Fontibón
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Concello | Bogotá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 33,28 km² | ||||
Altitude | 2.548 m | ||||
Páxina web | fontibon.gov.co |
Fontibón (en muisca: Yntybá)[1][2] é a localidade número nove do Distrito Capital de Bogotá. Atópase no noroeste da cidade. Entre os seus residentes predomina a clase media e media alta, o estrato socioeconómico 3 e 4.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Colonia serviu como tránsito para as recuas de mulas e de viaxeiros entre Santafé de Bogotá e o río Magdalena. Daquela consérvanse, arredor da súa praza central, edificios de estilo español como a igrexa, a casa dos nobres e a casa dos viaxeiros
O até entón concello de Fontibón é anexado en 1954 ó Distrito Especial de Bogotá, no que o seu territorio se estendía até os límites ó norte co que hoxe é o Aeroporto El Dorado, coa Facenda El Salitre de Bogotá polo leste (ó que incorporaría logo), polo sur até o Ferrocarril do Sur e polo oeste, até o sector de Techo, El Humedal El Burro e os límites do actual barrio Tintal (Avenida Manuel Cepeda Vargas), polo cal estes últimos serían cedidos a Kennedy en 1977, ano no que se estabelece como alcaldía menor e a constitución política de 1991 convérteo en localidade de Bogotá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario muisca-español español-muisca Facundo Manuel Saravia 2024-03-18.
- ↑ Diccionario muisca-español español-muisca 2021-05-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fontibón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)