KS Flamurtari Vlorë
KS Flamurtari | |||
---|---|---|---|
Nome | Klubi Sportiv Flamurtari Vlorë | ||
Alcume(s) | Flota Kuqezi Kuqezinjte | ||
Fundación | 1924 | ||
Estadio | Estadio Flamurtari Vlorë | ||
Capacidade | 8.500 persoas | ||
Adestrador | Ernest Gjoka | ||
Liga | Kategoria Superiore | ||
2018/19 | 5º | ||
Na rede | |||
http://www.flamurtari.altervista.org/ | |||
| |||
O KS Flamurtari Vlorë é un club de fútbol albanés da cidade de Vlorë. Na actualidade xoga na Kategoria Superiore, a Primeira División de Albania. Xoga coma local no Estadio Flamurtari e as cores do seu equipamento son o vermello e o negro. Mantén unha rivalidade histórica co KF Skënderbeu Korçë e co KF Tirana.
O Club fundouse en 1925, sendo un dos máis antigos do fútbol albanés. É o club albanés máis coñecido internacionalmente trala súa participación na edición da Copa da UEFA 1987/88, na que chegou a oitavos de final tras gañar a equipos coma o Partizan Belgrado ou o FC Barcelona, porén sería eliminado polo equipo catalán. Esta sería a mellor participación dun equipo albanés en competición europea.
Foi un dos equipo fundadores da Primeira división albanesa no ano 1930. O seu primeiro título foi a Copa de 1985, o que lle permitiu participar por primeira vez en competición europea, na Recopa de Europa da tempada 1985/86.
Evolución histórica do seu nome
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1924 coma SK Jeronim Vlorë, porén o nome sufriu constantes cambios ao longo da súa historia.
- Sportklub Vlöre: Dende 1924 a 1934.
- Ismail Qemali Vlorë: Dende 1935a 1945.
- Flamurtari Vlorë: Dende 1946 a 1948.
- Vlora: Dende 1949 a 1950.
- Puna Vlorë: Dende 1951 a 1957.
- Flamurtari Vlorë: Dende 1958 ata a actualidade.
Participacións en competición europea
[editar | editar a fonte]Season | Competition | Round | Club | Home | Away | |
---|---|---|---|---|---|---|
1985–86 | Recopa de Europa | 1R | HJK Helsinki | 1–2 | 2–3 | |
1986–87 | Copa da UEFA | 1R | FC Barcelona | 1–1 | 0–0 | |
1987–88 | Copa da UEFA | 1R | FK Partizan Belgrado | 2–0 | 1–2 | |
2R | Wismut Aue | 2–0 | 0–1 | |||
1/16 | FC Barcelona | 1–0 | 1–4 | |||
1988–89 | Recopa de Europa | 1R | Lech Poznań | 2–3 | 0–1 | |
1990–91 | Recopa de Europa | 1R | Olympiakos FC | 0–2 | 1–3 | |
1991–92 | Liga de Campións da UEFA | 1R | IFK Göteborg | 1–1 | 0–0 | |
1996–97 | Recopa de Europa | QR | Humenné | 0–2 | 0–1 | |
2009–10 | UEFA Europa League | 2QR | Motherwell | 1–0 | 1–8 | |
2011–12 | UEFA Europa League | 1QR | FK Budućnost | 1–2 | 3–1 | |
2QR | FK Jablonec 97 | 0–2 | 1–5 | |||
2012–13 | UEFA Europa League | 1QR | Budapest Honvéd FC | 0–1 | 0–2 |
- QR = Rolda previa
- 1R = 1ª Rolda
- 2R = 2ª Rolda
- 3R = 3ª Rolda
Equipo
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Klubi Sportiv Flamurtari Vlorë
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Primeira división de Albania (1): 1991.
- Copa de Albania (3): 1985, 1988 e 2009.
- Supercopa de Albania (2): 1990 e 1991.
- Copa Spartak (1): 1954.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Flamurtari na páxina da UEFA (en inglés)
- Palmarés Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Equipo