Madīnat al-Zahrā
(es) Madinat Al-Zahra (ar) مدينة الزهراء (es) Conjunto Arqueológico Madinat Al-Zahra | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Córdoba, España | |||
Localización | Carretera Palma del Río Km 5,5., 14005 Córdoba | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2018 (42ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (iv) | |||
Identificador | 1560 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Identificador | RI-51-0000252 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Identificador | RI-51-0000252 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Identificador | RI-51-0000252 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000252 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000252 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Canteras de Santa Ana de la Albaida | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Canteras de Santa Ana de la Albaida | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Canteras de Santa Ana de la Albaida | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Canteras de Santa Ana de la Albaida | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Canteras de Santa Ana de la Albaida | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Puente del Camino de las Almunias | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente del Camino de las Almunias | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente del Camino de las Almunias | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente del Camino de las Almunias | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente del Camino de las Almunias | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Ruinas y Palacio de Medina al-Zahara | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Ruinas y Palacio de Medina al-Zahara | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Ruinas y Palacio de Medina al-Zahara | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Ruinas y Palacio de Medina al-Zahara | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Ruinas y Palacio de Medina al-Zahara | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Alberca del Cañito de María Ruiz | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Alberca del Cañito de María Ruiz | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Alberca del Cañito de María Ruiz | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Alberca del Cañito de María Ruiz | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Alberca del Cañito de María Ruiz | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Puente de los Nogales (Córdoba) | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente de los Nogales (Córdoba) | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente de los Nogales (Córdoba) | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente de los Nogales (Córdoba) | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Puente de los Nogales (Córdoba) | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia de Turruñuelos | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia de Turruñuelos | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia de Turruñuelos | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia de Turruñuelos | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia de Turruñuelos | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Q5657067 [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000519 | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 25 de xullo de 2003 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 23 de agosto de 1997 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 18 de xuño de 1996 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 6 de abril de 1931 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Almunia al-Rummaniyya | ||||
Data | 26 de xullo de 1923 | |||
Identificador | RI-51-0000523 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século X | |||
Páxina web | museosdeandalucia.es… | |||
Madīnat al-Zahrā (en árabe مدينة الزهراء, "A cidade de Zahra"), tamén coñecida como Medina Azahara, foi unha cidade palatina ou áulica mandada edificar por Abderramán III (Abd al-Rahman III, al-Nasir) na periferia de Córdoba, a uns 8 km cara ao oeste.
Os principais motivos da súa construción foron de índole político-ideolóxica: a dignidade de califa esixía a fundación dunha nova cidade, símbolo do seu poder, a imitación doutros califatos orientais, e sobre todo para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimís de Ifriqiya, a zona norte do continente africano. Non só eran opoñentes políticos, senón tamén relixiosos, pois os fatimís, xiítas, eran inimigos dos omeias, maioritariamente da rama islámica suní.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Estaba situada a uns 8 km ao oeste de Córdoba, á beira xa de Serra Morena, na aba do Yabal al-Arus (Montaña da Desposada ou Serra da Noiva), fronte ao val do Guadalquivir e orientada de norte a sur. Está sobre un saínte da serra, que se introduce na campiña, entre dúas barrancadas. O lugar foi elixido porque permitía desenvolver un programa de construcións xerarquizadas, de modo que a cidade e a chaira estendida ao seu pé quedaban física e visualmente dominadas polas edificacións do Alcázar. A súa implantación no territorio xerou unha rede viaria e infraestruturas hidráulicas e de abastecemento para a súa construción, conservada en parte até a actualidade en forma de restos de camiños, canteiras, acuedutos, almunias e pontes.
