Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Jerry West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJerry West

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jerome Alan West Editar o valor en Wikidata
28 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Chelyan, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 2024 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónWest Virginia University (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo44 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1957–1960 West Virginia Mountaineers men's basketball
1960–1957 West Virginia Mountaineers men's basketball (Base, Escolta)
1960–1974 Los Angeles Lakers (Base, Escolta)
Participou en
1960Xogos Olímpicos de 1960
1959Jogos Pan-Americanos de 1959 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJonnie West Editar o valor en Wikidata
ParentesMichelle Wie West, nora Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0992320 Musicbrainz: 3330d5d9-b366-41cd-afa5-ded0d07f924a WikiTree: West-26480 Editar o valor en Wikidata

Jerome "Jerry" Alan West, nado en Chelyan (Virxinia Occidental) o 28 de maio de 1938 e finado nos Ánxeles o 12 de xuño de 2024, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que destacou nas décadas de 1960 e 1970 en Los Angeles Lakers. Logrou grandes éxitos, ademais, como adestrador e como executivo na NBA. Foi incluído no Salón da Fama en 1980, e a súa silueta foi a elixida para dar forma ao logotipo da NBA.[1]

West liderou á Universidade de West Virginia ao campionato da NCAA en 1959, sendo nomeado MVP da final, antes de xogar durante catorce tempadas nos Lakers, gañando un campionato da NBA en 1972. Xunto con Oscar Robertson gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Roma de 1960.[2] Os seus alcumes eran "Mr. Clutch", pola súa habilidade e destreza nos momentos finais dos partidos, e "Zeke from Cabin Creek", dado polo seu compañeiro Elgin Baylor.[3]


Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Cheylan, Virxinia Occidental, era fillo de Howard Stewart, un electricista de mina de carbón que non podía permitirse moitos luxos e non tiña tempo para xogar demasiado cos seus fillos, e de Cecil Sue West, ama de casa.[4] O seu irmán David morreu na Guerra de Corea cando Jerry tiña doce anos. De pequeno, o mozo Jerry divertíase cun aro de baloncesto fóra da casa dun veciño. Tal era a súa paixón que na primavera chuviosa xogaba con barro, e en inverno facíao levando luvas. Practicaba tiros ata que os seus dedos sangraban, e despois dos seus adestramentos persoais escoitaba partidos de baloncesto dos West Virginia Mountaineers na radio.[2] West mergullouse completamente na práctica, incluso descoidando o comer en ocasións, polo que a súa nai o azoutaba cando chegaba tarde á cea. Adelgazou tanto que tivo que recibir inxeccións de vitaminas.[2] Os seus adestramentos deron resultado, xa que West foi ao instituto de East Bank dende 1952 até 1956. Durante o verán de 1955 deu un importante estirón, crecendo máis aló de 1,80 metros. Foi nomeado All-State dende 1953 até 1956, e All-American en 1956, cando foi elixido Xogador do Ano de West Virginia, tras converterse no primeiro xogador de instituto en anotar máis de 900 puntos nunha tempada (32,2 puntos por partido en 1956). Tamén liderou a East Bank ao campionato estatal aquel ano. Na súa honra, a escola cambiou de nome durante unha semana, pasando a denominarse West Bank.[4]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Máis de sesenta universidades interesáronse en contar cos seus servizos,[3] pero finalmente acabou defendendo as cores da Universidade de West Virginia entre 1956 e 1960, coa que tivo unha media de 24,8 puntos e 13,3 rebotes.[5]

Tempada sophomore

[editar | editar a fonte]

En 1958, West irrompeu na escena nacional como sophomore (xogador de segundo ano) ao ter unha media de 17,8 puntos por partido e 11,1 rebotes. Foi titular os 28 partidos da tempada, cun 49,6% en tiros de campo e 73,2% en tiros libres. Esa tempada, West foi elixido no segundo e terceiro equipo do All-American e no primeiro da Southern Conference.[3] Tamén foi nomeado MVP do Torneo da Southern Conference. West anotou 37 puntos, marca persoal da tempada, ante Villanova Wildcats, ademais de capturar trece rebotes. Os Mountaineers conseguiron un balance de 26 vitorias e 2 derrotas, finalizando a tempada cunha derrota por 89-84 ante Manhattan College no torneo de postemporada. West foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia e do torneo da súa conferencia ao final da campaña.[6]

