Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mariña portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariña Porguguesa
Marinha Portuguesa
Estandarte dos buques
Activa12 de decembro de 1317 (706 anos)
PaísPortugal Portugal
RamaForças Armadas de Portugal
TipoNaval
TamañoMilitares: 8900
Paramilitares: 1000
Civís: 2700
PatrocinadorSão Jorge
Lema(s)A Pátria honrae que a Pátria vos Contempla e Talant de Bien Faire (vontade de ben facer)
Aniversarios20 de maio
EquipamentoFragatas: 5
Submarinos: 2
Patrulleiros: 21
Landing craft: 1
Buques apoio: 1
Investigación: 4
Veleiros: 3
Auxiliares: 50
Enfrontamentos1180 - Cabo Espichel
1501 a 1502 - Cananor
1509 - Diu
1513 - Estreito de Malaca
1554 - Golfo de Omán
1594 - Illa do Faial
1601 - Bantam
1625 - Ormuz
1638 - Barra de Goa
1640 - Paraíba
1647 a 1649 - Atlántico Sur
1717 - Batalla de Matapão
1736 - Campaña do Río da Prata
1752 - Calicute
1798 a 1800 - Cerco de Malta
1809 a 1810 - Boca do Tigre
1918 - Atlántico Norte
1961 - India
1961-1975 - África
Páxina webhttps://www.marinha.pt
Comandantes
Comandante actualAntónio Manuel Fernandes da Silva Ribeiro
Aeronaves utilizadas
HelicópterosWestland Lynx (5)

A Mariña portuguesa (en portugués: Marinha Portuguesa; tamén coñecida de modo extra oficial como Armada Portuguesa ou Marinha de Guerra Portuguesa), é o ramo das Forzas Armadas Portuguesas que ten por misión cooperar, de forma integrada, na defensa militar de Portugal, en operacións navais. A Marinha desempeña tamén misións no ámbito dos compromisos internacionais asumidos por Portugal, como na OTAN á que pertence.

A Marinha Portuguesa incluíu tamén, compoñentes non militares, nas áreas da autoridade e seguridade marítima, a investigación e os asuntos culturais relacionados co mar.

Dende a desaparición do Ministério da Marinha, en 1974 os termos tiñan diferentes significados. "Marinha" designaba o conxunto constituído pola Marinha Mercante e pola Marinha de Guerra, ambas tuteladas polo Ministério da Marinha. "Marinha de Guerra" designaba a compoñente da mariña adicada á actividade militar. "Armada" designaba a escala máis elevada das Forzas Navais, sendo, a Armada Nacional, a totalidade das forzas navais que constituían a Marinha de Guerra de Portugal. Polo tanto a Armada era, ao mesmo tempo, a ramo naval das Forzas Armadas portuguesas e a compoñente militar da Marinha. A partir de 1982, a ramo naval das Forzas Armadas pasou a ser, oficialmente designada coma "Marinha", manténdose, con todo, o uso do termo "Armada" para designar algúns dos seus órganos.

As unidades navais armadas da Marinha Portuguesa reciben o prefixo "N.R.P." antes do respectivo nome, significando "Navio da República Portuguesa". As unidades non armadas reciben o prefixo "U.A.M." significando "Unidade Auxiliar da Marinha".

A Marinha Portuguesa está en fase de re equipamento despois de ter comprado cinco navíos de patrulla costeira ao reino da Dinamarca da clase Stanflex dous das cales se encontran en fase final de modernización no Arsenal de Alfeite e a modernización das fragatas da clase Bartolomeu Dias unha das cales xa se encontra en Holanda para ser modernizada e dos helicópteros Lynx da mariña, dous dos cales xa se encontran en Reino Unido. Está tamén a ser construído o cuarto navío de patrulla oceánica da clase Viana do Castelo. O segundo submarino da clase Tridente, en breve será tamén modernizado en Portugal. E finalmente está previsto a curto prazo a substitución do navío re abastecedor Bérrio, construción de novos NPO da clase Viana do Castelo e a adquisición dun navío polivalente loxístico.


Tipo Imaxe Nome Servizo (Ano const.) Desprazamento (ton.) Eslora (m) Velocidade (Nós) Autonomía (nmi) Guarnición
Navios de combate
Fragatas (FFG)
Clase Bartolomeu Dias
F-333 Bartolomeu Dias 1994 3320 122,5 29 5000 176
F-334 D. Francisco de Almeida 1994 3320 122,5 29 5000 176
Fragatas (FFG)
Clase Vasco da Gama
F-330 Vasco da Gama 1990 3200 115,90 32 4000 180
F-331 Álvares Cabral 1991 3200 115,90 32 4000 180
F-332 Corte-Real 1992 3200 115,90 32 4000 180
Corvetas (FS)
Clase Baptista de Andrade
F-487 João Roby 1975 1401 81 24 5000 113
Corvetas (FS)
Clase João Coutinho
F-471 António Enes 1971 1401 81 24 5000 93
Submarinos
(SSK)

Clase Tridente
S-160 Tridente 2009 2020 68 20 12 000 33
S-161 Arpão 2010 2020 68 20 12 000 33
Navíos loxísticos
Aprovisionamento en combate (AOR)
Classe Rover
A-5210 Bérrio 1991 11 522 140,6 19 15 000 71[1]
Navíos contra-minas
Caza-minas (MCM) Os navios patrulla Oceánicos ou Costeiros da clase Tejo, poden se é necesario facer esa función.
Patrulleiros e Avisos
Patrulheiros P590 (PB)
Clase Tejo
P-590 Tejo 1992 320 54 30 3860 23
P-591 Douro 1992 320 54 30 3860 23
P-592 Mondego 1992 320 54 30 3860 23
P-593 Guadiana (aínda en modernización no Arsenal do Afeite) 1992 320 54 30 3860 23
Patrulleiros Oceánicos P360 (OPV)
Clase Viana do Castelo
P-360 Viana do Castelo 2010 1750 83,1 23 4859 35
P-361 Figueira da Foz 2013 1750 83,1 23 4859 35
P-362 Sines 2018 1750 83,1 23 4859 35
P-363 Setúbal 2018 1750 83,1 23 4859 35
Patrulheiros P1140 (PB)
Clase Cacine
P-1146 Zaire 1970 292 44 20 4500 33
Guarda-Costas P1155 (PC)
Clase Centauro
P-1155 Centauro 2000 94 27 24 1350 8
P-1156 Orion 2001 94 27 24 1350 8
P-1157 Pégaso 2001 94 27 24 1350 8
P-1158 Sagitário 2001 94 27 24 1350 8
Guarda-Costas P1150 (PC)
Clase Argos
P-1150 Argos 1991 97 27 24 1350 8
P-1151 Dragão 1991 97 27 24 1350 8
P-1152 Escorpião 1991 97 27 24 1350 8
P-1153 Cassiopeia 1991 97 27 24 1350 8
P-1154 Hidra 1991 97 27 24 1350 8
Patrulheiro Fluvial P370 (PB)
Clase Rio Minho
P-370 Rio Minho 1991 70 22,5 9,5 800 8
Navios auxiliares
Hidrográficos
Clase Andrómeda
A-5203 Andrómeda 1987 245 31,4 13 1980 19
A-5205 Auriga 1987 245 31,4 12 1980 19
Investigacións Oceanográficas
Clase D. Carlos I
A-522 D. Carlos I 1989 2300 68,7 10,5 6400 49
A-523 Almirante Gago Coutinho 1985 2300 68,7 10,5 6400 49
Navío escola A-520 Sagres 1937 1940 70,4 10,5 5450 139
Veleiros Escola
Clase Polar
A-5204 Polar 1977 70 22,9 - - 5
Treino UAM-201 Creoula 1937 1300 67,4 - - 38
Lanchas de Instrucción
Clase Albatroz
UAM-630 Condor 1975 45 18,4 20 4500 8

A máis das unidades enriba referidas a Marinha Portuguesa posúe un elevado número de pequenas embarcacións de patrulla, de operacións anfibias e auxiliares.

Aeronaves

[editar | editar a fonte]
Modelo Fabricante Vel. máxima Teito Alcance Entrada
en servizo
Esquadrilla Unidades
Helicópteros
Westland Super Lynx Mk95
Reino Unido Reino Unido GKN Westland Aircraft 296 km/h 3230 m 188 km 1993 - 5


Os helicópteros Linnx da Marinha Portuguesa, iniciaron un proceso de modernización, no Reino Unido.