Aproveitando perfectamente o desnivel do terreo, a cidade palatina de Madīnat al-Zahrā foi distribuída en tres chanzos; o recinto da cidade, de 112 ha, adopta un trazado rectangular, fronte á idea labiríntica e caótica característica do urbanismo musulmán, de 1.500 m de lado en sentido leste-oeste e uns 750 m de norte a sur, deformado no lado norte polas necesidades de adaptación ao terreo. A topografía foi determinante na configuración da cidade. A súa localización sobre a aba de Serra Morena permitiu deseñar un programa urbano no que a localización e a relación física entre as distintas construcións resultasen expresivas do papel de cada unha delas no conxunto do que forman parte: o palacio está na parte máis alta, baixando as edificacións pola ladeira da montaña, nunha situación de clara preeminencia sobre o conxunto de casas urbanas e a mesquita aljama, estendidos pola chaira. Seguindo a disposición en terrazas, a primeira corresponde á zona residencial do califa, seguido pola zona oficial (Casa dos Visires, corpo de garda, Salón Rico, dependencias administrativas, xardíns...) para finalmente albergar a cidade propiamente dita (vivendas, obradoiros de artesáns...) e a mesquita Aljama, separadas das dúas terrazas anteriores por outra muralla específica para illar o conxunto palatino. A investigación arqueolóxica revelou unha morfoloxía urbana caracterizada pola existencia de grandes áreas non edificadas, baleiros que se corresponden con toda a fronte meridional do Alcázar, garantindo así o seu illamiento e o mantemento da súa apertura visual sobre a paisaxe da campiña. De feito, os únicos espazos edificados neste nivel inferior son dúas amplas franxas extremas: a occidental, cunha trama urbana de ordenación ortogonal, e a oriental, cun urbanismo menos ríxido.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Califato de Córdoba.
O Califato de Córdoba foi un estado andalusí proclamado por Abderramán III, da dinastía Omeia, no 929. Co califato, que durou até o 1031, chegou o período de maior esplendor político, social e económico dos territorios musulmáns na Península Ibérica, facendo da cidade de Córdoba unha das máis avanzadas de Europa.
No 750 a dinastía Omeia foi derrocada do Califato de Damasco polos Abasíes. Abd el Rahman ben Humeya (Abderramán I), sendo membro supervivente dos Omeias, fuxiu a Al-Ándalus proclamando o Emirato de Córdoba no 756 independente da nova capital Abasí (Bagdad). Abderramán I non se proclamou califa, pero si un dos seus sucesores, Abderramán III, despois de acabar coa inestabilidade política do emirato (principalmente a revolta de Omar ben Hafsún). A creación do califato significou alzarse até o nivel de Estado do Califato de Bagdad con todo o que implica nos eidos relixioso e político, en competencia co califato abasí.
Baixo os reinados de Abderramán III (929-961) e o seu fillo e sucesor al-Hakam II (961-976) consolidouse o estado cordobés, polo que Abderramán III mandou construír a fastuosa cidade preto da capital, concentrando o poder político do califato.
As relacións diplomáticas centráronse nos reinos cristiáns da península, con intensos diálogos e algúns enfrontamentos bélicos; o norte de África, contra os fatimís que controlaban rutas comerciais clave coa África subsahariana desde onde chegaba o ouro; e o Mediterráneo, onde se mantiveron relacións diplomáticas con Bizancio.
Co reinado de Hisham II (976-1016) o verdadeiro protagonismo foi do hayib ou primeiro ministro Almanzor, xenio militar que mantivo en xaque os reinos cristiáns do norte, chegando a entrar en León, Pamplona, Barcelona e Santiago de Compostela, de onde levou as campás do templo prerrománico até Córdoba.
Ao morrer Almanzor en 1002 os problemas sucesorios desembocaron nunha fitna ou guerra civil en 1010, até que en 1031 se decidiu acabar co califato, pasando a ser Al-Ándalus un compendio de diferentes reinos de Taifas, perdendo a hexemonía e dando lugar a un maior pulo na conquista por parte dos reinos cristiáns.
Durante a fitna Madīnat al-Zahrā foi abandonada, comezando a súa progresiva destrución con saqueos e finalmente o seu esquecemento total.
Historia
[editar | editar a fonte]Madīnat al-Zahrā foi mandada construír polo primeiro califa de Al-Andalus, Abd al-Rahman III al-Nasir (891–961), como parte do programa político, económico e ideolóxico posto en marcha trala instauración do califato. Dise que a súa fundación está relacionada cunha favorita do califa, chamada Zahrā, pero os principais motivos da súa construción son máis ben de índole política e ideolóxica: a dignidade de califa esixía a fundación dunha nova cidade símbolo do seu poder a imitación doutros califatos orientais e amais para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimís de Ifriqiyya, a zona norte de África.
