.

A familia comprende os seguintes 17 xéneros:[3]

  1. Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Scyliorhinidae en FishBase. Versión de xaneiro de 2009. FishBase. Scyliorhinidae Consultada o 22/11/2012.
  2. Froese e Pauly (2009), Op. cit.
  3. Michael, Scott W. (2004): "Sharks at Home". Aquarium Fish Magazine, marzo de 2004, pp. 20–29.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]