La Algaba
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Sevilla | ||||
Capital | La Algaba (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.618 (2023) (923,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18 km² | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Diego Manuel Agüera Piñero | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 41980 e 41989 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 41007 | ||||
Sitio web | laalgaba.net |
La Algaba é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pertence á comarca de La Vega do río Guadalquivir, estendéndose sobre a súa marxe dereita. Ao seu núcleo urbano central, cunha altitude de apenas 11 metros sobre o nivel mar, súmase o barrio do Aral. A súa extensión superficial é de 18 km² e ten unha densidade de 756,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 27' N, 6º 00' W. Atópase situada a unha distancia de 7 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.
A poboación do municipio ascendía a un total de 12.792 habitantes no ano 1996, froito dun importante crecemento nos últimos anos, debido á súa integración na zona norte da área metropolitana de Sevilla e ao impulso económico que supuxo o desenvolvemento agrícola e, en concreto, o cultivo de cítricos.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes do núcleo sitúanse na época prerromana, cando os herdeiros da civilización tartesia fundaron a Balbilis Turdetana, destruída en tempos dos visigodos. A súa denominación actual procede do árabe Al-Gaba, que significa O Bosque. Fernando III a reconquistou en 1247 e cedeulla ao seu fillo Fadrique. Ao morrer, este volveu ao poder real. En 1304 foi dada ao infante Afonso de la Cerda, quen a cedeu máis tarde ao Duque de Néboa. Para rematar, este cambiouna a Juan Guzmán por Medina-Sidonia. Foi Filipe II quen creou o Marquesado de La Algaba para contrapesar a penuria económica da súa Facenda, quedando suxeita a vila a este señorío ata o século XIX, en que se constituíu o seu Concello Constitucional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Algaba |
- La Algaba - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- Patrimonio cultural de La Algaba na Guía dixital do Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico