Kurt Lewin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1890 Mogilno, Polonia (pt) |
Morte | 12 de febreiro de 1947 (56 anos) Newtonville, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Múnic Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade Humboldt de Berlín |
Director de tese | Carl Stumpf e Alois Riehl |
Actividade | |
Campo de traballo | Psicoloxía |
Ocupación | psicólogo, profesor universitario, economista |
Empregador | Universidade Cornell Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade Duke Universidade Humboldt de Berlín |
Alumnos | Beatrice Wright (pt) |
Influencias | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Bliuma Zeigárnik, Leon Festinger, Beatrice Wright (pt) , Dorwin Cartwright (en) , Ronald Lippitt e John Thibaut (pt) |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Lewin, Kurt, 1890-1947, Pedagogues and Psychologists of the World (en) , |
Kurt Lewin (|ləˈviːn|), nado en Mogilno (Imperio Alemán) o 9 de setembro de 1890 e finado en Newtonville (Massachusetts) o 12 de febreiro de 1947, foi un psicólogo alemán-estadounidense, coñecido como un dos pioneiros da psicoloxía social, indeustrial e organizativa e aplicada nos Estados Unidos.[1] Exiliado do seu país, Lewin construíuse unha nova vida, en que se definiu a el mesmo e as súas achegas con tres lentes de análise: investigación aplicada, ivnestigación de acción e comunicación de grupos foron as súas principais proposicións ao campo da comunicación.
Lewin é recoñecido habitualmente como o "fundador da psicoloxía social" e un dos primeiros que estudou as dinámicas de grupos e o desenvolvemento organizativo. Un estudo da Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Lewin como o 18.º psicólogo máis citado do século XX.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lewin naceu en 1890, fillo de Recha Engel, que morreu nun campo de concentración en 1944. Tivo unha irmá (Hertha Putzrath) e dous irmáns (Egon e Fritz). Lewin recibiu unha educación xudía ortodoxa na casa,[3] como membro dunha familia pertencente á burguesía rural de Poznan. O seu pai, Leopold, posuía unha granxa xunto co seu irman Max e a familia tiña unha pequena tenda de mercadorías en xeral no andar térreo do seu fogar, que deixaron en 1905 para mudarse a Berlín. Alí, Lewin estudou o bacharelato no Kaiserin Augusta Gymnasium]] do barrio de Charlottenburg, durante tres anos.
En 1909 comezou a estudar medicina en Friburgo, pasando un semestre en Múnic para recibir cursos de bioloxía. Alí involucrouse no activismo a favor dos dereitos sociais das mulleres.[4] En abril de 1910 regresou a Berlín para continuar a estudar bioloxía na Real Universidade Federico-Guillerme, mais os seus intereses a partir do ano seguinte foron ampliándose, tomando catorce das súas materias na área da psicoloxía (a variante fisiolóxica dominante nesa escola) baixo Carl Stumpf;[5] finalmente, Lewin doutorouse en filosofía en 1916 baixo a súa dirección.
En 1917 casou con Maria Landsberg, con quen tivo dous fillos, Esther Agnes (1919) e Reuven Fritz (1922). A parella divorciouse, e en 1929 Lewin casou con Gertrud Weiss (1896-1987), con quen tivo dous fillos máis, Miriam (1931) e Daniel (1933).[5]
En 1924, como titor de Zeigarnik, realizou estudos sobre o recordo de tarefas incompletas.
Kurt Lewin xunto con Carl Hovland, Paul Lazarsfeld e Harold Lasswell son considerados os "pais fundadores" da Mass Communication Research.
Foi profesor na Universidade de Berlín, onde proseguiu a súa carreira académica. En 1933 foi perseguido polos nazis, polo que tivo que exiliarse de Alemaña e marchou aos Estados Unidos, onde foi docente da Universidade Cornell. En 1935 foi profesor na Universidade de Iowa, impartindo clases de psicoloxía infantil na Child Welfare Research Station. Finalmente, en 1940 nacionalizouse estadounidense. En 1942 foi nomeado presidente da Sociedade para o Estudo Psicolóxico de Temas Sociais.
En 1944 Lewin abandonou Iowa e marchou ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), establecendo o Centro de Investigación para a Dinámica de Grupos, onde se preocupou por facer unha teoría común sobre os grupos. En 1946 coordinou un grupo de investigadores que traballou con grupos de diferentes clases.
En 1947 creou o National Laboratories Training e aos poucos días, o 12 de febreiro de 1947, morreu en Newtonville, Massachusetts.
Obras
[editar | editar a fonte]- Lewin, K. (1935). A dynamic theory of personality. Nova York: McGraw-Hill.
- Lewin, K. (1936). Principles of topological psychology. Nova York: McGraw-Hill.
- Lewin, K. (1938). The conceptual representation and measurement of psychological forces. Durham, NC: Duke University Press.
- Lewin, K., e Gertrude W. Lewin (Ed.) (1948). Resolving social conflicts: selected papers on group dynamics (1935-1946). Nova York: Harper and Brothers.
