J. K. Simmons
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jonathan Kimble Simmons 9 de xaneiro de 1955 (69 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Estadounidense |
Educación | Universidade de Montana (pt) Universidade Estatal de Ohio Thomas Worthington High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, actor de xénero, actor de dobraxe, actor |
Período de actividade | 1986 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Michelle Schumacher (1996–) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Jonathan Kimble Simmons, nado en Detroit (Míchigan) o 9 de xaneiro de 1955, é un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa nai Patricia Kimble era administrativa e o seu pai, Donald William Simmons, profesor.[1][2] Ten un irmán, David, cantante e escritor, e unha irmá, Elizabeth. Asistiu á Universidade de Montana e foi membro do teatro Seattle Repertory Theatre.[3]
Antes da súa carreira no cinema e na televisión, Simmons foi actor e cantante de Broadway, actuando nas obras Guys and Dolls e Carousel. É coñecido polo seu papel do doutor Emil Skoda, un policía especializado en psiquiatría na serie Law & Order e como o sádico prisioneiro Vernon Schillinger no drama carcerario da HBO Oz.
Foi eloxiado pola súa interpretación de Mac McGuff, pai de Juno, no filme dese título. Interpretou tamén o obsesivo e egocéntrico editor de xornal J. Jonah Jameson nos tres filmes da serie de Spider-Man.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FilmReference.com (ed.). "J. K. Simmons Biography".
- ↑ rootsweb (ed.). "Jonathan Kimble (“J. K.”) Simmons". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ Yahoo! Movies (ed.). "J. K. Simmons Biography".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. K. Simmons |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J. K. Simmons na IMDb (en inglés).