Respecto á orixe do nome, a tradición di que podería vir do nome da súa esposa máis querida, al-Zahrā ("A Flor"), quen lle suxeriu construír unha fermosa cidade na periferia de Córdoba. Pero al-Zahrā tamén pode significar "A Resplandecente”, palabra emparentada a outras da lingua árabe, con significados como Venus ou a mesma "flor", polo que simplemente pode facer referencia á propia nova resplandecente cidade do califa.
Aínda que a orixe da cidade non carece de elementos lendarios, sábese que a construción comezou nos primeiros meses da héxira, correspondentes a finais do 936 da era cristiá, estando as obras a cargo do mestre alarife Maslama ben Abdallah, e continuou durante os corenta anos seguintes, acadando os tempos do seu fillo e sucesor no califato, al-Hakam II. No 945 tivo lugar o traslado da corte a esta cidade, que neses momentos contaba xa coa mesquita Aljama (941), se ben a ceca ou casa da moeda non se trasladou até 947-948. Ao erixir esta maxestosa cidade o califa cordobés pretendía anular –e mesmo superar- os califas orientais abbasíes, especialmente a famosa cidade e corte de Samarra.
Os textos literarios e históricos recollen as grandes sumas dedicadas á súa construción, os enormes traballos realizados para o efecto, a súa monumentalidade e esplendor artístico até o menor detalle, e o luxo e a ostentación que o califa despregaba nas recepcións e cerimonias que alá se celebraban con frecuencia, pois de feito a administración e a corte se trasladaron á nova sede. Entre outros, nos seus ricos salóns foron recibidos reis cristiáns hispánicos deposeídos do seu trono, embaixadores do emperador de Xermania e emisarios de Borrell II de Barcelona.
Non obstante, ao cabo de pouco menos de cen anos todo o conxunto monumental e fastuoso quedou reducido a un inmenso campo de ruínas, ao ser destruído e saqueado en 1010 como consecuencia da guerra civil (fitna) que puxo fin ao Califato de Córdoba.
Despois do conflito bélico, os saqueos e desmantelamentos proseguiron nos séculos sucesivos, pois foi utilizada como canteira artificial para a construción doutras edificacións posteriores en Córdoba, caendo progresivamente no esquecemento.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Debido á topografía do solo, coa superficie en pendente, a cidade foi construída sobre tres terrazas superpostas, que correspondían a tres partes da cidade separadas por muros. A residencia califal dominaba toda a área desde a terraza superior situada ao norte. A explanada media albergaba a administración e as vivendas dos máis importantes funcionarios da corte. A inferior estaba destinada á xente do pobo e os soldados. Alí se encontraban a mesquita, os mercados, os baños e os xardíns públicos.
Hai unha notable separación entre os espazos públicos e os privados, ofrecendo os dous sectores un esquema similar: un espazo aberto, porticado, actúa como antefachada monumental dunha porta de reducidas dimensións da que sae unha rúa ou corredor quebrado que vai chegando aos distintos salóns. Os espazos máis destacados son os integrados na zona oficial, destinada á actividade política e a recepción de personalidades estranxeiras, sobre todo os dous salóns de embaixadores, o occidental e o oriental, asociados a cadanseu xardíns.
Porta norte
[editar | editar a fonte]A porta norte ábrese no centro da muralla setentrional. É o punto de chegada do camiño das nogueiras, a vía de comunicación máis rápida coa cidade de Córdoba. A porta presenta unha disposición acobadada que conduce á estancia do corpo de garda. A porta norte, ao igual que o resto da muralla, está constituída por pedra de cachotaría ben tallada colocada a soga e tizón. Desde a porta norte iníciase cara á esquerda unha rampla descendente de forma quebrada, que conecta con catro portas e que leva á seguinte estrutura destacable do sector público do alcázar.
Casa militar
[editar | editar a fonte]O seguinte espazo é o Dar al-Yund, coñecido como a casa militar. É un edificio de planta basilical con cinco naves lonxitudinais e unha transversal rematada nos extremos por salas pequenas, definíndose un núcleo xerárquico formado polas tres naves centrais, illadas do resto mediante portas. O conxunto complétase cunha gran praza ao sur, flanqueada por varias estancias no lado oeste e unha vivenda no costado oriental. O edificio conserva practicamente integro o pavimento orixinal de ladrillo. O revestido dos muros é de morteiro pintado de amarelo no zócolo e branco no resto.
