K'akheti
კახეთის მხარე (ka) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xeorxia | ||||
Capital | Telavi | ||||
Contén a división administrativa | Akhmeta municipality (en) Dedoplis Tsqaro Municipality (en) Gurjaani Municipality (en) Lagodekhi Municipality (en) Qvareli Municipality (en) Sagarejo Municipality (en) Signagi Municipality (en) Telavi Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 318.583 (2014) (28,17 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua xeorxiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11.309,5 km² | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Giorgi Aladashvili (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GE-KA | ||||
Páxina web | kakheti.gov.ge |
K'akheti (en xeorxiano: კახეთი) é unha rexión (en xeorxiano: Mkhare; მხარე) formada nos anos 1990 de Xeorxia da provincia histórica de K’akheti e a pequena e montañosa provincia de Tusheti. Telavi é a capital. A rexión comprende oito distritos administrativos: Telavi, Gurjaani, Kvareli, Sagarejo, Dedoplistsqaro, Signagi, Lagodekhi e Akhmeta. K’akheti fai fronteira polo norte e este con Rusia (Chechenia e o Daguestán), polo sueste con Acerbaixán e coas rexións de Mtskheta-Mtianeti e Kvemo Kartli polo oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]K'akheti foi un principado feudal independente de finais do século VIII. Foi incorporado ó Reino Unido de Xeorxia a principios do século XI. Após a desintegración do Reino de Xeorxia, K'akheti converteuse nun reino independente na décado de 1460. En 1762, o reino de K'akheti uniuse co vecino reino xeorxiano de Kartli. Ambos reinos foron debilitados polas frecuentes invasións e en 1801 o Reino de Kartli - K'akheti foi anexada ao Imperio ruso. En 1918-1921 K'akheti era parte da independente República Democrática de Xeorxia e dende 1922 ata 1991 parte da Unión Soviética dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia sen ser unha entidade política administrativa. Dende a independencia de Xeorxia en 1991, K'akheti é unha rexión na república de Xeorxia e Telavi segue sendo a súa capital.