Tempada júnior

[editar | editar a fonte]

Na seguinte tempada, a júnior (terceira) para West, consolidouse como un dos mellores tiradores da historia de West Virginia. Mentres que foi nomeado All-American, Xogador e Atleta do Ano na Southern Conference, e MVP do Torneo da Southern Conference por segundo ano consecutivo, West obtivo 26,6 puntos por partido nos 34 partidos, todos eles como titular. Xunto con 86 asistencias na tempada, tivo unha media de 12,3 rebotes por encontro. Ademais diso, tivo un 51,8% en tiros de campo, marca particular, mais un 69,7% en tiros libres, a porcentaxe máis baixa da súa carreira. O mellor partido da tempada de West foi ante Tennessee Volunteers, anotando 44 puntos (marca persoal) e capturando 12 rebotes. Os seus 31 rebotes ante George Washington Colonials a final de tempada é o mellor rexistro reboteador de West na súa carreira.[6] Aquela tempada os Mountaineers asinaron un balance de 29-5. Os 903 puntos de West naquela tempada foron unha marca na historia de West Virginia, até que o mesmo xogador a bateu na seguinte campaña. Con todo, os seus 340 tiros de campo anotados seguen a ser unha marca aínda vixente. Conseguiron chegar á Final da NCAA, onde caeron por un único punto, 71-70, ante a Universidade de California, sendo elixido o mellor xogador da Final Four tras conseguir 28 puntos e 11 rebotes na final.[3]

Tempada sénior

[editar | editar a fonte]

Na súa última tempada universitaria, en 1960, West realizou as mellores actuacións da súa carreira. Tivo unha media 29,3 puntos, superando a súa marca da tempada anterior, xunto con outros novos rexistros persoais, 134 asistencias, 16,5 rebotes por partido e 76,6% en tiros libres. Ademais diso, lanzou cun 50,4% en tiros de campo. West foi de novo All-American e elixido no mellor quinteto da Southern Conference, Xogador e Atleta do Ano da conferencia e MVP do torneo da mesma (por terceira campaña consecutiva). A mellor actuación de West na tempada foron os 40 puntos e 16 rebotes ante Virginia Cavaliers. Os 908 puntos anotados por West é a mellor marca anotadora dun xogador dos Mountaineer mentres que os seus 510 rebotes na tempada, os seus 30 dobres-dobres e os seus 15 partidos con 30 puntos ou máis, son outras marcas de universidade.[7]

Na súa carreira universitaria, West anotou un total de 2.309 puntos e capturou 1.240 rebotes, cunha media de 24,8 e 13,3 por partido respectivamente.[8] West actualmente posúe as marcas universitarias de máis puntos anotados, máis puntos por partido, máis tiros de campo anotados (843), máis tiros libres anotados (623), máis tiros libres tentados (851), máis rebotes, máis dobres-dobres (70), máis partidos de 20 puntos ou máis (64), e máis partidos de 30 puntos ou máis. Tamén está na segunda posición en canto a máis tiros de campo tentados nunha carreira (1.660), en rebotes por partido (13,3) e en máis partidos con 10 ou máis puntos (89).[9] Ademais, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Roma 1960, liderando o seu equipo xunto a The Big O, Oscar Robertson,[3] e nos Xogos Panamericanos de 1959.[10]

Estatísticas
[editar | editar a fonte]

Estatísticas de JERRY WEST (NCAA)

Tempada Idade Equipo Liga P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROB TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1957-58 19 West Virginia NCAA 28 799 178 359 142 194 311 41 498 .496 .732 28.5 17.8 11.1 1.5
1958-59 20 West Virginia NCAA 34 1210 340 656 223 320 419 86 903 .518 .697 35.6 26.6 12.3 2.5
1959-60 21 West Virginia NCAA 31 1129 325 645 258 337 510 134 908 .504 .766 36.4 29.3 16.5 4.3
TOTAIS NCAA 93 3138 843 1660 623 851 1240 261 2309 .508 .732 33.7 24.8 13.3 2.8

