Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Atol Napuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Napuka»)
Modelo:Xeografía políticaAtol Napuka
Napuka (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°10′17″S 141°13′56″O / -14.1714, -141.2322
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Napuka Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación271 (2007) Editar o valor en Wikidata (15,06 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude7 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Napuka é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma parte, xunto con Tepoto Norte, das illas da Decepción. Administrativamente é a capital dunha comuna que inclúe os dous atois. Está situado ao nordés do arquipélago, a 926 km de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un atol de forma ovalada, de 9 km de longo e 3 km de ancho. A lagoa ocupa unha área de 18 km² e as terras emerxidas, 8 km². Non existe un paso practicable entre a lagoa e o océano. O anel coralino está formada por dúas illas e 32 illotes. Na illa do leste hai un aeroporto, e na illa do norte a vila principal: Tepukamaruia. A poboación era de 253 habitantes no censo de 2002, co principal recurso económico da produción de copra.

Napuka foi colonizado desde os atois veciños das Tuamotu. Atopáronse restos arqueolóxicos dunha decena de maraes, con cunchas de tartarugas no subsolo. O atol é un dos lugares utilizados polas tartarugas mariñas para aniñar. O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Tamén se coñeceu como Whytoohee e Tepukamaruia.