Gran pórtico
[editar | editar a fonte]O gran pórtico constitúe a entrada máis emblemática, simbólica e cerimonial ao corazón do recinto do Alcázar, a zona máis nobre da cidade palatina, dando acceso á zona administrativa e política do mesmo. Concibiuse inicialmente con catorce arcos practicables, constituíndo a fachada oriental dunha gran praza rodeada doutras construcións. Todos os arcos son de medio punto agás o central, que é de ferradura; os arcos descansan sobre piares, aliñados en dirección norte-sur a partir do amurallado norte, e estaban decorados en branco con doelas de ladrillo e pedra alternas. É unha organización efectista, puramente escenográfica, sen correspondencia co espazo traseiro, onde se abre unha soa porta de reducidas dimensións.
Salón rico
[editar | editar a fonte]A parte máis valiosa do conxunto arqueolóxico é o chamado salón de Abd al-Rahman III, salón oriental ou simplemente salón rico, tanto pola súa calidade artística como pola importancia histórica, sendo considerado o símbolo e emblema do conxunto califal de Madīnat al-Zahrā.
Era o eixe central do recinto, o salón das grandes cerimonias palatinas, festas, recepcións de autoridades e salón do trono, cunha decoración moi suntuosa. Abd al-Rahman III, amante do boato cortesán, gustaba de impresionar aos seus visitantes, aos que adoitaba recibir aquí.
A construción do salón durou tan só tres anos, entre o 953 e o 957, segundo as inscricións epigráficas das bases e pilastras do interior. O conxunto decorativo e arquitectónico é unitario, sen engadidos posteriores.
O salón rico non é un único espazo diáfano, senón un conxunto de espazos e salas compartimentadas, formando todas elas en conxunto a morfoloxía dun único salón dividido por arcadas. A sala, de 38 x 28 m, ten planta basilical de tres naves lonxitudinais con outra transversal na entrada que fai de pórtico. As cabeceiras das naves lonxitudinais están rematadas por arcos cegos de ferradura. Suponse que o trono estaba baixo o central.
O eixe central do conxunto é a nave central lonxitudinal, separada das restantes naves laterais por un conxunto de seis arcadas de ferradura a ambos os dous lados, mentres que da transversal se separa por outros tres arcos de ferradura. Xunto a estas tres naves centrais e en paralelo, flanqueando ambos os dous lados, sitúanse dúas naves exteriores divididas en tres cámaras de desigual tamaño.
Entre a decoración destaca o constante uso do arco de ferradura califal con policromía bicolor e alternando de forma característica as doelas en cor vermella e tons carne procedentes da pedra areosa orixinal destinada á construción, moi semellantes ás existentes na mesquita (actual catedral) de Córdoba. Os arcos están sostidos á súa vez por columnas de mármore de moi boa calidade que alternan os tons rosados cos azuis claros, producindo un curioso xogo de cores. Os fustes das columnas aparecen rematados polos característicos capiteis de avespeiro.
O resto da superficie da parede recubríase integramente con finos paneis decorativos tallados en mármore, cun alto simbolismo cosmolóxico, algo moi en concordancia co teito de madeira que recubría a estancia, onde estaban representadas as estrelas. O motivo labrado nos paneis representaba a árbore da vida, un motivo exportado desde a tradición do vello oriente. Os taboleiros eran executados de modo simétrico sobre un eixe. Por outra parte, o relevo cortado verticalmente daba á decoración unha calidade gráfica abstracta, mentres que a decoración interna, cortada tamén de maneira dura, estaba constituída por facetas e cogollos de follas, así como cálices de flores, motivos moi típicos da arte hispana-omeia.
Mesquita aljama
[editar | editar a fonte]A mesquita aljama é unha das primeiras edificacións construídas en Madīnat al-Zahrā, entre o 941 e o 945. É o templo principal da cidade, onde o soberano ou a persoa en quen delegase, dirixía a oración comunitaria dos venres. A mesquita está pegada ao costado oriental do xardín alto, pero externa ao recinto do alcázar, a parte central do conxunto califal. O edificio, a diferenza da mesquita de Córdoba, está ben orientado cara á Meca. Consta dun patio porticado en tres dos seus lados e unha sala de oración de cinco naves lonxitudinais separadas por arquerías perpendiculares ao muro de qibla. Só o espazo da maqsura, reservado para uso exclusivo do califa, foi pavimentado con lousas de barro, cubríndose con esteiras o chan de terra do resto do oratorio. O minarete é de planta cadrada ao exterior e octogonal no interior, situándose xunto á porta norte de acceso ao patio.
