Explorer I
Aparencia
(Redirección desde «Explorer 1»)
O Explorer I ou Explorer 1, oficialmente Satellite 1958 Alpha, foi o primeiro satélite artificial posto en órbita terrestre polos Estados Unidos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Lanzouse ás 22:48 horas EST dun 31 de xaneiro de 1958 desde Cabo Canaveral sobre un foguete Juno I como parte do programa norteamericano para o Ano Xeofísico Internacional e como reflexo do lanzamento do Sputnik 1 producido catro meses antes desde o Cosmódromo de Baikonur soviético.
A tecnoloxía do Explorer 1 fora deseñada por un equipo de científicos dirixidos por James Van Allen, e o satélite permitiu descubrir unha rexión de radiación que rodea a Terra e leva o seu nome, cinto de Van Allen.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer I |