Músico, música
Aparencia
(Redirección desde «Músico»)
Un músico ou unha música é unha persoa que compón ou executa pezas musicais. Cando a persoa compón pezas fálase dun compositor, mentres que quen as executan poden ser instrumentistas (como guitarristas, violinistas, violonchelistas e pianistas, por exemplo), cantantes, directores de orquestra etc.
Tamén son músicos quen realizan arranxos musicais e orquestracións. Na música popular son frecuentes os cantautores, que son aqueles que crean e interpretan cancións.