Casa da alberca
[editar | editar a fonte]A casa ou vivenda da Alberca sitúase ao oeste da casa de Yafar, e adoita considerarse a residencia do príncipe herdeiro Alhakén, fillo de Abderramán III, que sucedeu ao seu pai como califa e príncipe dos crentes no 961 trala súa morte. É unha das construcións máis difíciles de datar de todo o conxunto, pero por comparacións estilísticas evidencia unha data de execución bastante temperá.
Estruturalmente destaca por ser a única construción do conxunto con planta en torno a un xardín centralizado con estanque, configurando un dos espazos máis íntimos dos conxuntos palacianos da cidade califal.
Aos lados menores do patio ábrense, mediante fachadas de tripla arquería profusamente decoradas, varias estancias alongadas dispostas de dúas en dúas en cada cruxía. Tamén presenta nun dos seus lados un baño axunto, nun principio de uso privado e máis tarde reformado para ser compartido polas dependencias próximas da casa de Yafar.
Casa de Yafar
[editar | editar a fonte]A casa de Yafar recibe o seu nome de Ya´far ibn Abd al-Rahmán, designado primeiro ministro (hayib) en 961. Pese á denominación, non hai aínda a certeza de que esta fose a súa residencia. A súa estrutura articúlase arredor de tres ámbitos espaciais, organizados en torno aos seus correspondentes patios, todos eles de distinto carácter: un público, un íntimo e outro de servizo. O espazo oficial está constituído por unha edificación de planta asimilable á basilical, que conta con tres naves lonxitudinais que comunican entre si mediante portas rematadas por arcos de ferradura, así como unha nave transversal aberta ao patio, onde se interrompe a correspondencia existente entre as naves lonxitudinais a fachada, co obxecto de adaptar esta última ao espazo creado pola construción dun baño contiguo. A fachada organízase mediante unha tripla arcada de ferradura soportada por columnas.
Está pavimentada con grosas lousas de mármore branco, agás no patio, onde hai pedras de calcaria violácea; amais, destaca a decoración de ataurique da fachada, con temática vexetal e xeométrica, tamén presente no van de comunicación das naves transversal e central, que ostenta dous taboleiros nas frontes e as xambas do van.
Casa Real
[editar | editar a fonte]A Casa Real está no punto máis elevado do alcázar, e era a residencia íntima do califa Abd al-Rahman III. A vivenda organízase sobre unha plataforma cortada na rocha onde se situaron unha terraza dianteira e tres cruxías paralelas de habitacións estendidas ao ancho, rematadas nos extremos con alcobas e decoradas integramente con atauriques. A Casa Real non foi unida ao macizo de pedras de cantería da plataforma superior, senón que está separada do mesmo a través dun longo corredor de servizo que atravesa o conxunto. Tanto as fachadas das habitacións principais como as portadas interiores teñen decoración de ataurique labrada en placas de pedra adheridas aos muros. A riqueza desta ornamentación esténdese tamén aos pavimentos de ladrillo das distintas estancias. Algúns son lisos, pero moitos outros recibiron un tratamento decorativo a base de incrustacións de pedra calcaria branca con zanefas xeométricas.
Rede viaria
[editar | editar a fonte]Trala fundación de Madīnat al-Zahrā e como consecuencia da mesma, construíuse unha rede viaria propia, centrada no territorio occidental de Córdoba.
O camiño directo entre Córdoba e Madīnat al-Zahrā (camiño das Almunias), á súa vez comunica a cidade palatina co camiño de Sevilla pola beira norte do Guadalquivir (Canellón Real Soriano e Camiño Vello de Almodóvar), e coas rutas que desde a porta da ponte parten cara ao sur, leste e oeste.
O camiño de Media Ladera conecta Madīnat al-Zahrā co camiño Córdoba-Badaxoz (Yadda). O camiño das nogueiras cara a Carril de los Toros unía Madīnat al-Zahrā coas principais rutas do leste (Mérida, Toledo e Zaragoza) sen pasar por Córdoba. O camiño do oeste unía a cidade coas principais almunias da zona oeste, como Alamirilla.
