Misisipiano
Era | Período | M. anos | |
---|---|---|---|
Paleozoico | Permiano | 299,0 ±0,8 | |
Carbonífero | Pennsylvaniano | 318,1 ±1,3 | |
Mississippiano | 359,2 ±2,5 | ||
Devoniano | 416.0 ±2,8 | ||
Silúrico | 443,7 ±1,5 | ||
Ordovícico | 488,3 ±1,7 | ||
Cámbrico | 542,0 ±1,0 |
O Misisipiano, tamén chamado Carbonífero Inferior, unha división da escala temporal xeolóxica, é un subperíodo xeolóxico do período Carbonífero que se iniciou hai 359,2 ± 2,5 millóns de anos e que finalizou hai 318,1 ± 1,3 millóns de anos,[1] aínda que a data exacta de comezo e fin do período son incertas nuns poucos millóns de anos. Ao igual que ocorre coa maioría dos outros períodos xeolóxicos, os estratos de rocha que definen o período están ben identificados e o Misisipiano denomínase así porque no val do río Mississippi están expostas rochas desta antigüidade.
En Norteamérica, onde as rochas se compoñen principalmente de calcarias mariñas, o Misisipiano considérase un período xeolóxico pleno. En troques, en Europa, o Misisipiano e o Pensilvaniano son máis ou menos continuos na secuencia de depósitos continentais das terras baixas e agrúpanse no período Carbonífero. Durante o Misisipiense produciuse unha importante fase da oroxénese dos montes Apalaches.