Mangole
Mangole | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas Molucas |
Mar | entre o Mar das Molucas, o Mar de Ceram e o Mar de Banda |
Coordenadas | 1°52′05″S 125°45′39″L / -1.86806, -125.76083 |
Xeografía | |
Superficie | 1.228´5 km² |
Perímetro | 295´1 |
Punto máis alto | 1.054 m. |
Demografía | |
Capital | Auphonia |
A illa Mangole (en indonesio: Pulau Mangole, tamén chamada anteriormente xulla Mangola.[1]) É unha illa de 1.228´5 km² nas illas Sula, que á súa vez forman parte das Illas Molucas en Indonesia. Atópase ao leste da illa Taliabu e ao norte da illa Sanana. No censo de 2010 uns 36.332 habitantes[2] vivían na illa de Mangole. Na súa economía predomina a industria da madeira.
A costa de Mangole ten de ao redor de 295 km de longo, a súa capital é a localidade de Auphonia situada no suroeste. Mangole é, en gran medida, montañosa e boscosa.
Do mesmo xeito que as outras illas de Sula, pertencía ao Sultanato de Ternate. Os Países Baixos, a partir de 1683, convertérona na súa colonia, que se mantivo ata 1949. A continuación, pasou a formar parte da provincia de Maluku (Molucas). Posteriormente, desde 1999 integra a recentemente creada provincia de Maluku Utara.
A maioría dos seus habitantes pertencen ás etnias malaiopolinesias. Nun principio, os residentes de Mangole eran probablemente do leste de Célebes. A maioría da poboación practica o establecido polas crenzas aborixes. Nos últimos anos, con todo, a proporción que profesa o islam foi en aumento. Úsase oficialmente a lingua indonesia, aínda que localmente utilízase a lingua taliabu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goodall, George (Editor)(1943) Philips' International Atlas London, George Philip and Son map 'East Indies' pp.91-92
- ↑ "World: Asia-Pacific. Quake rocks Indonesian islands". Consultado o 24 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mangole |