Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Meu (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meu
OrixeA Coruña, Galiza
Período2004 - presente
Xénero(s)post punk, power pop, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Rock On!
Membros
Nacho Mora
Ricardo Saavedra
Mikelini Martínez
Alberto Dopico
Alejandro González
Antigos membros
Ramón Saleta
Na rede
https://esquio.org/artist/meu/
Discogs: 2397591 Editar o valor en Wikidata

Meu é un grupo galego de post-punk, power pop e indie rock formado no ano 2004 na Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois da separación de Elephant Band, Xoel López pon en marcha Deluxe e o resto da banda crea Meu, un novo proxecto formado por dous exmembros de Elephant Band, Nacho Mora (voz) e Ramón Saleta (batería), ademais de Mikelini Martínez (baixo) e Ricardo Saavedra (guitarra), quen tamén formara parte de Deluxe ata 2003.

En 2004 gravan unha primeira demo que os levaría a contactar co selo independente catalán Rock On Music, co cal gravan en 2005 o seu primeiro longa duración What's Up! nos estudios de gravación Bonham na Coruña. No tema "Lightning Machine" colaboraría tamén Fernando García Vilaboy, o ex-membro de Elephant Band que faltaba.

Co lanzamento do álbum, levan a cabo unha intensa xira que os leva aos escenarios de varios dos principais festivais do Estado: Primavera Sound, Purple Weekend, Festival do Norte, Cultura Quente e Xiriapop entre outros.

A banda medra e pouco a pouco vai acadando unha maior repercusión. Participan nos concertos de Radio 3[1], no programa Ipop de TVE[2]. O videoclip do tema "Wretch, Wash Your Hair" prográmase en varios espazos da TVG[3], ademais de achegarse a Portugal para realizar unha xira polo país veciño.

Prodúcese a saída amistosa de Ramón Saleta da batería e Alberto Dopico pasa a formar parte de Meu. Coa súa incorporación, a banda comeza a preparar o que sería o seu segundo álbum Did You Hear?, que gravarían en 2007 en Madrid, baixo o mesmo selo que publicou o seu primeiro traballo: Rock On Music. A gravación realízase nos estudios Audiomatic da man de José María Rosillo en tarefas de produción.

No seu segundo traballo Meu pasa do son máis cru de What's Up! a un son máis elaborado e con máis arranxos. É o momento no que o quinto membro de Meu, Alejandro González, entra na banda para ocuparse dos teclados.

Ademais da xira de presentación do novo disco, a banda toca en directo no programa Banda Curta de TVG[4].

A pesar do bo momento da banda, problemas externos a Meu provocan un paro en 2009, cando estaban preparando temas para o seu terceiro traballo.

En 2023 a banda retoma a súa actividade coa súa participación no festival Noites do Porto.[5] Prepárase o seu terceiro disco e novas actuacións para 2024.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • What's Up! (Rock On Music, 2005)
  • Did You Hear? (Rock On Music, 2007)