Arte moble
[editar | editar a fonte]Amais da arquitectura, Madīnat al-Zahrā acolleu nos seus momentos de maior esplendor unha gran colección de arte moble en forma de pezas de reducido formato. Actualmente, a maior parte delas están espalladas por coleccións e museos de todo o mundo.
A cerva de Madīnat al-Zahrā é unha pequena peza de bronce elaborada como un pequeno surtidor de auga para decorar unha das numerosas fontes da cidade, e está considerada a obra máis destacada da escultura hispano–musulmá do período omeia. Adoita ser datada entre as últimas décadas do século X e os primeiros anos do século XI. Existen tres réplicas de morfoloxía moi similar, unha no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, outra no centro de visitantes de Madīnat al-Zahrā, e outra no museo nacional de Qatar, mercada en 1997 por un xeque árabe en poxa internacional por catro millóns de dólares.
Cerámica zoomorfa
[editar | editar a fonte]Polos trazos morfolóxicos, esta pequena peza podería tratarse dunha xirafa, e podería ser usada para verter algún tipo de líquido. Está decorada a base de vidrado branco con pequenos fragmentes de verde e manganeso. A súa construción está datada a mediados do século X. Pénsase que formaba parte da vaixela de gala dalgún dos conxuntos de palacio. En abril de 2003 foi adquirida polo estado español en nome da Xunta de Andalucía nunha sala de poxas de Londres por 220.000 €.
Augamanil do Louvre
[editar | editar a fonte]Esta peza, coa figura dun pavo real, é un recipiente para o lavar as mans. Ten unha inscrición bilingüe (en árabe e latín) co nome do artista e a data da súa execución (972). A peza debeu ser sacada de España no saqueo francés durante a guerra da independencia española. Actualmente está no museo do Louvre de París.
Outro obxecto importante é o píxide de Al-Mughira, unha caixa de marfil con inscricións tamén conservada no Louvre.
Escavacións arqueolóxicas
[editar | editar a fonte]O espazo era coñecido como Córdoba la Vieja, pois durante a idade media se pensaba que era o primeiro poboado construído na romanización de modo rápido e semiprovisional polo pretor Claudio Marcelo, e trasladado posteriormente por motivos de salubridade á beira do Guadalquivir.
No século XVI, a partir do renacemento, os humanistas comezaron a discutir sobre a orixe do lugar. No século XVII Pedro Díaz de Rivas intuíu que na Córdoba actual había demasiados restos romanos, evidenciando a orixe latina, e que polo tanto Córdoba la Vieja non debía ser unha cidade romana, senón o castelo mouro de Abderramán III.
En 1911 comezaron as primeiras escavacións oficiais, que seguiron con regularidade até a longa pausa provocada pola guerra civil. Os traballos comezaron nos puntos onde as ruínas eran máis evidentes, o que se entendía como o eixe central do conxunto califal. Até 1923, cando morreu o arquitecto responsable da escavación, fixéronse catas en gabias paralelas de norte a sur para delimitar o perímetro da cidade, un ambicioso obxectivo que non se acadou.
En 1944 retomáronse as campañas arqueolóxicas, destacando as realizadas polo arquitecto Félix Hernández, que escavou a parte central do alcázar cunha superficie de 10,5 ha, definindo as liñas básicas do urbanismo do palacio e acometendo importantes restauracións, como as do salón rico. En 1985 a xestión do recinto pasou a mans da Xunta de Andalucía.
Até a actualidade escavouse só o 10 % do total da superficie intramuros, o núcleo central do alcázar, se ben os últimos traballos de escavación se están centrando en áreas non correspondentes ao complexo do palacio. Nas novas campañas iniciadas en abril de 2007 houbo novos achados que obrigaron a redefinir as dimensións do conxunto, centrándose especialmente no sector sur das murallas.
En novembro de 2007 apareceu unha mesquita a máis de 1 km da zona nobre. Máis tarde apareceu unha impresionante calzada islámica, e plantas do que parecen barriadas de vivendas da clase popular, xunto ás que apareceron numerosos fragmentos de restos cerámicos de uso cotián.