- Lewin, K., e Dorwin Cartwright (Ed.) (1951). Field theory in social science. Nova York: Harper.
- Lewin, K. (1997). Resolving social conflicts & Field theory in social science. Washington, D.C: American Psychological Association.
- Lewin, K., e Martin Gold (Ed.). (1999). The complete social scientist: a Kurt Lewin reader. Washington, D.C.: American Psychological Association.
- Lewin, K., (1980). Kurt Lewin Werkausgabe in German (Kurt Lewin Collected Works) Ed. Karl Friedrich Graumann, Stuttgart, Klett; 4 números.
- Lewin, K. (2009). Kurt Lewin Schriften zur angewandten Psychologie. Aufsätze, Vorträge, Rezensionen, Ed. Helmut E. Lück, Viena, Verlag Wolfgang Krammer, ISBN 978-3-901811-46-3; contén varios artigos inéditos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nun estudo empírico de Haggbloom e outros empregando seis criterios como citas e recoñecemento, Lewin foi considerado como o 18.º psicólogo máis eminente do século XX. Haggbloom, S.J. et al. (2002). "The 100 Most Eminent Psychologists of the 20th Century". Review of General Psychology. Vol. 6, No. 2, 139–152. Haggbloom et al. combinaron tres variables cuantitativas: citas en revistas profesionais, citas en libros de texto e nomeamentos nunha enquisa aos membros da Association for Psychological Science, con tres variables cualitativas convertidas en valores cuantitativos: pertenza á National Academy of Science (NAS), presidencia da American Psychological Association (APA) e/ou recepción do premios ás contribucións científicas distinguidas da APA, e apelido usado como epónimo. Posteriormente, a clasificación foi ordenada.
- ↑ Haggbloom, Steven J.; Warnick, Renee; Warnick, Jason E.; Jones, Vinessa K.; Yarbrough, Gary L.; Russell, Tenea M.; Borecky, Chris M.; McGahhey, Reagan; Powell, John L., III; Beavers, Jamie; Monte, Emmanuelle (2002). "The 100 most eminent psychologists of the 20th century". Review of General Psychology 6 (2): 139–52. doi:10.1037/1089-2680.6.2.139.
- ↑ Bargal, David (1998). "Kurt Lewin and the First Attempts to Establish a Department of Psychology at the Hebrew University". Minerva: A Review of Science, Learning and Policy 36 (1): 49–68. PMID 11620064. doi:10.1023/a:1004334520382.
- ↑ Smith, MK. "Kurt Lewin, groups, experiential learning and action research". The Encyclopedia of Informal Education. Consultado o 16 de agosto de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 Lewin, Miriam (1992). "The Impact of Kurt Lewin's Life on the Place of Social Issues in His Work". Journal of Social Issues 48 (2): 15–29. doi:10.1111/j.1540-4560.1992.tb00880.x.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurt Lewin |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burnes B., "Kurt Lewin and the Planned Approach to Change: A Re-appraisal", Journal of Management Studies (41:6 de setembro de 2004), Manchester, 2004.
- Foschi R., Lombardo G.P. (2006), Lewinian contribution to the study of personality as the alternative to the mainstream of personality psychology in the 20th century. En: Trempala, J., Pepitone, A. Raven, B. Lewinian Psychology. (vol. 1, pp. 86–98). Bydgoszcz: Kazimierz Wielki University Press. ISBN 83-7096-592-X
- Kaufmann, Pierre, Kurt Lewin. Une théorie du champ dans les sciences de l’homme, París, Vrin, 1968.
- Marrow, Alfred J. The Practical Theorist: The Life and Work of Kurt Lewin (1969, 1984) ISBN 0-934698-22-8.
- Trempala, J., Pepitone, A. Raven, B., Lewinian Psychology. Bydgoszcz: Kazimierz Wielki University Press. ISBN 83-7096-592-X.
- White, Ralph K., e Ronald O. Lippitt, Autocracy and Democracy (1960, 1972) ISBN 0-8371-5710-2.
- Weisbord, Marvin R., Productive Workplaces Revisited (2004) ISBN 0-7879-7117-0.
- Lewin, K (1947). "Frontiers of Group Dynamics: Concept, method and reality in social science, social equilibria, and social change". Human Relations 1: 5–41. doi:10.1177/001872674700100103.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Kurt Lewin Center for Psychological Research at Kazimierz Wielki University
- International Conference on "Kurt Lewin: Contribution to Contemporary Psychology"
- Kurt Lewin: groups, experiential learning and action research
- Kurt Lewin Foundation (an NGO promoting tolerance)
- Kurt Lewin Institute
- Nados en Cuiavia-Pomerania
- Nados en 1890
- Finados en 1947
- Psicólogos de Alemaña
- Psicólogos dos Estados Unidos de América
- Ensaístas
- Escritores en lingua inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Estadounidenses de ascendencia xudía
- Profesores da Universidade Cornell
- Profesores da Universidade Humboldt de Berlín
- Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín