Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Frinxílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fringillidae»)
Frinxílidos

Macho de pimpín común
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Vigors, 1825
Subfamilias e xéneros
Véxase o texto

Os frinxílidos (Fringillidae) son unha familia de aves paseriformes abondosas no hemisferio norte e África.

Adoitan posuír un forte peteiro, xeralmente cónico, que nalgunhas especies pode ser de considerable lonxitude. Posúen un xeito de voar característico, baseado en ondulacións. Adoitan aniñar en árbores, polo que son máis comúns nos bosques.

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia existen 9 especies pertencentes á familia dos frinxílidos, delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 añiña localmente.[1]

Fringillidae
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Fringilla coelebs
Lacépède, 1804
Pimpín común
VU
aprox. 870.000 pp.[2]
Fringilla montifringilla
Lacépède, 1804
Pimpín real
LC
Serinus serinus
Lesson, 1828
Xirín común
VU
aprox. 2 190 000 pp.[2]
Carduelis chloris
Lacépède, 1804
Verderolo común
VU
aprox. 1 134 000.[2]
Carduelis carduelis
Lacépède, 1804
Xílgaro común
LC
Carduelis spinus
Lesson, 1828
Úbalo
VU
Carduelis cannabina
Lacépède, 1804
Liñaceiro común
LC
aprox. 1 180 000 pp.[2]
Loxia curvirostra
Lesson, 1828
Bicotorto común
VU
Pyrrhula pyrrhula
Lesson, 1828
Paporrubio real
VU
aprox. 95.800 pp. (28,3% total España).[2]

Taxonomía e sistemática

[editar | editar a fonte]

A sistemática desta familia é complicada e hai múltiples diverxencias entre as diferentes clasificacións propostas polos expertos.

  1. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Baía Edicións., ed. Guía das aves de Galicia. ISBN 84-87674-06-2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Aves común reprodutoras en España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]