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1960 por Los Angeles Lakers, converténdose na primeira elección dos Lakers desde o seu movemento aos Ánxeles. No equipo coincidiu con Hot Rod Hundley, ex xogador e lenda dos Mountaineers, e con Elgin Baylor a maior parte da súa carreira. Na súa primeira tempada na liga, as súas medias foron de 17,6 puntos, 7,7 rebotes e 4,2 asistencias por partido, sendo elixido para xogar o NBA All-Star Game por primeira vez nas 13 aparicións na súa carreira. Os Lakers terminaron a tempada cun balance de 36-43 con Baylor liderando o equipo en anotación con 35 puntos por partido e chegando até Finais de División onde caeron por 4-3 ante St. Louis Hawks.[2]

Na tempada 61-62 fíxose xa coas rendas do equipo, acabando a tempada regular con 30,8 puntos, 7,9 rebotes e 5,4 asistencias, sendo incluído por primeira vez no Mellor quinteto da NBA, e participando na súa segundo All-Star. Chegaron ás Finais, caendo por 4-3 ante Boston Celtics.[11]

Brillando nas Finais (1965-1969)

[editar | editar a fonte]

West foi un xogador que especialmente brillou nos partidos transcendentais, aínda que moitas das veces o seu equipo non estivese á altura. Nos Playoffs de 1965 tivo unha media de 40,2 puntos por partido,[12] mentres que nas finais ante os Celtics a devandita cifra subiu até os 46,3, a mellor media anotadora dun xogador nunhas Finais da NBA da historia. Cando se volveron a atopar en 1969, West foi elixido como MVP das Finais, sendo o único xogador na historia en gañar o galardón formando parte do equipo perdedor das mesmas.[2] Nunha entrevista concedida a NBA.com con ocasión do 50 aniversario da liga, dixo:

Penso que deberiamos gañar no 69. Coido que tiñamos o mellor equipo. Esta é unha das cousas que che deixan cicatrices emocionais[13]

West tivo unha media de 29,1 puntos por partido en 153 encontros de playoffs. A pesar diso, a traxectoria dos Lakers durante a década dos 60 pódese cualificar de frustrante. Entre 1962 e 1970 chegaron en seis ocasións ás finais, perdendo todas elas (cinco ante os Celtics e unha ante os Knicks). Na metade delas chegouse ao sétimo e definitivo encontro, e en dúas delas ante Boston perderon por unha única canastra.[13]

Ao fin campións

[editar | editar a fonte]

Conseguiu unha media de máis de 30 puntos por partido en catro tempadas diferentes, liderando a liga en anotación na 1969-70.[2] Un dos momentos máis memorables daquela campaña chegou nas Finais da NBA ante New York Knicks. No terceiro partido, West anotou unha canastra sobre a bucina dende máis de 18 metros para mandar o encontro á prórroga.[14] A pesar diso, os Knicks gañaron o partido e o campionato. Xa que por entón non existía a tripla, a canastra de West contabilizou dous puntos, polo que hoxe en día tería valido aos Lakers para gañar o partido.[15] Durante a 1971-72, West liderou a NBA en asistencias, promediando 9,7 por noite. A pesar de que a NBA non comezou a contabilizar os roubos de balón até o final da carreira profesional de West, converteuse, á idade de 35 anos, no primeiro xogador en conseguir 10 roubos nun partido, sendo aínda unha marca de franquía.

West disputou nove Finais da NBA, perdendo oito delas (seis ante os Celtics e dúas ante os Knicks), e gañando o título en 1972, con 33 anos. Aquel ano, os Lakers gañaron 33 partidos consecutivos baixo o liderado do novo adestrador Bill Sharman, establecendo unha marca na historia do deporte moderno norteamericano.[2] Os Lakers chegaron a metade de tempada cunha marca de 39-3, e finalizaron a campaña cun 69-13, o mellor balance na historia da NBA ata que Chicago Bulls o superou na 1995-96 con 72 vitorias e 10 derrotas.[3] A pesar dos seus problemas físicos, West asinou 25,8 puntos por noite e liderou a liga en asistencias. En playoffs, eliminou os Bulls en catro partidos e a Milwaukee Bucks en seis, para posteriormente gañar o campionato ante os Knicks por 4-1. En total, os Lakers terminaron o ano cunha marca de 81 vitorias e 16 derrotas.[2] West retirouse dous anos máis tarde, liderando aos Lakers a outro título da División Pacífico na tempada 1973-74 e xogando soamente 31 partidos en todo o ano por culpa de vez na íngua.[16] Na primeira campaña tras o seu retiro, os Lakers notaron a baixa de West, finalizando cun balance negativo de 30-52 e quedando fóra de playoffs.[17]

Galardóns e premios

[editar | editar a fonte]
A camiseta de West, retirada polos Lakers.

