Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Milán-Sanremo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Milán-San Remo»)
Modelo:Competición deportivaMilán-Sanremo
Imaxe
Nome oficialMilan-San Remo (1907–) Editar o valor en Wikidata
Tipocarreira dun día Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deMonumentos do ciclismo e Spring classics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1907 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamarzoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialmilanosanremo.it Editar o valor en Wikidata

A Milán-Sanremo (en italiano Milano-Sanremo) é unha carreira ciclista anual que ten lugar entre as cidades italianas de Milán e Sanremo. Na actualidade, é a carreira dun só día (clásica) ciclista máis longa cos seus 294 km. A primeira edición tivo lugar en 1907. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo

O seu percorrido está especialmente adaptado ós sprinters. Nisto contrástase co Giro da Lombardía, centrado nos escaladores. Ten lugar durante a primavera.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Nun principio, a maior dificultade do percorrido era o Passo del Turchino, pero coa mellora das bicicletas e dos ciclistas agora está demasiado lonxe da meta para facer diferenzas. Isto levou á introdución, nos anos 60-80, de dous novos portos de montaña: o Poggio e o Cipressa. Aínda así, a carreira adoita rematar nun sprint.

O ciclista con máis vitorias desta clásica no seu haber é Eddy Merckx (7). Ó situarse tan preto do principio da temporada ciclista, a Milán-Sanremo supón unha proba para ver o nivel de forza dos corredores máis rápidos, que son os que adoitan obter a vitoria (aínda que houbo notables excepcións).

Gañadores

[editar | editar a fonte]