Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Hayne van Ghizeghem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHayne van Ghizeghem
Biografía
Nacemento1445 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Aalst, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte1476 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Actividade
Ocupacióncompositor, laudista, escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEscola de Borgoña Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Riemann's Music Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1771616 Musicbrainz: f8033aa6-bb76-4608-ac43-8bbe8808cad6 Discogs: 1670300 IMSLP: Category:Ghizeghem,_Hayne_van Allmusic: mn0000202421 Editar o valor en Wikidata

Hayne van Ghizeghem, nado arredor de 1445 e finado arredor de 1497, foi un compositor francoflamengo do Renacemento pertencente á escola de Borgoña.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malia chegaren a nós moitas das súas obras, pouco coñecemos acerca da súa vida privada. É probable que nacese en Gijzegem, unha vila belga de Flandres próxima a Gante.

Carlos o Temerario percibiu axiña o seu talento e púxolle un profesor de música persoal, e xa en 1467 pasou a ser un dos cantantes da corte do Ducado de Borgoña. Ademais, foi nomeado, xunto con Adrien Basin e Antoine Busnois, mestre de coro e cabaleiro de cámara do duque Carlos

Ademais de ser cantante e compositor, foi contratado tamén como soldado, e como tal interveu na campaña contra Liexa, dirixida por Carlos o Temerario, e no asedio de Beauvais, en 1472, onde Carlos foi empurrado en retirada polas tropas francesas do rei Lois XI. Algúns investigadores sosteñen a hipótese de que Hayne van Ghizeghem morrese durante esta batalla, aínda que recentes investigacións sobre as súas composicións musicais indican que algunhas delas foron escritas despois de 1472, especialmente porque amosan unha notable evolución estilística con respecto ás compostas antes desa data.

Hayne van Ghizeghem é coñecido polas súas cancións e os seus rondós. Entre estas obras, Allez regrets e De tous biens pleine aparecen reproducidas en moitos pergamiños espallados por toda Europa antes da invención da imprenta, o que dá conta da súa popultaridade. Case todas as súas obras son para tres voces: son simples, claras e melódicas, co estilo típico da escola borgoñoa.

Obras de Hayne van Ghizeghem
  • A l’audience.
  • Allez, regrets.
  • Amours, amours.
  • Ce n’est pas jeu.
  • De quatre nuyts.
  • De tous biens plaine.[2]
  • De vous aymer.
  • Gentilz gallans.
  • Je sçay tout.
  • La Regretée.
  • Les grans regrets.
  • Mon souvenir.
  • Penser en vous.
  • Plus n’en auray.
  • Pour ce que j’ay jouy.
  • Si une fois puis recouvrir.
Obras de atribución dubidosa
  • Chi ditque on benedicite (probablemente de Antoine Busnois).
  • De vous servir (probablemente de Jehan Fresneau).
  • D'ung aultre amer (perdido).
  • Elle en est (atribuído a el só por razóns estilísticas).
  • J'ai bien choisi (probablemente de Antoine Busnois).
  • Je suis venu (probablemente de Antoine Busnois).
  • Se je vous eslonge (virelai, probablemente de Alexander Agricola).
  1. "Hayne van Ghizeghem". En Allan W. Atlas. La música del Renacimiento. Akal Música. Madrid, 2002. Páxina 226. [ISBN 84-460-1208-1]
  2. Escoite aquí unha gravación desta composición.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Reese, Gustave. Music in the Renaissance. W. W. Norton & Co. Nova York, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
  • Louise Litterick. "Hayne van Ghizeghem". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Macmillan Publishers Ltd. Londres, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]