West retirouse anotando 25.192 puntos (por entón terceiro na historia por detrás de Wilt Chamberlain e Oscar Robertson) cunha media de 27 por partido (o cuarto mellor na historia da NBA soamente superado por Michael Jordan, Wilt Chamberlain e Elgin Baylor),[2] 7.160 tiros libres e 6.238 asistencias (6,7 por noite) en 932 partidos. Os seus 31,2 puntos por partido con 31 anos na 1969-70 é a maior media anotadora dun xogador por encima dos 30 anos. Só Jordan ten mellor media anotadora en playoffs que West, e só Abdul-Jabbar o supera en puntos totais en postemporada.[2] Durante a súa carreira, West foi elixido no mellor quinteto defensivo da liga en catro ocasións (dado que comezou a existir na súa novena tempada na liga), no mellor quinteto da liga 10 veces, e xogou o NBA All-Star Game outras 13 veces, sendo nomeado o MVP do partido en 1972. Ademais, West é o único xogador na historia en ser nomeado MVP das Finais da NBA aínda perdendo, en 1969 ante Boston Celtics, o primeiro ano de existencia do trofeo. En 1980, foi elixido no mellor equipo do 35º aniversario da NBA e en 1996 entre os 50 mellores xogadores da historia da liga.[18]

Estatísticas na NBA

[editar | editar a fonte]
Liga regular
[editar | editar a fonte]

Estatísticas de JERRY WEST (Liga Regular)

Tempada Idade Equipo Liga P TIT MIN TC TCA %TC 3P 3PA %3P TL TLA %TL R.OF. R.DEF. REB ASIS ROB TAP PER FP PTS
1960-61 22 L.A. Lakers NBA 79 35.4 6.7 16.0 .419 4.2 6.3 .666 7.7 4.2 2.7 17.6
1961-62 23 L.A. Lakers NBA 75 41.2 10.7 23.9 .445 9.5 12.3 .769 7.9 5.4 2.3 30.8
1962-63 24 L.A. Lakers NBA 55 39.3 10.2 22.1 .461 6.7 8.7 .778 7.0 5.6 2.7 27.1
1963-64 25 L.A. Lakers NBA 72 40.4 10.3 21.2 .484 8.1 9.8 .832 6.0 5.6 2.8 28.7
1964-65 26 L.A. Lakers NBA 74 41.4 11.1 22.4 .497 8.8 10.7 .821 6.0 4.9 3.0 31.0
1965-66 27 L.A. Lakers NBA 79 40.7 10.4 21.9 .473 10.6 12.4 .860 7.1 6.1 3.1 31.3
1966-67 28 L.A. Lakers NBA 66 40.5 9.8 21.0 .464 9.1 10.4 .878 5.9 6.8 2.4 28.7
1967-68 29 L.A. Lakers NBA 51 37.6 9.3 18.2 .514 7.7 9.5 .811 5.8 6.1 3.0 26.3
1968-69 30 L.A. Lakers NBA 61 39.2 8.9 19.0 .471 8.0 9.8 .821 4.3 6.9 2.6 25.9
1969-70 31 L.A. Lakers NBA 74 42.0 11.2 22.6 .497 8.7 10.6 .824 4.6 7.5 2.2 31.2
1970-71 32 L.A. Lakers NBA 69 41.2 9.7 19.6 .494 7.6 9.1 .832 4.6 9.5 2.6 26.9
1971-72 33 L.A. Lakers NBA 77 38.6 9.5 20.0 .477 6.7 8.2 .814 4.2 9.7 2.7 25.8
1972-73 34 L.A. Lakers NBA 69 35.7 9.0 18.7 .479 4.9 6.1 .805 4.2 8.8 2.0 22.8
1973-74 35 L.A. Lakers NBA 31 31.2 7.5 16.7 .447 5.3 6.4 .833 1.0 2.8 3.7 6.6 2.6 0.7 2.6 20.3
TOTAIS NBA 932 39.2 9.7 20.4 .474 7.7 9.4 .814 1.0 2.8 5.8 6.7 2.6 0.7 2.6 27.0