Posta en valor
[editar | editar a fonte]Nos últimos anos o sitio arqueolóxico de Madīnat al-Zahrā está a ser sometido a intensas tarefas de restauración que pretenden, malia as grandes perdas de materiais por parte dos espolios medievais, devolver o esplendor perdido co que asombrou a todos os que a visitaron durante a alta idade media, cando Madīnat al-Zahrā era sede dun dos centros gobernamentais máis importantes do mundo.
Hai diversos proxectos en marcha para poñer en valor o complexo. Algúns deles están xa finalizados, como a construción do centro de recepción e interpretación, outros en execución, como a restauración do salón rico, e outros en proxecto, como a súa inclusión na lista de patrimonio mundial da UNESCO.
Campaña de restauración 2001-04
[editar | editar a fonte]Entre as intervencións máis destacadas do conxunto destacan as realizadas sobre a zona do alcázar. A casa de Yafar, onde se cre que habitou o primeiro ministro do califa, foi unha das restauracións integrais do sitio. Delimitouse a vivenda logo dunha exhaustiva investigación sobre o mármore, recuperándose máis de 200 lousas de pavimento, pinturas murais, unha pila e a portada monumental. Tamén se interveu sobre a casa da Alberca, onde se cre que estaban as dependencias do príncipe herdeiro, e onde se estudou con gran precisión o baño de cara a unha futura restauración.
Salón rico
[editar | editar a fonte]Na restauración que se leva a cabo no salón rico estanse a devolver á posición orixinal os atauriques de mármore que na actualidade están espallados no chan, repoñéndose con fragmentos modernos integrados cos orixinais nos casos en que sexa imposible recuperar toda a peza. O chan, actualmente de cemento, será reposto por un pavimento de mármore das canteiras de Estremoz, de onde saíu a pedra orixinal.
Tamén será recuperada a alberca situada fronte ao salón, á que se engadirá a característica lámina de auga andalusí.
Museo
[editar | editar a fonte]O 9 de outubro de 2009 foi inaugurado por Sofía de Grecia o Museo de Madīnat al-Zahrā, que pretende dotar ao sitio duns servizos acordes á súa importancia histórico-artística. Depende da Consellería de Cultura da Xunta de Andalucía, está situada nas inmediacións e está composto por un edificio de tres andares, dous deles subterráneos. Ten unha área de xardíns e máis de 7.700 m² de aparcadoiros. Ademais dunha zona de exposición coas pezas máis espectaculares, no interior hai recintos para o amoreamento e a restauración de pezas arqueolóxicas, un auditorio, oficinas de investigación histórico-artística, biblioteca, cafetaría e tendas. Moitas das pezas exhibidas, como a cerva de Madīnat al-Zahrā, foron trasladadas desde o Museo Arqueolóxico de Córdoba. O museo recibiu en 2010 o Premio Aga Khan de Arquitectura, concedido aos principais proxectos arquitectónicos, urbanísticos ou paisaxísticos relacionados co mundo musulmán.
UNESCO
[editar | editar a fonte]Malia que a Xunta de Andalucía retirou en 2006 a candidatura para a entrada de Madīnat al-Zahrā lista de patrimonio mundial da UNESCO, en 2009 o director do centro de patrimonio mundial Francesco Bandarin afirmou que o conxunto podería ser Patrimonio da Humanidade en dous ou tres anos, asegurando que merecía a mesma cualificación que a cidade de Córdoba, que conta con este título desde 1984 para a mesquita e desde 1994 para o centro histórico.
Na actualidade a área protexida, aumentada en 2003 pola Xunta, está declarada Ben de Interese Cultural.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madīnat al-Zahrā |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hernández Giménez, F.: Madinat Al-Zahra Padroado da Alhambra e Generalife (1985) ISBN 84-505-1472-X
- Pavón Maldonado, B.: Memoria de la excavación de la Mezquita de medinat Al-Zahra. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC,(1966) ISBN 84-00-03402-3
- Cuadernos de Madinat al-Zahra, Vol. 1. Córdoba, 1987.
- Cuadernos de Madinat al-Zahra, Vol. 2. Córdoba, 1988-90.
- Cuadernos de Madinat al-Zahra, Vol. 3. Córdoba, 1991.
- Cuadernos de Madinat al-Zahra, Vol 4. Córdoba, 1999.
- Cuadernos de Madinat al-Zahra, Vol. 5. Córdoba, 2004.