Estatísticas de JERRY WEST (Playoffs)

Tempada Idade Equipo Liga P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROB TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1960-61 22 L.A. Lakers NBA 12 461 99 202 77 106 104 66 39 275 .490 .726 38.4 22.9 8.7 5.5
1961-62 23 L.A. Lakers NBA 13 557 144 310 121 150 88 57 38 409 .465 .807 42.8 31.5 6.8 4.4
1962-63 24 L.A. Lakers NBA 13 538 144 286 74 100 106 61 34 362 .503 .740 41.4 27.8 8.2 4.7
1963-64 25 L.A. Lakers NBA 5 206 57 115 42 53 36 17 20 156 .496 .792 41.2 31.2 7.2 3.4
1964-65 26 L.A. Lakers NBA 11 470 155 351 137 154 63 58 37 447 .442 .890 42.7 40.6 5.7 5.3
1965-66 27 L.A. Lakers NBA 14 619 185 357 109 125 88 79 40 479 .518 .872 44.2 34.2 6.3 5.6
1966-67 28 L.A. Lakers NBA 1 1 0 0 0 0 1 0 0 0 1.0 0.0 1.0 0.0
1967-68 29 L.A. Lakers NBA 15 622 165 313 132 169 81 82 47 462 .527 .781 41.5 30.8 5.4 5.5
1968-69 30 L.A. Lakers NBA 18 757 196 423 164 204 71 135 52 556 .463 .804 42.1 30.9 3.9 7.5
1969-70 31 L.A. Lakers NBA 18 830 196 418 170 212 66 151 55 562 .469 .802 46.1 31.2 3.7 8.4
1971-72 33 L.A. Lakers NBA 15 608 128 340 88 106 73 134 39 344 .376 .830 40.5 22.9 4.9 8.9
1972-73 34 L.A. Lakers NBA 17 638 151 336 99 127 76 132 49 401 .449 .780 37.5 23.6 4.5 7.8
1973-74 35 L.A. Lakers NBA 1 14 2 9 0 0 0 2 1 0 0 1 4 .222 14.0 4.0 2.0 1.0
TOTAIS NBA 153 6321 1622 3460 1213 1506 0 855 973 0 0 451 4457 .469 .805 41.3 29.1 5.6 6.4

Carreira de adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras dúas tempadas sen visitar os playoffs, os Lakers ficharon a West como adestrador na 1976-77. Coa recente adquisición do pivote Kareem Abdul-Jabbar procedente de Milwaukee Bucks, West foi capaz de dar un xiro radical á franquía e liderala ao título de División Pacífico. Con todo, os Lakers foron incapaces de bateren os Portland Trail Blazers de Bill Walton nas Finais de Conferencia. West adestrou o equipo durante dúas tempadas máis, chegando a playoffs en ambas, antes de cambiarse aos despachos. Durante as súas tres tempadas gañou 145 partidos, perdendo 101, clasificando o seu equipo en tres tempadas para os playoffs.[3]

Despois de gañar o anel en 1980, os Lakers perderon en primeira rolda de playoffs ante Houston Rockets so o mando do adestrador Paul Westhead. Westhead foi culpado polo frouxo inicio de campionato do equipo na tempada seguinte, polo que foi despedido polo propietario Jerry Buss.[19] Trala negativa de West a regresar aos bancos, Pat Riley (por entón asistente do adestrador) aceptou o posto de adestrador pero só se West sentaba con el durante uns partidos até que se sentise cómodo. Trala mellora de Riley e dos Lakers, West regresou aos despachos.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Estatísticas de JERRY WEST (Adestrador)

Tempada Idade Liga Equipo P PG PP %G-P Posición P P.Off G P.Off P P.Off %G-P P.Off
1976-77 38 NBA Los Angeles Lakers 82 53 29 .646 1 11 4 7 .364
1977-78 39 NBA Los Angeles Lakers 82 45 37 .549 4 3 1 2 .333
1978-79 40 NBA Los Angeles Lakers 82 47 35 .573 3 8 3 5 .375
TOTAIS NBA 246 145 101 .589 22 8 14 .364

Preparador xeral

[editar | editar a fonte]

En 1982, West foi nomeado preparador xeral dos Lakers, e a través de intelixentes eleccións de draft e de traspasos, mantivo ao equipo na elite da liga polo resto da década. Eses equipos foron construídos ao redor de Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar e James Worthy, gañando catro campionatos en 1982, 1985, 1987 e 1988, e converténdose no primeiro equipo en conseguir un back-to-back (dous títulos consecutivos) dende que os Celtics o fixeran en 1968 e 1969. Tras un baixón a principios dos 90, West foi nomeado vicepresidente executivo dos Lakers en 1995,[20] sendo elixido ese mesmo ano Mellor Executivo do Ano ao levar o equipo aos playoffs cun equipo construído ao redor de Nick Van Exel, Eddie Jones, Cedric Ceballos e Vlade Divac. Astutamente, West conseguiu os dereitos do novato Kobe Bryant, elixido por Charlotte Hornets no Draft da NBA de 1996, a cambio do pivote Divac, e fichou como axente libre a Shaquille O'Neal, o que lle valería para gañar tres campionatos consecutivos.[2] No ano 2000, e debido a unhas doenzas cardíacas causadas pola tensión, decidiu abandonar o cargo.[20]

Tras dous anos de descanso, en 2002 foi contratado por Memphis Grizzlies como Presidente de Operacións de Baloncesto.[21] Malia que por entón era o peor equipo da liga, West axiña o reconstruíu. Dous anos despois, os Grizzlies gañaron 50 partidos por primeira vez na súa historia,[22] e West foi nomeado por segunda vez na súa carreira Executivo do Ano. Os Grizzlies alcanzaron os playoffs durante tres anos consecutivos, desde 2004 até 2006, aínda que non gañaron ningún partido. En 2007, o equipo esborrallouse de novo e volveu ser o peor equipo da liga,[23] anunciando West que se retiraría ao final da tempada e[24] vendendo a súa casa de Memphis á compañía Hoops LP de Michael Heisley por 3,7 millóns de dólares.[25]

O 27 de maio de 2007, o reporteiro de ESPN Ric Bucher informaba dunha historia na que Kobe Bryant expresaba un ultimato aos Lakers no que se vía relacionado West. Supostamente, Bryant esixía aos Lakers que West regresase aos despachos da franquía, dándolle "autoridade completa" ou pola contra pedía ser traspasado. Horas máis tarde, Kobe negou a historia. O xogador dixo que non uniu o seu futuro nos Lakers con West, como ESPN anunciou, e que non pediu ser traspasado.[26][27] West tamén foi responsable da reconciliación entre O'Neal e Bryant.

  1. Jerry West
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Jerry West Biography
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 The also-ran was a champion
  4. 4,0 4,1 Jerry West - Born In Cheylan, West Virginia
  5. Ficha de West en TDR
  6. 6,0 6,1 "Jerry West Stats". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  7. "Hall of Fame feature. Jerry A. West". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  8. "Jerry West. Academy of Distinguished Alumni". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  9. "WVM Record Book" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  10. "Jerry West - Num 44 - Pos: Forward - Retired". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  11. "1961-62 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  12. "1964-65 Los Angeles Lakers". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  13. 13,0 13,1 Jerry West - Shines In Playoffs
  14. Jerry West's 60 footer Complete play Game 3 1970 NBA Finals
  15. "Photo Gallery - Memorable Moments of the NBA Finals". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  16. "1973-74 Los Angeles Lakers". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  17. "1974-75 Los Angeles Lakers". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  18. "The NBA's 50 Greatest Players". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  19. Paul Westhead: a eterna procura da velocidade
  20. 20,0 20,1 Jerry West - Named Executive Vice President
  21. West ficha polos Grizzlies como Presidente de Operacións de Baloncesto
  22. "2003-04 Memphis Grizzlies". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  23. "2006-07 Memphis Grizzlies". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  24. West abandonará os Grizzlies a final de tempada
  25. "The Times West Virginian - Jerry West vende a súa casa de Memphis". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  26. "Kobe: Ou volve West ou traspásanme". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  27. ESPN - Kobe quere o regreso de West con autoridade completa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]